Alcalde de barrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O alcalde de barrio é unha figura da Administración local de España que se pode presentar nalgúns concellos se a lexislación de réxime local da Comunidade Autónoma en que se achen o permitir.

Aragón[editar | editar a fonte]

O artigo 37 da Lei 7/1999, de Administración Local de Aragón, configura o Alcalde de Barrio como un órgano de xestión desconcentrada do concello.

Galiza[editar | editar a fonte]

O artigo 73 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galiza, estabelece a figura do Alcalde de Barrio para os núcleos de poboación separados do centro urbano e que non constitúan Entidade Local.

Murcia[editar | editar a fonte]

Na Lei 6/1988, de 25 de agosto, de Réxime Local de Murcia, estabelece que os Alcaldes de Barrio son os representantes funcionais do alcalde en cada unha das vilas e barrios separados do núcleo urbano e que non constitúen entidade local menor ou EATIM.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]