La resistencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xénero Late night show
Presentador David Broncano
País de orixe España
Localización Teatro Arlequín
Idioma(s) Español
Tempadas 2
Episodios 212
Produción
Empresas produtoras El Terrat Movistar+
Dirección Ricardo Castella
Emisión
Medio de difusión #0
Horario De luns a xoves ás 00:00 horas
Duración 50 minutos
Primeira emisión 1 de febreiro de 2018
Última emisión En emisión
Producións relacionadas
Late motiv
Ligazóns externas
Ver todos os créditos (IMDb)
Ficha en IMDb

La resistencia é un programa de televisión español emitido na canle #0 da plataforma Movistar+, estreado o 1 de febreiro de 2018 e presentado por David Broncano. Emítese desde o Teatro Arlequín en Madrid e está producido por El Terrat.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Coincidindo co segundo aniversario da canle #0, David Broncano deixou a súa habitual colaboración no programa Late Motiv e no programa Locomundo para presentar o primeiro late late show en España, seguindo o formato dalgunhas canles de televisión nos Estados Unidos de enlazar dous late night show (programa da noitiña ou espectáculo nocturno) seguidos.[2] O programa transmítese desde o teatro Arlequín, moi preto da Gran Vía de Madrid, e con público en directo.[3]

Emítese a segunda tempada; porén xa está confirmada a súa renovación por dúas tempadas máis. O programa está dirixido por Ricardo Castella, que tamén actúa como apuntador. Ten como colaboradores a Dani Rovira, Antonio Resines, Ignacio Farray, Quequé, Jorge Ponce, Ernesto Sevilla ou Róber Bodegas, entre outros, e nos primeiros programas a youtuber Ter. O beatboxer Marcos Martínez «Grison» e Ricardo Castella interpretan a música en directo[4].

Unha das razóns da gran popularidade do programa é a naturalidade e a liberdade coa que se expresan tanto os seus membros como as persoas invitadas. A improvisación é tamén unha das características principais do programa.

A canción "Hail to the Chief", do grupo Prophets of Rage, foi elixida para a cabeceira do programa[5].

Seccións[editar | editar a fonte]

Monólogos[editar | editar a fonte]

Sección diaria e inicial presentada por David Broncano na que repasa a actualidade dun xeito divertido, especialmente as noticias máis absurdas e surrealistas do panorama. A pesar de ter un ton humorístico e casual tamén foi aplaudido o seu lado máis crítico con algunhas das situacións políticas e sociais do momento.[6][7]

Entrevistas[editar | editar a fonte]

Espazo do programa no que David Broncano entrevista un convidado, un grupo ou algunha formación. Os invitados adoitan ter unha presenza menor nos medios que os doutros programas da mesma cadea, o que permite descubrir personaxes que ata o momento fixeran poucas ou ningunha entrevista.

Esta sección é moi popular tanto na retransmisión en directo como na plataforma de Youtube, a onde se sobe todos os días tras a emisión do programa. As entrevistas adoitan contar cunha gran recepción por parte da audiencia e contan cun elevado número de visualizacións e con gran cantidade de comentarios e valoracicións positivas.

Durante a entrevista, o presentador David Broncano sempre lle realiza ao invitado a pregunta de cantos cartos ten na conta bancaria. Esta pregunta sempre xera moita controversia e polémica e moitas celebridades atrévense a responder, mentres que outras prefiren non dar unha resposta. A partir da segunda tempada, a esta pregunta engadíuselle outra máis: "cantas veces mantiveches relacións sexuais ao longo do último mes?".

Quen prefires que morra?[editar | editar a fonte]

A sección máis corrosiva e irreverente está a cargo de Jorge Ponce que mostra dúas fotografías de dúas celebridades e pregúntalle ao público: "quen preferides que morra?".[8] Expón argumentos a favor de cada famoso e finalmente é o público quen toma a decisión; o máis aplaudido é o que prefiren que morra. Santiago Segura,[9][10] Joaquín Sabina ou Andrés Iniesta son algunhas das celebridades que protagonizaron esta sección, e ata Xesús de Nazaret e Barrabás protagonizaron unha edición para Semana Santa.[11]

Conexións en directo desde a rúa[editar | editar a fonte]

Desde o exterior do teatro Arlequín, na Gran Vía de Madrid, Jorge Ponce conecta co estudio e realiza breves entrevistas aos peóns. O máis recorrente é xulgar os peóns polo seu aspecto e entrevistalos a partir dos prexuízos que xeran. Tamén se poden realizar preguntas sobre unha data ou evento específico.[12] As conexións ata o mes de marzo fixéronse en falso directo; debido ao cambio de hora e ás horas de luz do día, Jorge Ponce descubriu que se gravaban pola tarde.[13]

En ocasións, Jorge Ponce vai cunha magnífica estufa pola rúa preguntándolle á xente o que opina de temas controvertidos da actualidade, empregando unha frauta para identificar a pregunta potente.

Repaso aos foros de Internet[editar | editar a fonte]

Jorge Ponce investiga os máis surrealistas foros de Internet, buscando as respostas máis orixinais e estrañas dos usuarios da rede.

Actuación musical[editar | editar a fonte]

Ignatius Farray, xunto co seu amigo José Luis Petróleo, forman un grupo e realizan unha actuación musical caótica. Antes de cantar, presenta e comenta a letra do novo tema, escrita nuns cartóns de gran tamaño. Os temas caracterízanse por seren surrealistas e teren un retrouso repetitivo. Durante a actuación canta Ignatius, o seu amigo toca a guitarra, David Broncano encárgase de tocar a batería electrónica e Grison acompáñaos tamén coa guitarra eléctrica.[14]

Os segredos internos[editar | editar a fonte]

Ricardo Castella explica os asuntos internos e as anécdotas do programa, e revela algúns dos segredos relacionados coa súa preparación.

O tempo[editar | editar a fonte]

Jorge Ponce analiza a situación da meteoroloxía dun xeito curioso a través dunha "aplicación gratuíta" para táboa dixital.

"El Hormiguero" en versión mala[editar | editar a fonte]

Jorge Ponce parodia as seccións máis coñecidas do programa “El Hormiguero”. Unha das sección que máis imita é o espectáculo de ciencia.

Invitados[editar | editar a fonte]

Tempada 1[editar | editar a fonte]

Programa Programa
en tempada
Data Invitado
1 1 1 de febreiro de 2018 Antonio Resines
2 2 5 de febreiro de 2018 Itziar Castro
3 3 6 de febreiro de 2018 Ana Asensio
4 4 7 de febreiro de 2018 Afrojuice 195
5 5 8 de febreiro de 2018 Brisa Fenoy
6 6 12 de febreiro de 2018 Javier Santaolalla
7 7 13 de febreiro de 2018 Cristina Gutiérrez
8 8 14 de febreiro de 2018 Alejandro Cao de Benós
9 9 15 de febreiro de 2018 Ernesto Sevilla
10 10 19 de febreiro de 2018 Elvira Sastre
11 11 20 de febreiro de 2018 Regino Hernández
12 12 21 de febreiro de 2018 Adrián Mateos
13 13 22 de febreiro de 2018 Alberto Ammann e Clara Méndez-Leite
14 14 26 de febreiro de 2018 Venga Monjas
15 15 27 de febreiro de 2018 Zatu
16 16 28 de febreiro de 2018 Paul Urkijo e Eneko Sagardoy
17 17 1 de marzo de 2018 Ibai Llanos
18 18 5 de marzo de 2018 Texxcoco
19 19 6 de marzo de 2018 Sandra Sánchez
20 20 7 de marzo de 2018 María Barranco e Angy Fernández
21 21 8 de marzo de 2018 Berto Romero
22 22 12 de marzo de 2018 Rozalén
23 23 13 de marzo de 2018 Ona Carbonell
24 24 14 de marzo de 2018 David Sainz
25 25 15 de marzo de 2018 Eric Jiménez
26 26 19 de marzo de 2018 Ricardo Gómez e Irene Escolar
27 27 20 de marzo de 2018 Javier García «Chino»
28 28 21 de marzo de 2018 Miguel Noguera
29 29 22 de marzo de 2018 Carla Cervantes e Sandra Egido
30 30 2 de abril de 2018 Loulogio e Outconsumer
31 31 3 de abril de 2018 Antonio Luque «Sr. Chinarro»
32 32 4 de abril de 2018 Mi Hoa Lee
33 33 5 de abril de 2018 IZAL
34 34 9 de abril de 2018 Andrew O'Neil
35 35 10 de abril de 2018 Quique Peinado e Manuel Burque
36 36 11 de abril de 2018 Natos e Waor
37 37 12 de abril de 2018 Yohanna Alonso
38 38 16 de abril de 2018 Ed is Dead
39 39 17 de abril de 2018 Ingrid García-Jonsson
40 40 18 de abril de 2018 Jordi ENP
41 41 19 de abril de 2018 Boa Mistura
42 42 23 de abril de 2018 C. Tangana
43 43 24 de abril de 2018 Alicia Sintes
44 44 25 de abril de 2018 Joaquín Reyes
45 45 26 de abril de 2018 José Javier Hombrados
46 46 30 de abril de 2018 Belén Cuesta
47 47 2 de maio de 2018 Juan Gómez-Jurado​ e Carla Suárez
48 48 3 de maio de 2018 Ingrid García-Jonsson
49 49 7 de maio de 2018 Lolito Fernández
50 50 8 de maio de 2018 Gorka Urbizu
51 51 9 de maio de 2018 Antoni Daimiel
52 52 10 de maio de 2018 Najwa Nimri
53 53 14 de maio de 2018 Borja Cobeaga
54 54 15 de maio de 2018 Belén López
55 55 16 de maio de 2018 Julen Lopetegui
56 56 17 de maio de 2018 Salvador Espín
57 57 21 de maio de 2018 Kiko Amat
58 58 22 de maio de 2018 Willy Hernangómez
59 59 23 de maio de 2018 Javiera Mena
60 60 24 de maio de 2018 Carlas Ballarta
61 61 28 de maio de 2018 Ayax y Prok e Ingrid García-Jonnson
62 62 29 de maio de 2018 Carolina Marín
63 63 30 de maio de 2018 Lucía Martiño
64 64 31 de maio de 2018 Raúl Cimas
65 65 4 de xuño de 2018 Carmen Ruiz e Fernando Tejero
66 66 5 de xuño de 2018 Nathy Peluso
67 67 6 de xuño de 2018 Amaya Valdemoro
68 68 7 de xuño de 2018 Nacho Vegas
69 69 11 de xuño de 2018 Beatriz Rico
70 70 12 de xuño de 2018 Vetusta Morla
71 71 13 de xuño de 2018 Javier Cansado
72 72 14 de xuño de 2018 Mara Torres
73 73 18 de xuño de 2018 Leonor Watling
74 74 19 de xuño de 2018 Andy y Lucas
75 75 20 de xuño de 2018 Pol Espargaró
76 76 21 de xuño de 2018 David Verdaguer e Óscar Machancoses
77 77 25 de xuño de 2018 Residente
78 78 26 de xuño de 2018 Becky G
79 79 27 de xuño de 2018 Maggie Civantos
80 80 28 de xuño de 2018 Ingrid García-Jonnson
81 81 2 de xullo de 2018 Amarna Miller
82 82 3 de xullo de 2018 Paco Arévalo
83 83 4 de xullo de 2018 Viki Gómez
84 84 5 de xullo de 2018 Javier Coronas e Yung Beef

Tempada 2[editar | editar a fonte]

Programa Programa
en tempada
Data Invitado
85 1 10 de setembro de 2018 Kiko Veneno
86 2 11 de setembro de 2018 Carmen Blanco
87 3 12 de setembro de 2018 Gisela Pulido
88 4 13 de setembro de 2018 Joaquín Reyes e Ernesto Sevilla
89 5 17 de setembro de 2018 Marta Torné
90 6 18 de setembro de 2018 Los Punsetes
91 7 19 de setembro de 2018 Adam Ondra
92 8 20 de setembro de 2018 Rebeca Haro
93 9 24 de setembro de 2018 Nacho Carretero
94 10 25 de setembro de 2018 Joana Pastrana e Ingrid García-Jonsson
95 11 26 de setembro de 2018 Daniel Antón
96 12 27 de setembro de 2018 Gaizka Mendieta
97 13 1 de outubro de 2018 Maribel Verdú, Juana Acosta e Paula Echevarría
98 14 2 de outubro de 2018 Jorge Prado e Ana Carrasco
99 15 3 de outubro de 2018 Joe Crepúsculo
100 16 4 de outubro de 2018 Iggy Rubín, Antonio Castelo e Jorge Ponce
101 17 8 de outubro de 2018 Adriana Torrebejano
102 18 9 de outubro de 2018 Fermín Muguruza
103 19 10 de outubro de 2018 Ocelote
104 20 11 de outubro de 2018 Facu Díaz e Miguel Maldonado
105 21 15 de outubro de 2018 María Guerra e Pepa Blanes
106 22 16 de outubro de 2018 Wismichu
107 23 17 de outubro de 2018 Darío Adanti e Edu Galán
108 24 18 de outubro de 2018 Hinds
109 25 22 de outubro de 2018 Ester Expósito
110 26 23 de outubro de 2018 Dani Martín
111 27 24 de outubro de 2018 Jordi Évole
112 28 25 de outubro de 2018 Albert Pla
113 29 29 de outubro de 2018 Javier Rey
114 30 30 de outubro de 2018 Natalia Valdebenito
115 31 31 de outubro de 2018 Raúl Pérez e Café Quijano
116 32 5 de novembro de 2018 Toundra
117 33 6 de novembro de 2018 Laia Palau
118 34 7 de novembro de 2018 Carlos Librado
119 35 8 de novembro de 2018 Isabel Coixet
120 36 12 de novembro de 2018 Marzenna Adamczyk
121 37 13 de novembro de 2018 Macarena Gómez
122 38 14 de novembro de 2018 Bejo
123 39 15 de novembro de 2018 Roberto Iniesta
124 40 19 de novembro de 2018 Álex O'Dogherty e Frank Spano
125 41 20 de novembro de 2018 Iñaki Gabilondo
126 42 21 de novembro de 2018 Bad Gyal
127 43 22 de novembro de 2018 Antonio de la Torre
128 44 26 de novembro de 2018 TheGrefg
129 45 27 de novembro de 2018 Elena López
130 46 28 de novembro de 2018 Carolina Durante
131 47 29 de novembro de 2018 Adriana Ugarte
132 48 3 de decembro de 2018 Sergio Llull
133 49 4 de decembro de 2018 Aymar Navarro
134 50 5 de decembro de 2018 John Petrucci e James LaBrie (Dream Theater)
135 51 10 de decembro de 2018 Blanca Suárez
136 52 11 de decembro de 2018 Laura Pausini
137 53 12 de decembro de 2018 Michelle Jenner
138 54 13 de decembro de 2018 Zahara
139 55 17 de decembro de 2018 Lori Meyers
140 56 18 de decembro de 2018 Jon Sistiaga e Joe Pérez-Orive
141 57 19 de decembro de 2018 Lydia Valentín
142 58 20 de decembro de 2018 Arturo Valls
143 59 7 de xaneiro de 2019 Paco León
144 60 8 de xaneiro de 2019 Santiago Lorenzo
145 61 9 de xaneiro de 2019 Asaari Bibang e Penny Jay
146 62 10 de xaneiro de 2019 Nacho Vigalondo
147 63 14 de xaneiro de 2019 Ana Fernández
148 64 15 de xaneiro de 2019 Ana Morgade
149 65 16 de xaneiro de 2019 Desirée Vila
150 66 17 de xaneiro de 2019 Oscar Jaenada
151 67 21 de xaneiro de 2019 Malena Alterio e Daniel Guzmán
152 68 22 de xaneiro de 2019 La Zowi
153 69 23 de xaneiro de 2019 Laia Sanz
154 70 24 de xaneiro de 2019 Coque Malla
155 71 28 de xaneiro de 2019 Lola Indigo
156 72 29 de xaneiro de 2019 César Noval
157 73 30 de xaneiro de 2019 Anna Castillo
158 74 31 de xaneiro de 2019 Ketama
159 75 4 de febreiro de 2019 Andreu Buenafuente e Silvia Abril
160 76 5 de febreiro de 2019 Amparo Llanos
161 77 6 de febreiro de 2019 Eva Navarro e Catalina Coll
162 78 7 de febreiro de 2019 Marcos Morán
163 79 11 de febreiro de 2019 Darío Brizuela
164 80 12 de febreiro de 2019 Andrea Duro
165 81 13 de febreiro de 2019 Cupido
166 82 14 de febreiro de 2019 Miki Esparbé e Federico Martín Bahamontes
167 83 18 de febreiro de 2019 Borja Iglesias
168 84 19 de febreiro de 2019 Cristina Castaño
169 85 20 de febreiro de 2019 Delaporte
170 86 21 de febreiro de 2019 Óscar Dorta
171 87 25 de febreiro de 2019 Okuda San Miguel
172 88 26 de febreiro de 2019 Mercedes Milá
173 89 27 de febreiro de 2019 Jean Reno e Gerardo Olivares
174 90 28 de febreiro de 2019 Berto Romero e Eva Ugarte
175 91 4 de marzo de 2019 Javier Fernández López
176 92 5 de marzo de 2019 Phantom Flex4K
177 93 6 de marzo de 2019 Novedades Carminha
178 94 7 de marzo de 2019 Marta Nieto
179 95 11 de marzo de 2019 Ana Guerra
180 96 12 de marzo de 2019 Oriol Pla, Blai Juanet e Marc Sastre
181 97 13 de marzo de 2019 Evaristo Páramos
182 98 14 de marzo de 2019 Física o Química
183 99 18 de marzo de 2019 Ian Gibson
184 100 19 de marzo de 2019 María Escoté
185 101 20 de marzo de 2019 Esther Acebo e Mariam Hernández
186 102 21 de marzo de 2019 Lang Lang
187 103 25 de marzo de 2019 Irene Ferreiro e Alba Planas
188 104 26 de marzo de 2019 Don Patricio
189 105 27 de marzo de 2019 Eneko Pou e Íker Pou
190 106 28 de marzo de 2019 Gerard Piqué
191 107 1 de abril de 2019 Leiva
192 108 2 de abril de 2019 Amaia Salamanca
193 109 3 de abril de 2019 Cecilia Freire e César Sarachu
194 110 4 de abril de 2019 Ana Peleteiro
195 111 8 de abril de 2019 Alba Flores
196 112 9 de abril de 2019 Zoo
197 113 10 de abril de 2019 Natalia Tena, James Phelps e Oliver Phelps
198 114 11 de abril de 2019 Anitta
199 115 22 de abril de 2019 Enhamed Enhamed
200 116 23 de abril de 2019 Antonio Ramos
201 117 24 de abril de 2019 Miguel Ángel Muñoz
202 118 25 de abril de 2019 Noemí Casquet
203 119 29 de abril de 2019 Anni B Sweet
204 120 30 de abril de 2019 Danny León
205 121 2 de maio de 2019 Rayden
206 122 6 de maio de 2019 Nadia de Santiago

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "David Broncano pone a prueba su carné de cómico en «La Resistencia»". abc (en castelán). 2018-02-01. Consultado o 2019-05-16. 
  2. Girona, Diari de. "David Broncano és el mestre de cerimònies de «La Resistencia»". www.diaridegirona.cat (en catalán). Consultado o 2019-05-16. 
  3. elEconomista.es. "David Broncano: "Firmaría tener la mitad de la carrera que acumula Buenafuente en el late night" - Ecoteuve.es". ecoteuve.eleconomista.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-16. 
  4. Periódico, El (2018-01-31). "David Broncano trasnocha en #0". elperiodico (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 
  5. "Canción Del Programa La Resistencia Con David Broncano". Canciones televisión (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-16. 
  6. "La aplaudida reflexión de Broncano sobre Cifuentes: "Joder, anímate"". El Huffington Post (en castelán). 2018-03-23. Consultado o 2019-05-16. 
  7. Sedal, Jara y (2018-04-17). "Este es el monólogo sobre la manifestación de cazadores del humorista David Broncano". Revista Jara y Sedal (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 
  8. LaInformacion. ""¿Quién prefieres que se muera?", la sección más irreverente de Broncano". La Información (en spanish). Consultado o 2019-05-16. 
  9. "'La Resistencia' da a elegir: "¿Quién prefieres que muera, Santiago Segura o El Rubius?"". www.zeleb.es (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 
  10. "¿Quién prefieres que 'amoche'? ¿Santiago Segura o El Rubius?". AS.com (en castelán). 2018-02-23. Consultado o 2019-05-16. 
  11. "Barrabás o Jesús de Nazaret... ¿quién prefieres que se muera?". El Terrat (en castelán). 2018-03-27. Consultado o 2019-05-16. 
  12. AS, Diario (2018-02-27). "Se cumplen 27 años del nacimiento de internet. ¿Qué opinan nuestros mayores?". AS.com (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 
  13. AS, Diario (2018-04-03). "Esto es lo que te puede pasar si el 'late night' que tienes se graba a las 8 de la tarde". AS.com (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 
  14. AS, Diario (2018-03-15). "Tazas rotas, caos y Petróleo: Ignatius Farray en La Resistencia". AS.com (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]