Wismichu

Esta páxina está semiprotexida ata o 21-09-2019
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ismael José Prego Botana
Nome completoIsmael José Prego Botana
AlcumeWismichu
Nacemento5 de outubro de 1993
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
OcupaciónHumorista e youtuber
Coñecido por"Si te ríes pierdes"
Na rede
IMDB: nm8509500 Twitter: wismichu Instagram: wismichu Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ismael José Prego Botana, nado en Monte Alto (A Coruña) o 5 de outubro de 1993,[1][2] máis coñecido coma Wismichu, é un humorista e youtuber galego. A 21 de agosto de 2018 tiña arredor de 7,5 millóns de subscritores e 997 043 571 visualizacións, facendo da súa canle a décimo terceira con máis subscritores en España.[3]

Traxectoria

Prego naceu na Coruña en 1993[4] para posteriormente mudarse a Madrid para estudar Comunicación de Deseño de Moda.[5] Vive en Barcelona.[6]

Ismael afirmou que a orixe do seu nome en YouTube é unha versión do nome "Isma", abreviado de Ismael, xa que os seus amigos chámanlle "Wisma". Segundo Prego, inicialmente quería que o seu nome en YouTube fose "Wisma", pero nese momento YouTube non permitía nomes de menos de 5 caracteres, polo que fixo o seu nome máis longo que rematou por ser Wismichu.[7]

Comezou a súa carreira na plataforma de vídeos en streaming Youtube, onde realizaba vídeos sobre diversos videoxogos, entre os que destacan Call of Duty, Scott Pilgrim ou Minecraft. A súa andaina na súa canle comezou en 2012, e en 2015 superou os 2,5 millóns de subscritores.

En abril de 2015 a súa canle foi pechada por Youtube por violar a política da páxina ao incluír unha escena de sexo explícito.[5] Após dunha recollida de sinaturas en Change.org, onde foron acadadas máis de 21.000 sinaturas[8], o humorista puido recuperala.[5]

En decembro de 2015 apareceu no programa de Antena 3 El rincón de pensar, presentado por Risto Mejide, no que se lle preguntou polas críticas que cualificaban de misóxinos os seus vídeos de Youtube. No programa, Prego recoñeceu terse equivocado gravando vídeos de contido machista, e asegurou non ser xenófobo nin machista.[9]

Ademais, en 2014, actuou como personaxe secundario no filme Torrente 5: Operación Eurovegas, xunto con outros youtubers célebres como Rubius, Mangel ou WillyRex.[10]

En 2016 realizou unha xira por España actuando no seu espectáculo Hay un Wismichu en mí,[11] onde visitou Santa Cruz de Tenerife, Valladolid, Bilbao, Barcelona, A Coruña, Vigo, Palma e Avilés. Na primeira das súas actuacións, que tivo lugar en Tenerife, Wismichu recibiu críticas polos contidos do espectáculo, que foron criticados por algúns dos asistentes como non aptos para un público adolescente, que é o destinatario principal dos vídeos de Wismichu[12].

En xuño de 2016 publicou o seu primeiro libro Si te rindes, pierdes.[13]

En setembro de 2016, Wismichu e mais o seu compañeiro AuronPlay fixeron unha chamada de broma a un negocio de madeira, preguntando por leña para queimar a súa escola. Unha empresa madeireira de Andalucía apareceu nun noticiario uns días despois, afirmando que presentaran unha demanda na policía polo incidente xa que tivera un impacto negativo no seu negocio. A compañía de madeira, que segundo Wismichu non foi a compañía á que se chamou no vídeo, queixouse de recibir unha morea de chamadas de broma despois de que o vídeo fose subido e portavoces da compañía dixeron que isto arruinou a empresa.[14]

Wismichu tivo enfrontamentos con outros YouTube como Dalas Review.[15][16]

En outubro de 2018 provocou unha forte polémica no Festival Internacional de Cinema Fantástico de Sitges, onde se programou a première do suposto filme de Ismael Prego, Bocadillo. A proxección consistiu na emisión en bucle dunha gravación breve. O director respondeu á irada resposta do público que o troleo forma parte dun proxecto que se recollerá en documental. Días antes da estrea mudou o seu alias en twitter por: "El mejor directroll de España".[17]

Notas

  1. "Top 250 YouTubers in Spain sorted by Subscribers". Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  2. "Tuit]". Twitter. 4 de outubro de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2016. 22 años y ya con estas entradas. En fin, muchas gracias a todos por las felicitaciones. Sois geniales, no tanto como yo pero un poco sí. 
  3. "Top 25 YouTubers in Spain sorted by Subscribers". Socialblade. Consultado o 27 de marzo de 2017. 
  4. Apaolaza, Francisco (18 de xuño de 2016). "Wismichu, el youtuber de moda hijo de la pescadera carlota". Diariosur.es. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Nimo, Ana María. "El 'caso Wismichu': ¿Qué le ocurre a un 'youtuber' cuando se queda sin canal?". El Mundo. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  6. "Wismichu admite que golpeó a un joven tras una discusión por el referéndum de Catalunya". El periódico (en castelán). 5 de outubro de 2017. Consultado o 13 de outubro de 2018. 
  7. Wismichu (7 de xullo de 2016). "¿De dónde viene mi nombre? - #RespondeIsma". YouTube. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  8. Change.org (ed.). "Reabrir canal de @Wismichu.". Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  9. Antena 3 (ed.). "Wismichu: "El Rubius fue hipócrita al decir que le molestaba la fama".". Archived from the original on 04 de maio de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  10. "Wismichu". IMDb.com. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  11. Teatro Colón (ed.). "Hay un Wismichu en mi.". Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  12. "'Soez y sexual', la polémica del espectáculo teatral del 'youtuber' Wismichu". El País (en castelán). 10 de marzo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2016. .
  13. "Mercedes Milá apadrina els llibres de cinc 'youtubers'". Elperiodico.cat. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  14. "Un empresario andaluz denuncia a Auronplay y Wismichu por haberle "arruinado el negocio"". El Mundo. 22 de abril de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  15. "El 'youtuber' Dalas Review, a juicio: piden 5 años de cárcel por supuesto abuso a menores". El Confidencial. Consultado o 7 de decembro de 2018. 
  16. J.K., Judith (26 de xuño de 2018). "El "youtuber" Dalas Review y su hermana Ariann podrían ser la nueva canción del verano". Cribeo. La Vanguardia. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2018. 
  17. Mullor, Mireia (12 de outubro de 2018). "Así ha sido el troleo de Wismichu en el Festival de Sitges". Fotogramas (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas