Dianteiro, dianteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «Dianteiro»)
Un dianteiro en posición de marcar un gol

O dianteiro[1] ou dianteira[2] é unha posición de liña no fútbol, os xogadores que realizan este labor colócanse en posicións de ataque, próximos á portería rival e son no decurso dun partido os principais responsables de marcar os goles do seu equipo. As formacións modernas empregan entre un e tres dianteiros, pero o máis común é que haxa dous. Os adestradores adoitan colocar a un no medio campo (dianteiro centro), enfrontado á portería rival, mentres o outro (ou os outros) se coloca atrás deste ou nos laterais do campo (extremo esquerdo ou dereito), na procura de dar pases de gol ao outro dianteiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dianteiro.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dianteira.