Jorge Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jorge Prado
MXGP of Italy Imola 2018.jpg
Nome completoJorge Prado García
Nacemento5 de xaneiro de 2001
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de motocrós
editar datos en Wikidata ]

Jorge Prado García, nado en Lugo o 5 de xaneiro de 2001[1], é un piloto galego de motocrós. Foi dúas veces campión do mundo de motocrós en categoría MX2, en 2018 e 2019. O seu número é o 61.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Con tres anos comezou a montar en moto e con seis a competir. Gañou a súa primeira carreira con sete anos. En 2010 proclamouse campión de España en 65cc[2] e en 2011, con 10 anos, converteuse en campión europeo e mundial júnior de 65cc de cilindrada[3] competindo contra pilotos de ata 12 anos.[4] Foi o campión do mundo máis novo da historia.[5] Tras os éxitos dese ano, a marca austríaca KTM fichouno para as seguintes cinco tempadas e fabricoulle unha moto de 85cc.[4][6] A súa familia decidiu ir vivir a Lommel (Bélxica), por motivos de competición.[7]

En agosto de 2012, sufriu unha caída durante a disputa do Campionato de Europa en Inglaterra e o piloto que o seguía pasoulle por riba coa moto, polo que Jorge tivo que ser hospitalizado. Aínda que non foi grave, impediulle participar no Mundial, que se celebrou a fin de semana seguinte en Bulgaria.[8] En novembro proclamouse subcampión de España de 85cc por detrás do tamén galego Rubén Fernández.[9] En 2013, rompeu unha clavícula tras ir ao chan en Alemaña, cando lideraba o Campionato de Europa.[10] Tras varias semanas de repouso, reapareceu no Campionato Mundial na República Checa,[11] onde rematou en 6º lugar.[3] O europeo finalizouno en 5ª posición.[12]

En 2014 sufriu unha fractura de pulso en marzo[13] e de tibia en xullo,[14] co que se perdeu tanto o Europeo como o Mundial.[15] En 2015 proclamouse campión de Europa de 125cc[16] e KTM renovoulle o contrato por 5 anos máis.[17]

Campionato Mundial de MX2[editar | editar a fonte]

En 2016, con 15 anos, debutou na categoría MX2 do Campionato do Mundo de Motocrós, no Gran Premio dos Países Baixos, en Assen, logrando subir ao podio en 3º lugar.[18][19][20] En 2017 foi o primeiro español en gañar unha proba de motocross MX2 en Pietramurata (Italia).[21] Nesa tempada gañou tamén os Grandes Premios de Bélxica[22] e os Países Baixos[23] e subiu ao podio en Arxentina (3º)[24] e Suecia (2º),[25] rematando a tempada en sétima posición do mundial.[26]

Para a tempada 2018, mudouse con seu pai a Santa Marinella, na provincia de Roma, para estar máis cerca do seu equipo.[27] Gañou os Grandes Premios de Trentino,[28][29] Portugal,[30] Alemaña,[31] Francia,[32] Lombardía,[33] Indonesia (Semarang)[34] República Checa,[35] Bélxica,[36] Suíza,[37] Bulgaria,[38] Assen[39] e Imola,[40] e subiu ao podio nos Países Baixos (2º),[41] Castelló (2º),[42] Rusia (2º),[43] Gran Bretaña (2º)[44][45] e Indonesia (Pangkal Pinang, 3º).[46] Deste xeito proclamouse campión do mundo aos 17 anos con 873 puntos, 96 máis que o seu compañeiro de equipo e anterior campión do mundo, Pauls Jonass.[47]

O Campionato Mundial de 2019 comezou cunha vitoria para Jorge Prado en Neuquén, Arxentina.[48] Por mor dunha lesión nun ombreiro non puido participar na segunda proba do ano, en Gran Bretaña,[49] que foi gañada por Thomas Kjær Olsen.[50] Tras esa curta ausencia, volveu ao Mundial en abril e gañou de forma consecutiva os trece seguintes Grandes Premios: Países Baixos,[51] Pietramurata,[52] Mantua,[53] Portugal,[54] Francia[55], Rusia[56] Letonia[57], Alemaña,[58] os dous de Indonesia (Palembang[59] e Semarang[60]), República Checa,[61] Bélxica[62] e Imola.[63]Deste xeito chegou ao circuíto sueco de Uddevalla cunha vantaxe de 130 puntos sobre Thomas Kjær Olsen, a falta de 3 grandes premios, polo que se conseguía 20 puntos máis revalidaría matematicamente o título. Conseguiunos xa na primeira manga, na que obtivo o primeiro posto, proclamándose por segunda vez campión do mundo.[64][65] Na segunda manga tivo unha caída que lle fixo perder posicións e rematou cuarto a manga e terceiro na clasificación final do gran premio.[66] Xa como bicampión do mundo, Prado gañou as dúas probas restantes, en Turquía, no circuíto de Afyonkarahisar,[67] e en Shanghai,[68] pechando o campionato con 16 grandes premios gañados, superando así o récord de 15 nunha tempada que posuía o neerlandés Jeffrey Herlings.[69] Gañou ademais 31 das 36 mangas das que constaba o campionato.

En 2020 correrá en MXGP, tras renovar con KTM por catro anos máis, pois a normativa obriga a dar o salto á máxima categoría aos pilotos con dous títulos mundiais.[64] A finais de setembro de 2019 participou co equipo de España (xunto a Iker Larrañaga e Carlos Campano) no Motocrós das Nacións disputado en Assen, no que foi o seu debut coa moto de 450cc. Na primeira manga, na que corrían xuntos pilotos de MXGP e MX2, liderou a proba durante as primeiras voltas ata que a lama das gafas o obrigou a facer unha parada para cambialas. Logo remontou postos ata subir ao podio en 3ª posición. Na outra manga na que participou, a terceira (MXGP + Open), arrancou mal e finalizou en sétimo lugar. Finalmente España rematou o campionato no noveno posto, empatada a puntos con Letonia (8º), mentres que o título acabou nas mans dos anfitrións, os Países Baixos.[70]

Palmarés por anos[editar | editar a fonte]

2010

  • Campión de España de 65cc.

2011

  • Campión de Europa Júnior de 65cc.
  • Campión do Mundo Júnior de 65cc. Campión máis novo da historia (10 anos e 8 meses)
  • 2012
    • Subcampión de España de 85cc.

2015

  • Campión de Europa de 125 cc. Campión máis novo da categoría (14 anos).

2018

  • Campión do Mundo de Motocrós MX2 con 17 anos.[71]

2019

  • Campión do Mundo de Motocrós MX2 por segunda vez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jorge Prado, el niño de los récords". Marca (en castelán). 31 de agosto de 2017. 
  2. "KTM celebra su botín deportivo en 2010" (en castelán). 21 de decembro de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Estatísticas". www.mxgp.com (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "Piloto KTM y campeón mundial a los 10 años". As (en castelán). 9 de decembro de 2011. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  5. "Entrevista Jorge Prado: “El motocross es mi vida”" (en castelán). 3 de novembro de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  6. "El niño prodigio gallego ficha por la Ferrari del motocrós". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  7. "El gallego Jorge Prado debutará en el Mundial de motocross con 15 años". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xullo de 2016. 
  8. "La promesa gallega del motocrós, Jorge Prado, hospitalizado tras un accidente". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de agosto de 2012. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  9. "El piloto vigués Rubén Fernández se proclamó campeón de España de Motocross 85". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de novembro de 2012. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  10. "¡Lesión de Jorge Prado!" (en castelán). 24 de xuño de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  11. "Jorge Prado aguanta en la República Checa" (en castelán). 11 de agosto de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  12. "Campionati Europei MX 2013. Festival dei giovani a Matterley Basin" (en italiano). 26 de agosto de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  13. "Jorge Prado se lesiona entrenando en Holanda" (en castelán). 7 de marzo de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  14. "Jorge Prado Pierde el Europeo por una Lesión" (en castelán). 14 de xullo de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  15. "Entrevista a Jorge Prado: el futuro del motocross" (en castelán). 16 de decembro de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  16. "Jorge Prado, campeón de Europa de 125cc" (en castelán). 30 de agosto de 2015. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  17. "Jorge Prado renueva por KTM hasta 2020". Marca (en castelán). 17 de xullo de 2015. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  18. "Jorge Prado debuta en el Mundial de MX2 con podio" (en castelán). 29 de agosto de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  19. "Jorge Prado hace historia: podio mundialista en Assen". As (en castelán). 28 de agosto de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  20. "Crack lucense de 15 anos". Galicia Confidencial. 30 de agosto de 2016. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  21. "Jorge Prado, campeón en el GP de Trentino". El Progreso (en castelán). 16 de abril de 2017. 
  22. "¡Jorge Prado gana en Bélgica! y Jeffrey Herlings sella un pleno de KTM en MXGP" (en castelán). 8 de agosto de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  23. "Jorge Prado reina en Assen". Marca (en castelán). 10 de setembro de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  24. "Jorge Prado sube al podio en Argentina". Marca (en castelán). 20 de marzo de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  25. "Jorge Prado logra su tercer triunfo en el Mundial de Motocross" (en castelán). 20 de agosto de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  26. "Jorge Prado logra su tercer triunfo en el Mundial de Motocross" (en castelán). 17 de setembro de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  27. "Jorge Prado, niño prodigio, emigrante y campeón del mundo". El País (en castelán). 28 de setembro de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  28. "Jorge Prado repite victoria en Pietramurata un año después" (en castelán). 8 de abril de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  29. "Jorge Prado gana el Gran Premio de Italia". El Progreso (en castelán). 8 de abril de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  30. "Jorge Prado arrasa en el MXGP de Portugal" (en castelán). 16 de abril de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  31. "Jorge Prado logra en Alemania la tercera victoria del año". As (en castelán). 20 de maio de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  32. "La revolución francesa de Jorge Prado". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  33. "MXGP Lombardía: Cairoli y Prado se doctoran en Ottobiano" (en castelán). 17 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  34. "Jorge Prado gana en Indonesia y se coloca colíder del Mundial MX2" (en castelán). 8 de xullo de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  35. "Jorge Prado gana en la República Checa y ya es líder del Mundial". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xullo de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  36. "Jorge Prado arrasa en Bélgica y se escapa al frente del Mundial". As (en castelán). 5 de agosto de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  37. "Jorge Prado gana en Suiza y consolida su liderato en el Mundial". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de agosto de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  38. "Jorge Prado sigue en racha y no perdona en Bulgaria". Marca (en castelán). 26 de agosto de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  39. "Jorge Prado, virtual campeón". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de setembro de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  40. "Jorge Prado celebra el título con un doblete en Imola". Marca (en castelán). 30 de setembro de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  41. "Primer podio del año para Jorge Prado". Marca (en castelán). 18 de marzo de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  42. "Jorge Prado se luce en Castellón". Marca (en castelán). 25 de marzo de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  43. "Jorge Prado, segundo en Rusia". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de maio de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  44. "Jorge Prado aprieta al campeón". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  45. "MXGP Gran Bretaña: ‘Doble doble’ de KTM en el regreso de Matterley Basin" (en castelán). 3 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  46. "Nuevo podio para Jorge Prado en Indonesia" (en castelán). 2 de xullo de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  47. "Doblete de Jorge Prado "en la cima del mundo" del Motocross". As (en castelán). 30 de setembro de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  48. "Jorge Prado arranca el Mundial con doblete en Argentina" (en castelán). 3 de marzo de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  49. "Jorge Prado, baja en Gran Bretaña por una lesión en un hombro". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de marzo de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  50. "VIDEO - MX2: Olsen no falla y también se adjudica la segunda manga en Gran Bretaña" (en castelán). 24 de marzo de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  51. "Prado regresa al mundial con un doblete en Valkenswaard" (en castelán). 1 de abril de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  52. "Doblete de Jorge Prado en Pietramurata" (en castelán). 7 de abril de 2014. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  53. "Jorge Prado arrasa en el Gran Premio de Lombardía". Marca (xornal) (en castelán). 12 de maio de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  54. "Un Prado intratable en Portugal recupera el liderato". El Progreso (xornal) (en castelán). 19 de maio de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  55. "Jorge Prado gana en Francia y afianza su liderato en el Mundial de MX2 de motocrós". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de maio de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  56. "O piloto lucense Jorge Prado, imparable no GP de Rusia". 9 de xuño de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  57. "Jorge Prado logra la perfección en Letonia" (en castelán). 16 de xuño de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  58. "Jorge Prado arrasa en Alemania y aumenta su liderato". Marca (en castelán). 23 de xuño de 2019. Consultado o 23 de xuño de 2019. 
  59. Durán, Jesús (7 de xullo de 2019). "Jorge Prado logra en Indonesia a súa décima vitoria da tempada". El Progreso (xornal). Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  60. "Jorge Prado gaña as dúas probas de Indonesia". CRTVG. 14 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  61. "Jorge Prado, a un paso de sentenciar el campeonato de MX2 de motocrós". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xullo de 2019. Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  62. "Jorge Prado dá un paso de xigante cara ao título". La Voz de Galicia. 4 de agosto de 2019. Consultado o 5 de agosto de 2019. 
  63. "Prado vence en Imola y acaricia su segundo título". Marca (en castelán). 18 de agosto de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  64. 64,0 64,1 "Jorge Prado, campeón del mundo de MX2 2019" (en castelán). 25 de agosto de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  65. "Jorge Prado, bicampeón mundial de MX2". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de agosto de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  66. "Outra coroa máis para Jorge Prado". El Progreso. 26 de agosto de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  67. "Jorge Prado sigue incontestable y gana también en Turquía". Mundo Deportivo (en castelán). 8 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  68. "Jorge Prado cierra el Mundial con otra victoria". Marca (en castelán). 15 de setembro de 2019. Consultado o 16 de setembro de 2019. 
  69. "Final de curso de lujo para Prado, que establece un nuevo récord" (en castelán). 15 de setembro de 2019. Consultado o 16 de setembro de 2019. 
  70. "Holanda reina en el Motocross of Nations; un gran Prado acaba 4º" (en castelán). 29 de setembro de 2019. Consultado o 30 de setembro de 2019. 
  71. "El lucense Prado, campeón del mundo". Atlántico Diario (en castelán). 28 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]