Alba Flores
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Alba González Villa 27 de outubro de 1986 (37 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, directora de cinema |
Período de actividade | 2004 - |
Familia | |
Pais | Antonio Flores e Ana Villa |
|
Alba González Villa, nada en Madrid o 27 de outubro de 1986, é unha actriz española, máis coñecida polo seu nome artístico Alba Flores. É coñecida por interpretar os personaxes de Saray en Vis a vis e Nairobi en La casa de papel.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alba Flores é a única filla do músico e compositor Antonio Flores, quen lle dedicou unha canción co seu nome, e Ana Villa, produtora de teatro. Á súa vez é neta de Lola Flores, sobriña das tamén cantantes Lolita Flores e Rosario Flores e curmá da actriz Elena Furiase.
Estudou interpretación dende os trece anos de idade, deixando nun segundo plano a faceta musical dos seus ascendentes. Na súa curta vida coma actriz realizou numerosas obras, aínda que as máis trascendentes a nivel dos medios son Luna de miel en Hiroshima (2005) e a versión xitana de Sueño de una noche de verano (2007).
Debutou no cine coa película El Calentito (2005), de Chus Gutiérrez, con Verónica Sánchez, Ruth Díaz, Macarena Gómez, Estíbaliz Gabilondo e Lluvia Rojo entre outros intérpretes.
En televisión participou nun episodio da serie El comisario, no ano 2006. En 2008, conseguiu un papel na serie de Antena 3 TV El síndrome de Ulises. A finais dese mesmo ano comezou o musical Enamorados anónimos.
En 2009 gravou o tema do seu pai No puedo enamorarme de ti, para a banda sonora do filme de Roberto Santiago Al final del camino, protagonizada por Malena Alterio e Fernando Tejero.
En 2013 estrenou na cadea Antena 3 a serie El tiempo entre costuras, na que dá vida á personaxe de Jámila. En 2014 participou nun capítulo da serie de TVE Cuéntame cómo pasó coma Chelo, unha importante testemuña dunha trama de policías corruptos. En 2015 pasou a formar parte da nova serie de Antena 3 Vis a vis, onde interpreta a Saray Vargas, unha xove de etnia xitana que se enfronta a unha pena de 4 anos de cárcere por asalto con violencia.
O 25 de abril de 2017 apareceu xunto a Úrsula Corberó no programa de televisión El hormiguero para promocionar o seu último proxecto, La casa de papel, que se estreou o 2 de maio de 2017.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Filmes
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Director |
---|---|---|---|
2005 | El Calentito | Amaya | Chus Gutiérrez |
2006 | Los managers | Moza do cásting | Fernando Guillén Cuervo |
2015 | La memoria del agua | Carmen | Matías Bize |
2021 | Las cartas perdidas | Amparo Climent | |
2023 | Te estoy amando locamente | Lole | Alejandro Marín |
Series de televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Canle | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|---|
2006 | El comisario | Telecinco | Sohara | 1 episodio |
2008 | El síndrome de Ulises | Antena 3 | Arabia Salazar | 1 episodio |
2013 | Vicente Ferrer | La 1 de TVE | Shamira | Telefilme |
El tiempo entre costuras | Antena 3 | Jámila | 5 episodios | |
2014 | Cuéntame cómo pasó | La 1 de TVE | Chelo | 1 episodio |
2015 - 2019 | Vis a vis | Antena 3 / FOX España | Saray Vargas de Jesús | 39 episodios |
2017 - 2021 | La casa de papel | Antena 3 / Netflix | Ágata Jiménez «Nairobi» | 40 episodios |
2020 | Vis a vis: El Oasis | FOX España | Saray Vargas de Jesús | 1 episodio |
2021 | Maricón perdido | TNT España | Lola | 4 episodios |
2022 | Sagrada familia | Netflix | Caterina | 8 episodios |
Teatro
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Autor/a | Director/a |
---|---|---|---|
2016 | La rosa tatuada | Tennessee Williams | Carme Portaceli |
Drac Pack | Najwa Nimri, Emilio Tomé e Carlos Dorrego | Fernando Soto | |
2017 | Troyanas | Eurípides, versión de Alberto Conejero | Carme Portaceli |
2019 | La excepción y la regla | Bertolt Brecht | Catalina Lladó |
2021 | Shock 2 (La Tormenta y la Guerra) | Albert Boronat, Juan Cavestany, Andrés Lima e Juan Mayorga | Andrés Lima |
Premios
[editar | editar a fonte]- Premios Ondas
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2015 | Mellor intérprete feminino en ficción (ex aequo elenco feminino) | Vis a vis | Gañadora |
- Premios da Unión de Actores
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2015 | Mellor actriz secundaria de televisión | Vis a vis | Nomeada |
- Premios Feroz
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2016 | Mellor actriz secundaria nunha serie | Vis a vis | Nomeada |
2017 | Mellor actriz secundaria nunha serie | La casa de papel | Gañadora |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alba Flores na IMDb (en inglés).