Movistar Plus+
Movistar Plus+ (anteriormente Movistar+) é o nome comercial da televisión dixital interactiva que ofrece Movistar. Para a distribución, utilízase a tecnoloxía IPTV de transmisión de televisión sobre redes IP.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Este servizo non só opera en España, senón que dende mediados de 2007 opera tamén en Chile e comercialízase como un complemento aos actuais servizos que Movistar Chile ofrece mediante a súa plataforma de satélite. Este servizo tamén está en fase de probas na Arxentina.[cando?]
A oferta básica consta de 65 canles de televisión e 15 canles de son con emisión en aberto.
Ademais, en modalidade de pago por visión, ofrécense distintos eventos deportivos e películas de estrea. Estas últimas ofrécense na modalidade de vídeo baixo demanda. Tamén se ofrecen series, noticias, documentais e videoclips.
O 7 de maio de 2013, Telefónica modificou o seu servizo de televisión de pago, que pasou a chamarse Movistar TV, xubilando a marca Imagenio.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Telefónica estrena hoy Movistar TV y jubila su Imagenio" Arquivado 12 de maio de 2014 en Wayback Machine. 7/5/2013 (en castelán).