Nadia de Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nadia de Santiago
Nadia de Santiago - Seminci 2015.jpg
Nome completoNadia De Santiago la mejor
Nacemento3 de xaneiro de 1990
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactriz
Na rede
http://www.nadiadesantiago.es
IMDB: nm1235867 Twitter: nadiasantiago90 Instagram: nadiadesantiago90 Musicbrainz: 2b3cddbc-7c5f-44e0-99a8-7a9e002bcde8 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nadia de Santiago Capell, nada en Madrid o 3 de xaneiro de 1990, é unha actriz española coñecida tanto polo seu papel en Las trece rosas como polo de Asunción Muñoz en Amar en tiempos revueltos, a súa secuela Amar es para siempre[1] e polo seu papel de Marga Suárez na exitosa serie de Netflix Las chicas del cable.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a súa carreira como actriz moi nova participando en películas coma Clara y Elena, La soledad era esto e El florido pensil. Tamén nos seus comezos, presentou programas infantís tales coma Aquatrix (1999) e El submarino Azul (2000).

En 2002 conseguiu o seu primeiro papel regular na serie Javier ya no vive solo de Telecinco.[1] Tamén formou parte do reparto recurrente das series Ana y los siete (2004) de Television Española, Al filo de la ley (2005) de Televisión Española e Cambio de Clase (2006-2009) de Disney Channel. Ademais, tamén tivo participacións episódicas nas series de grande éxito nacional como Los hombres de Paco de Antena 3, Hospital Central e El Comisario, ambas de Telecinco.

No cinema participou en diversos filmes como Alatriste (2006), de Agustín Díaz Yanes ou Las 13 rosas (2007), de Emilio Martínez Lázaro coa que conseguiu unha nominación nos Premios Goya e outra na Unión de Actores. [2]

En 2009 incorporouse ao reparto da serie de Antena 3 90-60-90, diario secreto de una adolescente, onde interpretou a Luz. Ese mesmo ano tamén participou na primeira tempada da serie La señora de Televisión Española. En 2010 incorporouse á sexta tempada da serie Amar en tiempos revueltos, de Televisión Española. Nela interpretou a Asunción Muñoz ata o final de dieta serie que foi cancelada pola súa baixa audiencia na séptima tempada.[3] Porén, Nadia seguiu interpretando a Asunción Muñoz en Amar es para siempre, a continuación de Amar en tiempo revueltos que se emite en Antena 3 ata a súa terceira tempada. [4]

En 2011 estreouse a serie de suspense de Telecinco Punta Escarlata, onde compartiu reparto con Carles Francino e Antonio Hortelano.[5] Tamén ese ano protagonizou a miniserie de Antena 3 Sofía, un biopic sobre a Raíña Sofía de España. Nadia interpretou a unha xove Sofía de Grecia xunto a Jorge Suquet e Emma Suárez entre outros. [6]En 2013 participou na miniserie de Telecinco Niños Robados, onde interpretou a Conchita, unha xove á que lle arrebatan o seu bebé recén nado nada máis dar a luz.[7]

Durante a súa participación en distintas series de televisión, Nadia tamén formou parte de diversos proxectos cinematográficos como Ali (2012) de Paco R. Baños, Musarañas (2014) de Juanfer Andrés e Estaban Roel e Stop over in hell (2016) de Víctor Matellano.[8][9][10]

No ano 2016 actuou como personaxe episódica nas series de Televisión Española El Ministerio del Tiempo e El Caso. Crónica de sucesos.[11]

En 2017 protagonizou a primeira tempada da serie de Netflix Las chicas del cable xunto a Blanca Suárez, Maggie Civantos e Ana Fernández entre outras.[12] En maio de 2017 a plataforma anunciou a segunda tempada da serie estrenada arredor de decembro de 2017 ao mesmo tempo que comunicou a renovación por unha terceira tempada no estreno de 2018. Actualmente a serie concluíu coa entrega da súa cuarta entrega, con ela deuse fin ás súas protagonistas.[13]

En 2021 estrenouse en Netflix El tiempo que te doy, unha serie conceptual de capítulos breves, que narra unha relación sentimenntal, na cal Nadia é a protagonista e creadora da serie. Os premios Feroz 2022 nominaron a obra á mellor serie dramática, e a mellor actriz principal (a propia Nadia de Santiago) e actor principal (Álvaro Cervantes).

Filmografía[editar | editar a fonte]

Series de televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Cadea Personaxe Notas
2002-2006 Hospital Central Telecinco Vanesa/Almudena 3 episodios
2002-2003 Javier ya no vive solo Telecinco Raquel 26 episodios
2003 Paraíso La 1 Carmen 1 episodio
2004 Ana y los siete La 1 Andrea Hidalgo 20 episodios
2004-2006 El Comisario Telecinco Berta/Raquel 2 episodios
2005 Al filo de la ley La 1 Carla 7 episodios
Los Serrano Telecinco Sandra 1 episodio
2005-2006 Los hombres de Paco Antena 3 Kira 5 episodios
2006-2009 Cambio de clase Disney Channel Mfalda "Mafi" 69 episodios
2007 Cuenta atrás Cuatro Bea 1 episodio
2009 90-60-90, diario secreto de una adolescente Antena 3 Luz Varela 8 episodios
La Señora La 1 Carmelita 8 episodios
2010-2012 Amar en tiempos revueltos La 1 Asunción "Asún" Muñoz 504 episodios
2011 Sofía Antena 3 Princesa Sofia de Grecia y Dinamarca 2 episodios
Punta Escarlata Telecinco Lucía Castro 9 episodios
2013 Niños robados Telecinco Conchita 2 episodios
Mirabilis Cecilia Web series 6 episodios
2013-2015 Amar es para siempre Antena 3 Asunción "Asún" Muñoz 469 episodios
2016 El Ministerio del Tiempo La 1 Rosa del Amo 1 episodio
El Caso: Crónica de sucesos La 1 Amelia Coso 1 episodio
2017-2020 Las chicas del cable Netflix María Inmaculada "Marga" Suárez 42 episodios
2021 El tiempo que te doy Netflix Lina Ruiz 10 episodios

Programas de televisión[editar | editar a fonte]

Ano Programa Notas
1999 Aquatrix Presentadora
2000 El Submarino Azul Presentadora

Filmes[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
2001 Clara y Elena Elena de nena Secundario
2002 Esta noche, no Nina Protagonista
La soledad era esto Elena Protagonista
El florido pensil Nena do concurso Secundario
2005 Otros días vendrán Vega Protagonista
Via y color Sara Protagonista
2006 La hora fría Ana Secundario
Alatriste Angélica de adolescente Protagonista
2007 Las 13 rosas Carmen Protagonista
2009 La mujer sin piano Clienta Javen Secundario
2012 Ali Ali Protagonista
2014 Musarañas A nena Protagonista
2016 Stop Over in Hell Rose Protagonista
2019 El increíble finde menguante Sira Secundario
522. Un gato, un chino y mi padre Secundario

Curtametraxe[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
2002 Recuerdos de mamá Elenita
2007 Test
2010 Mi otra mitad Andrea
2013 La sorpresa de Aquinara Nadia
2014 La cañada de los ingleses Sirena
2016 Camada Irene
Postales Chicas
2017 Dos segundos de silencio Irene
Orgullo nacional Manuela
2018 4,9
2019 Gladiadores Ella

Teatro[editar | editar a fonte]

Ano Obra Director
2014 Cuatro confesiones Bárbara Santa-Cruz
2015 La novia de papá Joe O'Curneen

Premios e nominacións[editar | editar a fonte]

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2007 Mellor actriz revelación Las 13 rosas Nominada

Premios Feroz[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2021 Mellor actriz protagonista de serie El tiempo que te doy Nominada

Premios Forqué[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2021 Mellor actriz de televisión El tiempo que te doy Nominada

Premios da Unión de Actores[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2007 Mellor actriz de reparto de cinema Las 13 rosas Nominada


Gañadora da Biznaga de Prata á mellor actriz pola curtametraxe no Festival de cinema de Málaga por Test (2008).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Qué fue de... los actores de la serie 'Javier ya no vive solo' 15 años después". Bekia. Consultado o 18/07/2022. 
  2. "Nadia de Santiago: "Lo mejor fue conocer a mi personaje en la vida real"". 20 minutos. Consultado o 18/07/2022. 
  3. "Nadia de Santiago es Asunción Muñoz". RTVE. Consultado o 18/07/2022. 
  4. "Nadia de Santiago seguirá en ‘Amar es para siempre’". Diario de León. Consultado o 18/027/2022. 
  5. "'Punta Escarlata', despunta este verano en Telecinco pero... ¿Sabés quién es quién en esta serie?". Hola. Consultado o 18/07/2022. 
  6. "Nadia de Santiago dará vida a la Reina en la TV movie "Sofía"". Formula TV. Consultado o 18/07/2022. 
  7. "Nadia de Santiago sufre el robo de su bebé en 'Niños Robados'". Chance. Consultado o 18/07/2022. 
  8. "La película 'Ali', protagonizada por Nadia de Santiago y Verónica Forqué, llega a los cines". Chance. Consultado o 18/07/2022. 
  9. "Nadia de Santiago y Macarena Gómez, de 'Musarañas': "Rodar en una casa nos ha ayudado a expresar la tensión"". e.cartelera. Consultado o 18/07/2022. 
  10. "Comienza el rodaje en Almería de "Stop Over in Hell. Parada en el infierno"". El Confidencial. Consultado o 18/07/2022. 
  11. "Velázquez cambia de color en ‘El Ministerio del Tiempo’: “Por primera vez veremos los momentos dramáticos del pintor”". Diez Minutos. Consultado o 200722. 
  12. "Netflix ficha a Nadia de Santiago para 'Las chicas del cable'". El Confidencial. Consultado o 20/07/22. 
  13. "La historia de las telefonistas de Netflix continuará hasta, al menos, su tercera temporada.". Fotogramas. Consultado o 20/07/2022.