Laura Pausini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laura Pausini
Laura pausini002.jpg
Laura Pausini en xuño de 2009.
Nome completo Laura Pausini
Naceu 16 de maio de 1974 (42 anos)
Orixe Faenza, Emilia-Romaña, Italia Italia
Ocupación (s) Compositora e cantante
Xénero Pop e pop latino
Instrumento(s) Voz
Selo(s) discográfico (s) Atlantic Records e Warner Music Group
Relacionado con Eros Ramazzotti, Hélène Ségara, Juanes, Andrea Bocelli, Tiziano Ferro, James Blunt, Charles Aznavour, Kylie Minogue
Tempo en activo 1993 - actualidade
Na rede
http://www.laurapausini.com/
Laura Pausini signature.png

Laura Pausini OMRI, nada en Faenza o 16 de maio de 1974, é unha cantante italiana. Adquiriu notoriedade a partir de 1993 coa súa participación no Festival de Sanremo.

É unha das estrelas italianas máis coñecidas a nivel internacional. O 8 de febreiro de 2006 asignóuselle o Premio Grammy, recoñecemento musical internacional considerado equivalente ó Premio Oscar cinematográfico, polo mellor álbum de pop latino do ano. O 8 de novembro de 2007 gañou o Grammy Latino ó mellor álbum feminino por Io canto.[1]

Laura Pausini.

Laura Pausini vendeu, en 23 anos de carreira, preto de 70 millóns de discos en todo o mundo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Fabrizio e Gianna, creceu en Solarolo. No aspecto musical, comezou a cantar en locais de pianobar co seu pai á idade de 8 anos. Ós 13, en 1987, gravou o seu primeiro álbum, I sogni di Laura (Os soños de Laura). O devandito traballo constituíu unicamente un modo de publicitar o seu traballo nos pianobar desenvolto pola propia Laura Pausini e do seu pai Fabrizio, e estaba dispoñible unicamente para os espectadores que asistían ós espectáculos do dúo, de xeito que non se pode incluír na discografía oficial da cantante. I sogni di Laura contén trece temas dos cales dous están escritos por ela, aínda que os asina o pai por ser demasiado nova, e os restantes son versións de cancións famosas.

Participou en varios concursos en Emilia-Romaña, pero a súa grande ocasión chegou en 1991, cando pasou con éxito a selección para participar no Festival di Castrocaro, non conseguindo acadar a final, pero esta experiencia permitiulle participar no Festival di Sanremo, onde comezou a despegar a súa carreira.

Do festival ó primeiro disco[editar | editar a fonte]

Fíxose famosa en 1993 logo de gañar o Festival di Sanremo na categoría Nuove Proposte cunha das súas cancións máis notorias e aprezadas aínda na actualidade, "La solitudine" (A soidade). Publicou o seu primeiro álbum oficial, Laura Pausini e os seus primeiros sinxelos foron "La Solitudine", "Non c'è" e "Perché non torna più". O traballo acadou un importante éxito vendendo 2 500 000 de copias en 37 países e chegando ós primeiros postos nos Países Baixos e Bélxica.

Laura, o segundo álbum[editar | editar a fonte]

En 1994 chegou a a Sanremo con "Strani amori" e acadou o terceiro posto: a clasificación confirmou o resultado, lanzando ó "top" de éxitos o sinxelo. Coma os máis grandes nomes do panorama musical italiano, Eros Ramazzotti, Gino Paoli, Ivana Spagna e Zucchero, tamén Pausini conquistou o mercado internacional, algo que a afastou da súa Italia natal por preto de dous anos. A súa música deu a volta ó mundo e gravou en español, portugués, inglés e francés, pasando a converterse nunha das cantantes italianas máis coñecidas internacionalmente. Trala vitoria en Sanremo mudouse a Milán e publicou en 1994 o seu segundo traballo Laura, que contén "Strani amori", e inclúe outros grandes éxitos como: "Gente", "Un amico è così", "Lui non sta con te" e "Lettera". Este segundo álbum superou as vendas do primeiro con preto de 4 000 000 de copias no mundo.

Éxito no mundo latino[editar | editar a fonte]

O seu primeiro álbum en español, Laura Pausini de 1994, foi un éxito de vendas en España e America Latina. O fenómeno deuse primeiro no Hot Latin Tracks do Billboard, éxito que a levou de inmediato ó primeiro posto da clasificación de revelacións femininas de 1995, por diante de Mariah Carey. No mesmo ano recibiu o Oscar da música, o "World Music Award", que se entrega en Montecarlo por vender o maior número de discos no mundo. En Miami obtivo o premio "Lo Nuestro", ó que lle seguiu o Globo de platino por ser a primeira cantante non española en conseguir o millón de copias vendidas en España.

Le cose che vivi e o World wide tour '97[editar | editar a fonte]

En 1996 publicou Le cose che vivi (editado en España baixo o título Las cosas que vives, tradución literal do orixinal) que saiu á venda en tres versións distintas en italiano, español e portugués (esta última versión contén tódolos temas en italiano, e a versión portuguesa de tres deles). En Suecia iniciou o Tour que a levou ante millóns de fans: o World Wide Tour '97 que percorreu París, Lisboa, Rotterdam, Madrid, Bruxelas e Montecarlo. Conquistou a cifra de 80 discos de platino, sumados a outros numerosos pequenos e grandes recoñecementos.

La mia risposta[editar | editar a fonte]

En 1998 saiu La mia risposta, publicado en 50 países en dobre versión: italiano e español (baixo o título de Mi respuesta). O álbum representou unha evolución musical da artista, grazas a temas na atmosfera do soul, con unha boa dose de melodía, que caracterizou sempre os discos de Pausini. Contén "Un'emergenza d'amore" e "In assenza di te" (na versión castelá "Una emergencia de amor" e "En ausencia de ti"). Como peche do álbum inclúese un tema en lingua inglesa ("Looking for angel"), escrito para Laura por Phil Collins.

One more time e Pavarotti & Friends[editar | editar a fonte]

En 1999 interpretou o tema "One more time" para a banda sonora da película Message in a bottle, con Kevin Costner e Paul Newman. Iniciou un breve tour europeo, á conclusión do cal viaxa ós Estados Unidos co seu novo produtor, David Foster, o mesmo de intérpretes coma Mariah Carey e Céline Dion. No mesmo ano participou con éxito no "Pavarotti and Friends", cantando cos máis grandes artistas de fama internacional "We Are the World". A dúo con Pavarotti, cantou "Tu che m'hai preso il cor".

Tra te e il mare[editar | editar a fonte]

Publicou en 2000 un álbum homónimo da canción composta por Biagio Antonacci, "Tra te e il mare", tamén incluída no traballo. Contén famosos éxitos entre os que destacan "Il mio sbaglio più grande" (no vídeo do cal aparece brevemente a irmá de Laura, Silvia) e "Viaggio con te" dedicada ó seu pai. "Per vivere" está dedicada ós nenos que Laura apadriñou no Brasil. Pecha o disco "The extra mile", que aparece na banda sonora do filme Pokémon: The Movie 2000.

The best of Laura Pausini e Live a Milano[editar | editar a fonte]

En 2001, para Laura chegou o momento de resumir os seus oito anos de carreira. Fíxoo coa publicación do seu primeiro recompilatorio, baixo o título de The best of Laura Pausini - E ritorno da te, con dous temas inéditos "E ritorno da te" e "Una storia che vale". Ademais destes últimos Laura incluíu no disco unha canción nunca recollida nos álbums anteriores, "One More Time" banda sonora da cinta Messages In A Bottle con Kevin Costner e Paul Newman. En España, este recompilatorio inclúe tamén un dúo co cantante José el Francés, o tema "Dime":

O álbum vendeu case 4 millóns de copias en todo o mundo, 800.000 delas en Italia e obtivo un importante éxito en Francia con 900.000 copias. O vídeo de "E ritorno da te" gravouno Gabriele Muccino e o de "Una Storia Che Vale" Daniele Persica.

Ó disco foi acompañado dun tour mundial que comezou en Miami para logo levar a Laura por Sudamérica e finalmente desembarcar en Italia e Europa, onde actuou no FilaForum D'Assago de Milán facendo un dúo con Biagio Antonacci. Este concerto foi transmitido pola canle italiana Canale 5 e publicado posteriormente en DVD.

From the inside e a aventura americana[editar | editar a fonte]

Tras 2 anos de traballo Laura desembarcou en América con "From the inside". O disco contén o éxito "Surrender", e recolle tamén "It's not good-bye" e "Every day is a Monday", versións inglesas dos sinxelos "In assenza di te" e "Il mio sbaglio più grande". O álbum colleitou un grande éxito tanto de crítica como de vendas, superando as 800.000 copias nos Estados Unidos, e os sinxelos "Surrender" e "If that's love" acadaron as primeiras posicións na clasificación Dance di Bilboard (superando artistas do calibre de Madonna e Justin Timberlake). Por desacordos coa casa discográfica americana para a promoción do disco, Pausini fixo só dous concertos nos Estados Unidos renunciando á xira e rexeitando a proposta dun segundo disco en inglés.

Laura Pausini

En 2003 publicou tamén en Italia From the inside. Fixo un dúo con Hélène Segara no tema "On n'oublie jamais rien, on vit avec". Participou no "Pavarotti&Friends", cantando "Il mondo che vorrei" e, a dúo con Pavarotti, "Tu che m'hai preso il cor". Neste ano en Suráfrica acadou o cume das clasificación con "It's not goodbye".

Resta in ascolto[editar | editar a fonte]

En 2004 volvou á escena musical italiana con Resta in ascolto e co respectivo álbum interpretado en español Escucha atento. O álbum está dispoñible tamén cun dvd en edición limitada que contén videos e entevistas exclusivas. Entre as voces que colaboraron no traballo están a de Madonna, que agasalla a Laura cun tema titulado "Mi abbandono a te". Por outra banda, "Benedetta passione" é a canción que Vasco Rossi creou para Laura Pausini, e por último "Vivimi", escrita por Biagio Antonacci. O sinxelo de lanzamento do disco é "Resta in ascolto", canción que acadou a primeira posición nas clasificación de sinxelos durante un mes despois da publicación. O vídeo grávouse nos Estados Unidos, concretamente nos Ánxeles.

O segundo tema é o que Biagio Antonacci escribiu para ela, "Vivimi", cun vídeo gravado en Venecia. "Come se non fosse stato mai amore" é o terceiro sinxelo, seguido de "Benedetta passione", escrito Vasco Rossi. O último sinxelo promocional do traballo é "La Prospettiva di me". O disco situouse na súa primeira semana no mercado na primeira posición da lista de vendas italiana.

Live in Paris[editar | editar a fonte]

En novembro de 2005, saiu Live in Paris 05, álbum en directo que celebrou os doce anos de actividade da artista. Gravado no teatro Le Zenith de París, o CD contén 16 dos seus mellores éxitos, moitos cantados en lingua española ou portuguesa. O disco conclúe con "Vivimi", gravado no Wiltern Theater dos Ánxeles.

Premios Grammy[editar | editar a fonte]

O 8 de febrero de 2006 gañou o Grammy ao mello álbum latino con Escucha, sendo a primeira muller italiana que obtivo este galardón.

Dúas semanas despois gaña en Miami un premio "Lo Nuestro", organizado pola canle televisiva de fala hispana Univision, como "artista pop feminina do ano".

Laura Pausini durante un concerto.

Participou como invitada no Festival di Sanremo de 2006.

O 9 de xuño de 2006 o lugar onde medrou, Solarolo (provincia de Rávena), concedeulle a cidadanía honoraria por ter levado o lugar polo mundo.

Entre xullo e agosto 2006, Pausini participou nunha serie de concertos polos Estados Unidos xunto con outros cantantes latinos, como Marc Anthony e Marco Antonio Solís.

En agosto 2006, algún sitios web recolleron a noticia da publicación dun libro sobre Laura Pausini, titulado Fai quello che sei onde a artista falaría das numerosas satisfaccións profesionais dese ano no que venceu o Grammy e onde falaría así mesmo da súa vida persoal. Posteriormente saíron noticias que puñan en dúbida a veracidade da noticias, pero en marzo de 2007, Pausini confirmou que o libro estaba programado, pero que finalmente renunciou a el por motivos que non fixo públicos. O libro, Fai quello che sei publicouse definitivamente en Italia o 21 novembro de 2007.

Io canto[editar | editar a fonte]

O 10 de novembro de 2006 saiu á venda un novo traballo de Laura Pausini, titulado "Io canto": trátase dun disco composto na súa totalidade de cancións italianas. No álbum, Laura interpretou cancións que lle lembran á súa etapa no pianobar que lle recordan momentos concretos da súa vida ou da súa carreira, como "Strada facendo" (Claudio Baglioni), "Due" (Raf), "Cinque giorni" (Michele Zarrillo) e "Anima fragile" (Vasco Rossi). O primeiro single foi "Io canto", éxito de Riccardo Cocciante en 1979. Deste disco forma parte tamén "Come il sole all'improvviso" de Zucchero Fornaciari que foi utilizada tamén como banda sonora de Salvatore - Questa è la vita. "Io canto" conta con colaboracións de artistas coma Johnny Hallyday, Juanes e Tiziano Ferro: con este último Laura Pausini canta a dúo "Non me lo so spiegare", tema xa interpretado con éxito por Ferro en 2003. Como curiosidade, fóra de Italia o disco foi visto como un traballo normal inédito, entre eles os países de lingua española, que como é habitual en Pausini, tiveron unha versión do disco interpretada integramente en español. Isto confirma o papel de Laura Pausini como embaixadora da música italiana no mundo.

O novo álbum de Pausini, Io canto/Yo canto xa estaba no primeiro posto da clasificación de álbums en internet a través de iTunes antes de saír ó mercado. Ademais en Italia, durante o fin de semana posterior ó lanzamento do disco, o álbum acadou un pico de vendas fóra do común chegando ás 200.000 copias nos primeiros catro días e chegando ás 270.000 nesa semana. Malia saír á venda a finais de novembro, Io canto foi o disco máis vendido en Italia en todo 2006. Un ano despois do seu lanzamento, vendeu 2 000 000 millón de copias en todo o mundo e recibiu 8 discos de platino en Italia, o que equivale a 700.000 copias só no seu país natal.

O 25 de xaneiro de 2007, no Auditorium di via della Conciliazione en Roma gañou o telegatto como mellor cantante do 2006 e o telegatto de platino excelencia da música; durante a gala cantou os temas "Io canto" e "Spaccacuore".

Directo en San Siro e actualidade[editar | editar a fonte]

O 2 de xuño de 2007 Laura deu un único megaconcerto a nivel mundial en Milán, no Stadio Giuseppe Meazza de San Siro con 70.000 vendidos preto de 1.000 dos cales vendidos no exterior ós fans estranxeiros de tódalas partes do mundo, en especial de Fracia e España, aínda que tamén do Brasil e mesmo do Xapón. Laura Pausini é a primeira muller na historia da música en actuar neste estadio. Previamente a honra sería para Madonna en 1987 e Celine Dion, pero estes dous concertos foron anulados pola intervención do Inter e do Milán, que non querían que o terreo de xogo se resentise. Editouse un DVD do concerto en directo, o terceiro traballo en directo na carreira da artista. Pausini fixo un dueto con Tiziano Ferro e dedicou o concerto á súa avoa e a Antonella Russo (unha fan súa asasinada en xaneiro en Salofra pola parella da súa nai).

O 9 de xuño de 2007, unha semana despois, volveu a San Siro como invitada para interpretar a dúo con Renato Zero a canción Nei giardini che nessuno sa, éxito do cantante romano presente en Io canto, e unha breve interpretación de "Come se non fosse stato mai amore" .

O dúo con Renato Zero foi un dos últimos actos promocionais inciciados coa saída de Io canto no outuno de 2006. Desde ese momento Pausini iniciou un período de repouso con algunhas interrupcións. Laura Pausini participou interpretando con Miguel Bosé o tema "Te amaré", no último álbum do cantante español, titulado Papito.

O 15 de xuño de 2007 gañou o Ischia Music Award 2007. Chegada a Ischia para recoller o galardón, a cantante expresou o seu soño de cantar con Mina e de presentar o Festival di Sanremo con Pippo Baudo. O 5 de xullo de 2007 Laura Pausini cantou a dúo con Andrea Bocelli no Teatro del Silenzio de Lajatico (Pisa). O 14 de xullo de 2007, festa da República Francesa, participou xunto con outros cantantes nun megaconcerto en París no "Champe libre" (ó lado da Torre Eiffel) ante 500.000 espectadores.

O 21 de xullo de 2007 a cantante participou en Viareggio na quinta edición do Festival Teatro-Canzone Giorgio Gaber onde interpretou a canción "Non insegnate ai bambini". O 29 de setembro 2007 tomou parte en Lampedusa na V edición do festival O' Scià, invitada por Claudio Baglioni, co que fixo un dueto. O 15 de outubro de 2007 saiu á venda o novo álbum de Andrea Bocelli que contén un novo dueto con Laura Pausini no tema titulado "Vivere/Dare to live".

O 4 de novembro de 2007 Laura Pausini recolleu en Montecarlo o seu terceiro World Music Award na categoría Best Selling Artist, a cantante italiana recibiu o prestixioso premio internacional polos 2 millóns de copias vendidos no mundo con Io Canto/Yo Canto. Xunto con Laura son premiados outros artistas de éxito mundial coma Avril Lavigne, Céline Dion, Mika e Rihanna.

O 8 de novembro de 2007 asígnouselle un novo recoñecemento internacional co seu segundo Grammy latino con Yo Canto como Mellor álbum vocal feminino de pop: a cerimonia desenvolveuse en Las Vegas e a cantante interpretou xunto ó tenor Andrea Bocelli o tema "Vive Ya" versión española de "Vivere (Dare To Live)". Pausini, no momento de recoller o galardón, quixo lembrar ó mestre Luciano Pavarotti. O 21 de novembro de 2007 saíu á venda en Italia o seu primeiro libro (un diario onde Laura conta o ocorrido desde outubro de 2006 ata o evento de San Siro) oficial "Fai Quello Che Sei" que en poucos días vendeu preto de 40.000 copias, mentres que o 30 de novembro saíu ó mercado o CD/DVD doconcerto no Stadio San Siro, transmitido por Italia 1 o 11 de decembro 2007. O 5 de decembro de 2007 foi invitada ó concerto de Miguel Bosé no DatchForum D'Assago cantando co español o tema Te amaré.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbums estranxeiros[editar | editar a fonte]

En castelán

En inglés

Álbum non oficial[editar | editar a fonte]

  • 1987 - "I sogni di Laura" - álbum nunca posto á venda, contén as cancións que Laura cantaba ós 13 anos nos piano bar.

DVD[editar | editar a fonte]

Outros temas[editar | editar a fonte]

  • Loneliness - versión inglesa de La solitudine
  • Prendo te - Vídeo presente no CD/DVD de 2004 "Resta in ascolto"
  • De tu amor - Vídeo presente no CD/DVD de 2004 "Resta in ascolto"
  • Uguale a lei - Single de 2005 e banda sonora dun famoso anuncio televisivo
  • È non è
  • Je chante - Versión francesa de Io canto que a cantante publicou só na versión francesa de "Io Canto"
  • La isla bonita - Canción de Madonna cantada durante o concerto de San Siro do 2 de xuño de 2007
  • Favola - Canción de Eros Ramazzotti cantada durante o concerto de San Siro do 2 de xuño 2007

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Sinxelo en Italia Álbum
1993

"La solitudine"
"Non c’è"
"Perché non torna più"

Laura Pausini
1994/1995

"Strani amori"
"Lettera"
"Lui non sta con te"
"Un amico è così"
"Gente"

Laura
1996/1997

"Incancellabile"
"Le cose che vivi"
"Ascolta il tuo cuore"
"Seamisai"
"Due innamorati come noi"
"Angeli nel blu"

Le cose che vivi
1998/1999

"Un’emergenza d’amore"
"In assenza di te"
"La mia risposta"
"Che bene mi fai" (só en España)

La mia risposta
1999

"One more time"

One more time
2000/2001

"Tra te e il mare">br> "Il mio sbaglio più grande"
"Fidati di me"
"Volevo dirti che ti amo" (só en España)

Tra te e il mare
2001/2002

"E ritorno da te"
"Una storia che vale"
"La solitudine"
"Non c'è"
"Dime" (con José El Francés)(só en España)
"Seamisai (se que me amavas" (con G. Gil) (só en España)
"Speranza" (só no Brasil)

The best of... E ritorno da te
2002/2003

"Surrender"
"I need love"
"If that's love"
"It's not good-bye"

From the inside
2004/2005

"Resta in ascolto"
"Vivimi"
Come se non fosse stato mai amore"
Benedetta passione"

Resta in ascolto
2005/2006

"La prospettiva di me"

Live in Paris 05
2006

"Uguale a lei"

Uguale a lei
2006/2007

"Io canto"
"Spaccacuore"
"Il mio canto libero" (só en España)
"Non me lo so spiegare]]" (con Tiziano Ferro)
"Cinque giorni" (só en Brasil)
"Y mi banda toca el rock" (só en México)

Io canto
2007

"Destinazione paradiso"
"Y mi banda toca el rock"

Live in San Siro

Compositora[editar | editar a fonte]

No seu terceiro álbum (Le cose che vivi) escribiu o texto das súas cancións a dúo con Cheope e outros autores.

Algúns dos temas do seu repertorio foron escritos só por ela mesma:

No álbum Io canto participou na adaptación de:

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Todos os dúos citados foron incluídos en CD ou DVD. Laura Pausini fixo ademais outros duetos con Phil Collins, Claudio Baglioni, Julio Iglesias, Gianni Morandi, Fiorello, Eros Ramazzotti, Grégory Lemarchal etc.

En 2003 interviu no álbum Cicciput de Elio e le Storie Tese e precisamente na canción "Pagano", canción sobre os antigos romanos, na que Laura Pausini acepta parodiarse a si mesma cantando "Marco Aurelio se n'è andato e non ritorna più" variando a letra do seu éxito "La solitudine". No tema participaron igualmente outros artistas coma Maurizio Crozza, Enrico Ruggeri e Mauro Pagani.

Laura Pausini, coa ocasión do Mundial de Fútbol Alemaña 2006, prestou a súa voz xunto con Eros Ramazzotti, na canción "Siamo una squadra fortissimi" de Checco Zalone.

Bandas sonoras[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Pioneira[editar | editar a fonte]

  • Primeira muller italiana en gañar un Premio Grammy.
  • Primeira muller en ofrecer un concerto no Stadio San Siro.
  • Primeira artista internacional en vender un millón de copias en España.
  • Primeira muller italiana en gañar un Platinum Europe Award.

Banda de Laura Pausini (2007)[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laura Pausini Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • 2000 Laura Pausini de Macale Maurizio, Bastogi Editrice Italiana
  • 2005 Laura Pausini...l'artista e la donna de Cerri Simona, Lo Vecchio
  • 2007 Fai quello che sei de Laura Pausini, Mondadori

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]