C. Tangana
C. Tangana | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Antón Álvarez Alfaro |
Alcume | Crema, El Madrileño, Puchito e Pucho |
Nacemento | 16 de xullo de 1990 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | cantante, artista discográfico e compositor de cancións |
Premios | Grammy Latino de Melhor Canção Alternativa, Grammy Latino de Melhor Canção Pop/Rock, Grammy Latino de Melhor Canção Alternativa, Premios Odeón, Grammy Latino de Gravação do Ano e Grammy Latino de Canção do Ano |
Na rede | |
http://www.ctangana.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antón Álvarez Alfaro, nado en Madrid o 16 de xullo de 1990, máis coñecido como C. Tangana, é un rapeiro español.[1][2][3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira musical en 2006 baixo o pseudónimo de Crema, sendo integrante do grupo Agorazein xunto con Sticky M.A. –antes coñecido como Manto–, Jerv.[4] Agz., Fabianni e I-Ace. O madrileño coroouse en 2017 dentro do panorama mundial co seu hit «Mala Mujer» (dobre Disco de Platino), ó que lle seguirían éxitos como «Llorando en la Limo» (Disco de Platino) e «Bien Duro» (Disco de Ouro).[5][6][7]
É coautor da canción «Malamente» interpretada pola súa exparella Rosalía, traballo que recibiu no ano 2018 dous premios Grammy Latinos.[8][9][10]
Relación con Galiza[editar | editar a fonte]
É fillo dun vigués, e descendente de galegos, moitos deles da zona de Salvaterra, tanto por vía paterna como materna, desde hai séculos, como o seu 'noveno-avó' J. Álvarez de Puga, nado en 1680 en Arbo, aínda que algúns deles emigraron a Madrid no século XIX. Moitos dos seus antepasados foron militares, como Luís Antonio Álvarez de Puga, Capitán da Armada que loitou no século XIX contra Napoleón.[11][12]
En 2021 respondeu a un chío de Twitter do R. C. Celta de Vigo para facer o himno do centenario, e en marzo de 2023 foi confirmado polo club.[13]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "C. Tangana: «En la escena nacional hay gente muy sensible»".
El madrileño Antón Álvarez, más conocido como C. Tangana
- ↑ "Cómo ser una estrella de la música sin pasar por Operación Triunfo".
- ↑ Prieto, Darío. "C. Tangana, el 'Ídolo' musical del año".
- ↑ "C. Tangana antes se llamaba Crema".
- ↑ "“Mala Mujer” de C. Tangana ya es doble Disco de Platino".
- ↑ "LLORANDO EN LA LIMO DE C. TANGANA YA ES DISCO DE PLATINO".
- ↑ "BIEN DURO DE C. TANGANA YA ES DISCO DE ORO".
- ↑ "Rosalía y su "Malamente" conquistan los Grammy Latinos".
La española se alzó con el reconocimiento a mejor canción alternativa por "Malamente", distinción que compartió con Antón Álvarez Alfaro (C. Tangana) y Pablo Díaz-Reixa.
- ↑ "Rosalía, el ascenso imparable de la reina del flamenco pop - RTVE.es".
Unos temas, ocho de los cuáles Rosalía firma junto a su expareja, el trapero C. Tangana
- ↑ "Jorge Drexler, el gran triunfador de los Grammy Latinos". ISSN 1134-6582.
"Me he dedicado a admirar los versos de Rosalía y C. Tangana, que han recuperado el romancero español»
- ↑ V, R. (2022-05-09). "Los ocho apellidos gallegos de C.Tangana". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-03-15.
- ↑ Sertal, Carolina (2022-08-24). "C. Tangana e Vigo, unha historia de amor". Faro de Vigo. Consultado o 2023-03-15.
- ↑ Diario, Nós (2023-03-15). "O Celta confíalle ao madrileño C. Tangana o himno do centenario". Nós Diario. Consultado o 2023-03-15.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: C. Tangana ![]() |