Albert Pla
Albert Pla | |
---|---|
![]() Albert Pla en 2020. | |
Nome completo | Albert Pla i Àlvarez |
Data nacemento | Sabadell ![]() |
Nado en | Sabadell |
Ocupación | músico e cantautor |
Xénero | Cantautor |
Instrumento(s) | vocalista e guitarrista |
Selo(s) discográfico(s) | PDI, BMG-Ariola |
Relacionado con | Roberto Iniesta, Fermin Muguruza |
Tempo en activo | 1989 - presente |
Na rede | |
www.albertpla.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Albert Pla, nado en Sabadell o 22 de setembro de 1966, é un cantautor catalán que canta indistintamente en catalán e castelán. As súas cancións mostran unha particular visión da vida propia dunha personalidade extrema, ás veces con polémicos contidos, e en ocasións con certo toque infantil.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Colaborou con Manolo Kabezabolo, Roberto Iniesta (Extremoduro), Fermin Muguruza (Kortatu, Negu Gorriak), Quimi Portet (El Último de la Fila), Kase.O (Doble V) e Quico Pi de la Serra, entre outros. En máis dunha ocasión participou en homenaxes a Pau Riba e Jaume Sisa. Colaborou con Estopa no álbum "Estopa X Anniversarivm", na canción "Joaquín el necio".
Canda Muchachito (Muchachito Bombo Infierno), El Canijo de Jerez (Los Delinqüentes), Lichis (La Cabra Mecánica) e Tomasito, formou o grupo La Pandilla Voladora. Fixo unha xira, ademais de gravar o sinxelo "Del deporte también se sale".
A súa canción "Sufre como yo" forma parte da banda sonora da película Carne trémula (1997), de Pedro Almodóvar.
Cinema e teatro[editar | editar a fonte]
Traballou en producións cinematográficas como Airbag, de Juanma Bajo Ulloa; A los que aman, de Isabel Coixet; e Honor de caballería, de Albert Serra. Tamén foi o protagonista da obra teatral Caracuero de Helmut Krausser, con máis de 150 representacións. En decembro de 2009 protagonizou a obra teatral "Llits" (Camas), no papel do acróbata Lectus.
Polémicas[editar | editar a fonte]
Algunhas das súas cancións, como "La dejo o no la dejo" (en que dubida se seguir coa moza ou delatala á policía pola pertenza desta a unha banda terrorista) ou "Carta al rey Melchor", foron obxecto de polémica. Estiveron a piques de non seren publicadas. No caso da segunda, chamada orixinalmente "Carta al rey", houbo que modificar o título.
En outubro de 2013 manifestou que "sempre lle dera noxo ser español", e mostrou o seu apoio á independencia de Cataluña.[1] Tras esas declaracións, foi suspendido un concerto que tiña previsto dar en Xixón.
Discografía[editar | editar a fonte]
- Ho sento molt (PDI 1989)
- Aquí s'acaba el que es donava (PDI 1990)
- Una MM... lligada amb un cordill (2 CD's - PDI 1991)
- No sólo de rumba vive el hombre (BMG Ariola 1992)
- Supone Fonollosa (BMG Ariola 1995)
- Veintegenarios en Alburquerque (BMG Ariola 1997)
- Anem al llit (BMG Ariola 2002)
- Cançons d'amor i droga (2 CD's - BMG Ariola 2003)
- Vida y milagros (CD + DVD en directo - BMG Ariola 2006)
- La diferencia (El Volcán 2008)
- Concert a París (falso directo con Joan Miquel Oliver, 2010)
- Somiatruites (con Pascal Comelade, 2011)
- Miedo (2018)
Obra[editar | editar a fonte]
- España de mierda (novela). Roca Editorial, 2015
- España en guerra (novela). Desacorde Ediciones, 2020
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Albert Pla: 'A mí siempre me ha dado asco ser español, y espero que a todo el mundo'". La Nueva España. 16 de outubro de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web oficial de Albert Pla
- 1997 Biografía, letras, entrevista Arquivado 03 de novembro de 2006 en Wayback Machine. (en castelán)
- + 1997 (en castelán)
- Entrevista 1999 (en castelán)
- Entrevista 2002 (en castelán)
- 2006 El malo de la película (en castelán)
- Concerto de presentación do seu último disco