Joaquín Almunia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joaquín Almunia
Joaquin Almunia Mercosul.jpg
José Joaquín Almunia Amann
Datos persoais
Nacemento 7 de xuño de 1948
Lugar Bilbao
Organización Partido Socialista Obrero Español
Profesión Economista

José Joaquín Almunia Amann, nado o 7 de xuño de 1948 en Bilbao, é un político español ligado ao PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito e Ciencias Económicas na Universidade de Deusto e foi profesor asociado da Universidade de Alcalá. Entre 1972 e 1975 foi economista na Oficina das Cámaras de Comercio Españolas en Bruxelas e foi nesta época cando se afiliou ó PSOE.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Foi o principal asesor económico da UXT no período 1976 - 1979 e Deputado no Congreso pola circunscrición de Madrid no período 1979 - 2004. Ministro de Traballo e Seguridade Social (1982 - 1986) e de Administracións Públicas (1986 - 1991), foi asemade Voceiro parlamentario socialista (1994 - 1997).

En 1997 sucedeu como Secretario Xeral do PSOE a Felipe González, de quen era home de confianza. Nas eleccións primarias do seu partido saíu perdedor fronte a Josep Borrell que tivo o 55% dos votos pero acabou renunciando por ter en contra á dirección do partido e ó coñecerse que dous colaboradores seus defraudaran á Facenda. Polo tanto Joaquín Almunia foi o candidato do PSOE á Presidencia do Goberno nas eleccións do ano 2000, nas que o seu partido obtivo 7 918 752 votos (o 34,1%) e 125 deputados. Trala derrota presentou a súa dimisión.

Desde o 2004 é Comisario Europeo para Asuntos Económicos e Monetarios.


Predecesor:
Jesús Sancho Rof
Escudo de España.svg
Ministro de Traballo e Seguridade Social de España

1982 - 1986
Sucesor:
Manuel Chaves González


Predecesor:
Félix Pons
Escudo de España.svg
Ministro de Administracións Públicas de España

1986 - 1991
Sucesor:
Juan Manuel Eguiagaray Ucelay


Predecesor:
Felipe González
Secretario Xeral do PSOE
1997 - 2000
Sucesor:
José Luis Rodríguez Zapatero


Predecesor:
Pedro Solbes
Flag of Europe.svg
Comisario Europeo de Asuntos Económicos e Monetarios

2004 - Actualidade
Sucesor:
No cargo