Michelle Jenner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMichelle Jenner

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Michelle Jenner Husson Editar o valor em Wikidata
14 de setembro de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónLa Salle Bonanova (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo loiro escuro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , presentadora de televisión , actriz de cinema , xornalista , actriz de dobraxe , actriz de dobraxe Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiMiguel Ángel Jenner (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1043338 Allocine: 265156 Allmovie: p697388
Twitter: MichelleJWeb Instagram: michellejoyjenner Musicbrainz: e15457ad-6b14-4a6e-aa87-0f14f2297908 Discogs: 7107569 Editar o valor em Wikidata

Michelle Jenner Husson, nada en Barcelona o 14 de setembro de 1986, é unha actriz catalá, cantante e actriz de dobraxe de películas e videoxogos, filla de nai francesa e de pai español de ascendencia inglesa. Acadou sona polo seu papel como Sara Miranda da serie Los hombres de Paco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do actor de dobraxe Miguel Ángel Jenner. Estudou no colexio La Salle de Bonanova, onde tamén asistiu a clases de teatro, canto e baile, disciplinas que tamén practicaba na escola Company & Company.

Con só dous anos de idade, a súa nai levábaa a castings e realizou algúns traballos na publicidade e mais na moda.

Ós seis anos comezou por casualidade no mundo da dobraxe dicindo tan só dúas palabras nun filme onde se precisaban moitos cativos. A partir de aquí, este mesmo director empezou a contactar con ela para outros papeis cada vez máis importantes, e outros directores tamén a foron coñecendo.

Ó remata-lo bacharelato ingresou na escola de interpretación Nancy Tuñon, onde non puido finaliza-los tres cursos. Posteriormente marchou cabo a Madrid a roda-la serie de televisión Los hombres de Paco.

Amais, participou na campaña de Herbal Essences polo verán do 2007, actuou en dúas curtametraxes, "Tight" (gañador do premio Brigadoon á mellor curtametraxe en Sitges 2006) e "Cinco contra un" (gañador do Premio Novo no Festival Humor en Corto). A actriz posou para revistas tan coñecidas como MAN ou FHM amais de moitas outras (Liña, Ragazza, Loka, Bravo, Superpolbo etc). É a nova embaixadora do videoxogo Los Sims 2 cun personaxe creado a partir dela. No 2008 actuou na súa primeira obra de teatro en Don Juan de Alcalá como Dona Inés.

No 2009, rodou Inocentes, miniserie de Telecinco compartindo protagonismo con Álex González. Tamén participou en 2010 na serie de TNT Entre todas las mujeres e na tv-movie de Antena 3 La Princesa de Éboli, protagonizada por Belén Rueda e Hugo Silva. No outono deste mesmo ano roda a película No tengas miedo, dirixida por Montxo Armendáriz na que é protagonista dunha trama moi dura.

En maio de 2011 confirmouse que protagonizaría a nova serie histórica de La 1 sobre a vida de Isabel a Católica, Isabel, que foi estreada o 10 de setembro de 2012.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

  • La catedral del mar (2018). Mar.
  • Isabel (2012). Isabel a Católica.
  • La Princesa de Éboli (2010). Ana de Austria.
  • Todas las mujeres (2010). Ona.
  • Inocentes (2010). Sonia.
  • Los hombres de Paco. (2005-2009) Sara Miranda.
  • Porca misèria (2006. (1 cap.)
  • Més enllà de les estrelles (2003). Carmeta.
  • El cor de la ciutat (2000).

Cinema[editar | editar a fonte]

  • Circuit (2010) (posprodución)
  • Tensión sexual no resuelta (2010) (posprodución)
  • Spanish Movie (2009). Fada
  • Íntimos y extraños. 3 historias y 1/2 (2008). María
  • Tight (2006). Chica (Curtametraxe)
  • Nubes de verano (2004).Natalia
  • Faust: La venganza está en la sangre (2000)

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]