Borja Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Borja Iglesias
Información persoal
Nome Borja Iglesias Quintás
Nacemento 13 de xaneiro de 1993
Lugar de nacemento Santiago de Compostela
Altura 1.88 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Bayer Leverkusen
Número 9
Carreira xuvenil
Santiago de Compostela CF
2007–2010 Valencia
2010–2011 Roda
2011–2013 Villarreal
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2013 Villarreal C 29 (11)
2013–2017 Celta de Vigo B 146 (75)
2014–2018 Celta de Vigo 1 (0)
2017–2018Zaragoza (cedido) 39 (22)
2018–2019 Espanyol 37 (17)
2019– Betis 131 (39)
2024–Bayer Leverkusen (cedido) 1 (0)
Selección nacional
2022– España 2 (0)
Na rede
IMDB: nm13809918 Instagram: borjaiglesias9 UEFA: 250132180 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de febreiro de 2024.
Selección: actualizado a 13 de febreiro de 2024.editar datos en Wikidata ]

Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Bayer Leverkusen da Bundesliga, cedido polo Real Betis. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis. Co equipo andaluz conquistou a Copa do Rei 2021/22, sendo o máximo goleador do torneo e marcando o único gol do seu equipo na final.

Foi internacional coa selección española en 2023.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Tras despuntar nas categorías inferiores do Santiago de Compostela CF e da selección de Galicia, fichou en 2007 polo Valencia CF, onde seguiu formándose durante tres anos no fútbol base.[1] No club valenciano adoitaba xogar de extremo, con Paco Alcácer como dianteiro centro.[2] En 2010 incorporouse á canteira do Villareal CF, xogando a súa primeira campaña no CD Roda, equipo vencellado ao Villarreal no que marcou 15 goles, contribuíndo á sexta posición na División de Honra Xuvenil.[3] Na tempada 2011/12 xogou no equipo xuvenil do Villarreal e ao ano seguinte debutou co Villarreal C na Terceira División, anotando 11 goles.[4]

Celta de Vigo B[editar | editar a fonte]

En xullo de 2013 fichou polo Celta de Vigo B, que militaba na Segunda División B.[5] No segundo equipo do club galego foi afianzándose no once inicial ata debutar co primeiro equipo o 3 de xaneiro de 2015, nun partido da Primeira División contra o Sevilla no Sánchez Pizjuán, saltando ao terreo en substitución de Santi Mina.[6]

A súa explosión futbolística definitiva tivo lugar na tempada 2016/17 na Segunda División B, na que pese a ter ficha co primeiro equipo xogou co filial, co obxectivo de ascender á categoría de prata. Ese ano proclamouse o máximo anotador da categoría, con 34 tantos, e converteuse tamén no máximo goleador da historia do filial celeste, con 75 goles, superando a Goran Marić.[7][8][9] A pesar destes números non contou con sitio no primeiro equipo por causa da forte competencia, polo que en 2017 saíu cedido ao Real Zaragoza, na Segunda División.[10]

Real Zaragoza[editar | editar a fonte]

Marcou o seu primeiro gol co Zaragoza na segunda xornada, contra o Granada,[11] e no seguinte partido anotou dous goles máis fronte ao Córdoba.[12] No mes de outubro marcou catro goles máis e foi elixido mellor xogador do mes en Segunda.[13] Na penúltima xornada de liga, logrou o seu primeiro triplete como profesional, marcándolle tres goles a Jordi Masip, gardameta do Valladolid, e asegurando a clasificación do equipo aragonés para a promoción de ascenso.[14] Rematou a tempada con 22 goles en liga, só superado polos 33 de Jaime Mata e os 24 de Raúl de Tomás.[15]

RCD Espanyol[editar | editar a fonte]

En xullo de 2018 o Espanyol adestrado por Rubi conseguiu a súa fichaxe, despois de pagar ao Celta de Vigo os 10 millóns de euros da súa cláusula de rescisión.[16][17] Disputou 37 dos 38 partidos da tempada 2018/19 da Primeira División, marcando o seu primeiro gol na categoría na xornada 2, fronte ao Valencia no RCDE Stadium,[18] e rematando como o sétimo máximo anotador da liga, con 17 goles.[19] Ademais, na xornada 26 contra o Real Valladolid, marcou o gol máis rápido da tempada, batendo ao lucense Diego López cando transcorreran só 18 segundos dende o inicio.[20]

Fixo a pretempada de 2019 co Espanyol, xogando tres partidos da previa da Europa League e marcando tres goles, os tres na primeira eliminatoria contra o Stjarnan islandés.[21]

Real Betis[editar | editar a fonte]

En agosto de 2019 foi traspasado ao Real Betis, despois de que o club andaluz pagase os 28 millóns de euros da cláusula de rescisión. En Sevilla reencontrouse co adestrador Rubi, que o mantivo no equipo titular durante a meirande parte da tempada 2019/20 a pesar dos seus baixos números goleadores (3 tantos en 37 partidos). A situación cambiou a mediados da tempada 2020/21 con Pellegrini no banco.[22] A pesar de ter que esperar ata a xornada 12 para marcar o seu primeiro gol, acabou con 13 tantos e contribuíu de xeito importante á clasificación do equipo para a Europa League.[23][24] Na tempada 2021/22 aumentou a súa cifra goleadora e foi un dos principais artífices do terceiro título da Copa do Rei na historia do club. Foi, con 5 goles, o máximo goleador do torneo, e foi elixido mellor xogador da final, na que anotou o único gol bético, antes de que o encontro se decidise na quenda de penaltis.[25]

Na tempada 2022/23 marcou 15 goles en liga, conseguindo así o cuarto mellor rexistro da competición, superado só por Lewandowski (23), Benzema (19) e o tamén galego Joselu (16).[26] O seu rendemento baixou na primeira metade da tempada 2023/24, na que non conseguiu ningún gol en liga, sumando só un na Copa do Rei e outro na Europa League. Así, no mercado invernal aceptou ser cedido ao Bayer Leverkusen para tentar recuperar o seu olfacto goleador.[27]

Cesión ao Bayer Leverkusen[editar | editar a fonte]

Debutou na Bundesliga o 3 de febreiro de 2024, xogando como titular no partido da 20ª xornada ante o Darmstadt, que acabou con vitoria do Leverkusen por 0-2.[28] Converteuse así no quinto futbolista galego en xogar na Bundesliga, despois de Rubén González, Joselu, Pablo Insua e Hugo Novoa.

Selección española[editar | editar a fonte]

O 24 de setembro de 2022 debutou coa selección española, despois de ser convocado polo seleccionador Luis Enrique para a Liga de Nacións da UEFA. A súa estrea produciuse no estadio de La Romareda ante a selección de Suíza, nun partido que acabou en derrota por 1-2.[29]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Betis

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Borja Iglesias: "Me gusta que digan que soy un tío normal. No cambiaré"" (en castelán). 7 de decembro de 2018. Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  2. "El gol que emigró de Paterna" (en castelán). 27 de novembro de 2018. Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  3. "Borja Iglesias, un currante al servicio del gol" (en castelán). 2 de marzo de 2019. Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  4. "Borja Iglesias debuta con el Real Celta" (en castelán). 26 de agosto de 2014. Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  5. "Borja Iglesias ficha por el Celta B de Segunda B" (en castelán). 10 de xullo de 2013. Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  6. "Borja Iglesias debutó con el primer equipo del Celta en Sevilla". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xaneiro de 2015. Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  7. "El Celta puede ceder un delantero al Barça B" (en castelán). 28 de xuño de 2017. Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  8. "Borja Iglesias, homenajeado por parte del club" (en castelán). 23 de decembro de 2016. Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  9. "Borja Iglesias, el delantero que tritura récords de goles". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de outubro de 2017. Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  10. Christian Ortiz (4 de xullo de 2017). "Borja Iglesias elige al Zaragoza". Marca (en castelán). 
  11. "El Granada resiste a un gran Zaragoza". Marca (en castelán). 27 de agosto de 2017. Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  12. G. C., Lorena (5 de setembro de 2013). "Un ídolo llamado Borja Iglesias". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  13. Ferrer, Pedro Luis (22 de novembro de 2017). "Borja Iglesias, mejor jugador del mes de octubre en Segunda". As (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2021. Consultado o 5 de agosto de 2021. 
  14. "Un impresionante Borja asegura los 'playoffs' para el Zaragoza". Marca (en castelán). 27 de maio de 2018. Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  15. "Jaime Mata acaba Pichichi de la fase regular de la Liga123" (en castelán). 3 de xuño de 2018. Consultado o 5 de agosto de 2021. 
  16. "Borja Iglesias, nuevo delantero del Espanyol" (en castelán). 9 de xullo de 2018. Consultado o 5 de agosto de 2021. 
  17. "El Espanyol pagará la cláusula de Borja Iglesias". Marca (en castelán). 4 de xullo de 2018. Consultado o 5 de agosto de 2021. 
  18. Fogado, Salva (26 de agosto de 2018). "El Espanyol sorprende al Valencia". El País (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2021. 
  19. Vázquez, Nino (19 de maio de 2019). "Así ha quedado el Pichichi de la Liga Santander 2018/2019". Diario Sport (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2021. 
  20. "Borja Iglesias marca el gol más rápido de LaLiga". Diario Sport (en castelán). 2 de marzo de 2019. Consultado o 5 de agosto de 2021. 
  21. "Borja Iglesias sigue marcando con el Espanyol en Europa". ABC (en castelán). 2 de agosto de 2019. Consultado o 5 de agosto de 2021. 
  22. Morán, Miguel Ángel (19 de maio de 2021). "Borja Iglesias, un 'killer' para Europa". Marca (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2021. 
  23. Lagos, Daniel (10 de marzo de 2021). "El renacer de Borja Iglesias dispara la ilusión en Heliópolis". As (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2021. 
  24. "Borja Iglesias catapulta al Betis hacia Europa". Mundo Deportivo (en castelán). 10 de maio de 2021. Consultado o 5 de agosto de 2021. 
  25. "Borja Iglesias, MVP de la final de la Copa". Mundo Deportivo (en castelán). 24 de abril de 2022. Consultado o 24 de abril de 2022. 
  26. "Así queda la clasificación final del Pichichi de la Liga". Mundo Deportivo (en castelán). 5 de xuño de 2023. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  27. "Borja Iglesias se marcha cedido al Bayer Leverkusen". La Vanguardia (en castelán). 27 de xaneiro de 2024. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  28. "Borja Iglesias tras su debut: “Estoy muy feliz”" (en castelán). 3 de febreiro de 2024. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  29. "Borja Iglesias debuta con la selección española" (en castelán). 24 de setembro de 2022. Consultado o 5 de xuño de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]