Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Tadjiikistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Tadjiikistán na lista do Patrimonio Mundial. Os puntos vermellos son sitios culturais, os puntos verdes son sitios naturais. Os puntos azuis indican os sitios Zarafshan-Karakum.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Tadjiikistán, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Tadjiikistán ratificou a convención o 28 de agosto de 1992, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Tadjiikistán
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[4]

     * Lugar transnacional

Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO
01 Sarazm Provincia de Sogdiana 2010 1141rev; II, III (cultural)
02 Parque Nacional do Pamir Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso 2013 1252rev; VII, VIII (natural)
03 Rutas da seda: corredor de Zarafshan-Karakum Compartido con  Turkmenistán e  Uzbekistán 2023 1675; II, III, V (cultural)
04 Bosques de Tugay da Reserva Natural de Tigrovaya Balka Rexión de Khatlon 2023 1685; IX (natural)
05 Patrimonio Cultural de Antigo Khuttal Rexión de Khatlon 2025 1627; II, III (cultural)
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  3. UNESCO (ed.). "Tadjiikistán na UNESCO".
  4. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]