Josefa Álvarez
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Josefa Álvarez | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1906 |
Lugar de nacemento | San Tomé |
Falecemento | 17 de setembro de 2017 |
Lugar de falecemento | O Carregal |
Nacionalidade | España |
Ocupación | labrega |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Josefa Álvarez Rodríguez, nada en San Tomé, na parroquia de Freás de Eiras (Ramirás) o 16 de febreiro de 1906 e finada no Carregal (Cartelle) o 17 de setembro de 2017, foi unha supercentenaria galega que durante un tempo foi a segunda persoa máis vella de Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Traballou de labrega e, ao quedar orfa de nai cedo, levou a crianza dos seus nove irmáns e mais do pai, que quedara cego[1]. Finou con 111 anos e 215 días. Os seus últimos anos pasounos nunha residencia de anciáns, a da Nosa Señora do Mundil, en Cartelle.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Non casou.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Gallego, Grupo El Correo. "Una abuela gallega cumple 110 años cantando y rodeada de gente" (en castelán). Consultado o 2018-01-02.