Ana Carrasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ana Carrasco
Nome completoAna Carrasco Gabarrón
Nacemento10 de marzo de 1997
Lugar de nacementoCehegín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de motociclismo
Na rede
http://www.anacarrasco.es/
Facebook: anacarrasco22 Twitter: AnaCarrasco_22 Instagram: anacarrasco_22 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ana Carrasco, nada en Cehegín o 10 de marzo de 1997, é unha piloto de motociclismo murciana. Compite no Campionato do Mundo de Supersport 300.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 2013 debutou na categoría de Moto3, no equipo Calvo Team, compartindo garaxe co que remataría por ser campión da categoría ese mesmo ano Maverick Viñales, e converteuse na muller mais nova en participar no Campionato do Mundo de Motociclismo. Ese mesmo ano converteuse na primeira muller da historia en acadar puntos na categoría de Moto3, e na primeira en acadalos no Mundial de Motociclismo dende 2001, grazas a unha 15ª praza na carreira disputada en Malaisia[1]. Superouno cunha 8ª praza no peche da tempada en Valencia.

O 2014 aos mandos dunha Kalex KTM do equipo RW Racing GP non conseguiu repetir resultados acadando como mellor posición un 21º posto no Circuíto das Americas de Austin.

Sorte similar tivo no ano 2015 no que acadou a 18ª praza en dúas ocasións en Francia e en Australia pilotando unha KTM do equipo RBA Racing Team, ademais a metade de ano sufriu unha aparatosa caída na pista alemá de Sachsenring na que tamén se viu implicada a piloto María Herrera e na que se fracturou o úmero.[2]

No 2016 Carrasco non atopou oco no mundial e optou por participar no CEV (Campionato de España de Velocidade) na categoría de Moto2[3].

Para o 2017 Carrasco asinou con ETG Racing para pilotar a súa Kawasaki Ninja 300 no Campionato do Mundo de Supersport 300[4] e na súa primeira carreira en Aragón fixo un 10º posto.

Estatísticas no Campionato do Mundo de Motociclismo[editar | editar a fonte]

(Carreiras en negra indican pole position, Carreiras en cursiva indican volta rápida)

Ano Cat Moto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos Pts
2013 Moto3 KTM QAT20 AME20 SPARet FRA19 ITA26 CAT22 NED29 GER24 IND17 CZE23 GBR22 RSM19 ARA20 MAL15 AUS19 JPN18 VAL8 21º 9
2014 Moto3 Kalex KTM QAT24 AME21 ARG23 SPA23 FRA22 ITA20 CAT30 NED24 GER20 IND26 CZERet GBR29 RSM24 ARA22 JPN AUS MAL VAL NC 0
2015 Moto3 KTM QAT AME22 ARG26 SPA27 FRA18 ITA25 CAT23 NED23 GERRet IND CZE GBRRet RSM25 ARA27 JPN29 AUS18 MAL23 VAL24 NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ABC. "Ana Carrasco y un punto histórico". ABC.es (en castelán). Consultado o 2017-04-24. 
  2. "Moto3 Sachsenring 2015. Caída de María Herrera y Ana Carrasco - Motorbike Magazine". Motorbike Magazine (en castelán). 2015-07-12. Consultado o 2017-04-24. 
  3. "Ana Carrasco se sube al FIM CEV de Moto2 con el team MR Griful". Mundo Deportivo. Consultado o 2017-04-24. 
  4. Martin, Jesus (2016-12-22). "Ana Carrasco disputará 2017 en el nuevo mundial de Supersport 300, junto a otros 34 pilotos" (en castelán). Consultado o 2017-04-24.