Pedro Solbes
Pedro Solbes | |
---|---|
![]() | |
Pedro Solbes Mira | |
Datos persoais | |
Nacemento | 31 de agosto de 1942 |
![]() | |
Organización | Partido Socialista Obrero Español |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid e Free University of Brussels |
Profesión | Técnico Comercial do Estado |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pedro Solbes Mira (El Pinós, Alacant, 31 de agosto de 1942), é un político do Partido Socialista Obrero Español.
Biografía[editar | editar a fonte]
Tras cursar os seus estudos de bacharelato en Alacant, doutorouse en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. É tamén licenciado en Dereito pola Universidade Complutense e diplomado en Economía Europea pola Universidade Libre de Bruxelas.
Desde 1968 ocupou distintos postos como Técnico Comercial do Estado na Administración española. Foi un dos membros da “task force” para a negociación de adhesión de España á Comunidade Europea e a finais de 1985 foi nomeado Secretario de Estado para as Relacións coa CE.
En 1991 foi nomeado Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación e entre 1993 e 1996 ocupou o posto de Ministro de Economía e Facenda. Como tal foi Presidente do Consello “Ecofin” durante a Presidencia española da UE no segundo semestre de 1995.
Nas Eleccións Xerais de marzo de 1996 foi elixido Deputado pola provincia de Alacant e durante o seu período no Congreso dos Deputados presidiu a Comisión Mixta do Parlamento español sobre a UE.
En setembro de 1999 foi nomeado membro da Comisión Europea, e confióuselle a carteira de Asuntos Económicos e Monetarios. Durante este período a súa actividade principal foi a introdución do euro e o reforzo da coordinación das políticas económicas na Unión Europea.
Desde abril de 2004 até abril de 2009 foi Vicepresidente Segundo e Ministro de Economía e Facenda[1] no Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero. En xaneiro de 2007 foi premiado polo diario económico El Boletín polo seu labor como membro do Goberno español durante o ano 2006. El Boletín destacou os seus méritos para acadar crecemento económico, creación de emprego, superávit nas contas estatais e o control da débeda pública.
Seguiu no cargo ao iniciarse a novena lexislatura, que coincidiu co estalido da crise económica. Tras a remodelación do Goberno o 7 de abril do 2009, Solbes foi relevado por Elena Salgado en ámbolos dous cargos.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
Predecesor: Carlos Romero |
![]() Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación de España 1991 - 1993 |
Sucesor: Vicente Albero Silla
|
Predecesor: Carlos Solchaga |
![]() Ministro de Economía e Facenda de España 1993 - 1996 |
Sucesor: Rodrigo Rato
|
Predecesor: Yves-Thibault de Silguy |
![]() Comisario Europeo de Asuntos Económicos e Monetarios 1999 - 2004 |
Sucesor: Joaquín Almunia
|
Predecesor: Javier Arenas |
![]() Vicepresidente Segundo do Goberno de España 2004 - 2009 |
Sucesor: Elena Salgado
|
Predecesor: Ministro de Economía Rodrigo Rato Ministro de Facenda Cristóbal Montoro |
![]() Ministro de Economía e Facenda de España 2004 - 2009 |
Sucesor: Elena Salgado
|
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web do Ministerio de Economía e Facenda de España
- Entrevista con Pedro SolbesArquivado 17 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)
- Personalidades da política da Comunidade Valenciana
- Ministros de España
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Alumnos da Universidade Libre de Bruxelas
- Políticos do PSOE
- Nados en El Pinós
- Nados en 1942
- Condecorados co colar da Orde do Mérito Civil
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)
- Membros da Comisión Europea