Manuel Burque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Burque
Manuel Burque at Premios Goya 2017.jpg
Nacemento1980
 Santa Cruz de Tenerife
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Pontificia de Salamanca
Ocupaciónactor
editar datos en Wikidata ]

Manuel Burque Hodgson, nado en Santa Cruz de Tenerife o 21 de abril de 1980,[1] é un actor, cómico, guionista e presentador galego.[2] Traballa no teatro, o cinema e a televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Santa Cruz de Tenerife, trasladouse aos dous anos á Coruña, onde comezou a involucrarse no mundo do teatro e empezou a formarse en talleres con actores como Cándido Pazó.[3]

Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pontificia de Salamanca. Posteriormente continuou a súa formación en Madrid: interpretación no estudio de actores Guindalera Escena Abierta a cargo de Juan Pastor, escritura de guións con Pedro Loeb e, grazas a unha bolsa de ampliación de estudos artísticos concedida pola Deputación Provincial da Coruña, diplomouse en dirección de fotografía no Núcleo de Investigación Cinematográfica a cargo de Ángel Amorós. Formouse tamén en escenografía na Real Escola Superior de Arte Dramática.

Realizou unha tesiña en historia do cinema titulada Público teatral en los orígenes del cine dentro da Universidade Complutense de Madrid.[3]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Durante a súa etapa de formación en Salamanca ingresou no grupo de teatro La Máscara. Alí, ademais de protagonizar diversas obras como Muertos sin sepultura de Sartre, ou La importancia de ser honesto (2002) dirixida por Eva Redondo comezou a súa carreira como director de teatro e levou a escena a adaptación de filmes como Clerks de Kevin Smith ou Balas sobre Broadway de Woody Allen.[4] Tamén comezaron as súas primeiras incursións no audiovisual realizando e interpretando curtametraxes.[3]

Foi membro fundador da Compañía Mindundi Teatro coa que en 2004 adaptou, dirixiu e interpretou O apartamento de Billy Wilder. O mesmo ano foi axudante de dirección de Juan Pastor na obra El tiempo y los Conway.

En cine dirixiu a fotografía de varias curtametraxes e escribiu Una segunda posguerra, 5 días de septiembre ou El límite (2004). Tamén codirixiu a curtametraxe Adiós xunto ao guionista Francisco Araujo, con quen traballa frecuentemente.

En 2006, aos 26 anos, estreou a súa primeira obra de teatro que tamén dirixiu, Esperando al ruso[5] e que lle fixo gañar o XVIII Premio de Teatro Enrique Llovet de Málaga.[6]

En 2008 gañou o IV Concurso de Guións de Curtametraxes do Concello de Avilés por Quid pro quo.[7]

Como guionista traballou en guións de telefilmes como Vuelo IL8174 de Telecinco (2010) e en filmes como Perdona si te llamo amor (2014).[8]

En 2011 protagonizou una entrevista-broma ao conselleiro delegado da Sexta, José Miguel Contreras, con preguntas como «É vostede homosexual?» para o programa El Intermedio de El Gran Wyoming facéndose pasar por un reporteiro de Intereconomía.[9] A interpretación serviulle para ser contratado como colaborador fixo no programa Con Hache de Eva de Eva Hache encargándose das "enquisas sociolóxicas a pé de rúa".[10] Participou tamén no programa de humor El club de la comedia.

En 2015 coprotagonizou o filme de Leticia Dolera Requisitos para ser una persona normal, traballo polo que foi candidato ao premio Goya como actor revelación.

Tamén en 2015 estreouse a webserie El partido, da que foi coprotagonista xunto a Mario Tardón e que gañou o NotodoFilmFest da que en 2016 se rodou a segunda temporada.[11] Ademais traballou na serie de televisión de Buscando el norte (2015-2016) interpretando o papel de Salva.[12]

Na radio colaborou no programa da Cadena SER A vivir que son dos días con Javier del Pino[13] e en Antonio Castelo domina el mundo.[14]

En 2016 incorporouse a Likes como colaborador. En 2017 estreou o filme Es por tu bien, do que foi un dos creadores, e presentou Radio Gaga xunto a Quique Peinado.[15][16]

En 2019 foi coguionista, xunto a Leticia Dolera, da serie de televisión Vida perfecta, en que tamén apareceu como actor secundario.

Desde 2019, dirixe con Quique Peinado o programa da cadena SER Buenismo bien, onde tratan temas da actualidade de maneira cómica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Buenismo Diario Es Necesario #20 - Cumpleaños con público". 21 de abril de 2020. Consultado o 8 de xullo de 2020. 
  2. Manuel Burque: "Mis vínculos son con Galicia, voy con la bandera gallega allá donde vaya
  3. 3,0 3,1 3,2 Tren, Carlos. "Manuel Burque (Manuel Burque Hodgson)". Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  4. noticias.universia.es. "El grupo de teatro de la UPSA representa". Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  5. Sur, Diario (8 de xuño de 2006). "Sur Digital | CULTURA - Un dramaturgo que debuta con premio". Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  6. "Manuel Burque gana el XVIII Premio de Teatro Enrique Llovet..." (en castelán). Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  7. "Una 'road movie' en clave avilesina gana el IV Concurso de Guiones de Cortos. El Comercio". 12 de febreiro de 2008. Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  8. "Manuel Burque | Vuelo IL 8714". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  9. "Intereconomía estudia demandar a laSexta". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  10. "Los colaboradores de ‘Con Hache de Eva’: Joaquín Reyes, Leo Harlem, Goyo Jiménez y Dani Rovira". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  11. "Mario Tardón y Manuel Burque protagonizan ‘El Partido’, la webserie política con la que desearías que ‘Bolita’ llegase a presidente". La Sexta. 3 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  12. "Manuel Burque: "Salva es un loser que no quiere admitir que es un loser"". Antena3. 5 de febreiro de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  13. "Manuel Burque | A vivir que son dos días.". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  14. SER, Cadena. "antonio_castelo_domina_el_mundo" (en castelán). Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  15. "Radio Gaga: el altavoz de los que nadie escucha". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 2 de septiembre de 2017. 
  16. "‘Radio Gaga’ seguirá otra temporada en #0. Deia, Noticias de Bizkaia" (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]