Angy Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Angy
Angy Fernández.jpg
Angy Fernández na premier da película Alicia no país das marabillas no 2010.
Nome completoÁngela Fernández
Nacemento5 de setembro de 1990 (28 anos)
OrixePalma Flag of the Balearic Islands.svg
OcupaciónCantante e actriz
Instrumento(s)voz
Na rede
http://www.angyweb.es/
editar datos en Wikidata ]

Ángela María Fernández González, coñecida co nome artístico de Angy, nada o 5 de setembro de 1990 en Palma, é unha cantante e actriz española. Saltou á fama grazas a ser finalista do programa de televisión Factor X de Cuatro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2007 presentouse ao cásting do programa musical Factor X da canle española Cuatro, conseguindo chegar á parte final do programa dentro da categoría de entre 16 e 24 anos.

Publicou o seu primeiro álbum o 12 de febreiro de 2008 coa discográfica Sony BMG, co título de Angy. O disco, de doce cancóns, tivo o tema "Sola en silencio" como primeiro sinxelo. No álbum mestura de inéditos e versións interpretados en castelán e inglés, cun estilo pop-rock moi tradicional. É un reflexo da grande versatilidade e posibilidades de Angy, que xa o demostrou en Factor X, acadando o segundo lugar.

Dende finais do ano 2007 comezou tamén a súa faceta como actriz na serie Física o química, que se emitiu en Antena 3. En 2011 participou no novo talent show de Antena 3 Tu cara me suena, resultando a gañadora desa primeira edición.

Durante o ano 2012 Angy foi colaboradora do programa Avanti ¡que pase el siguiente! de Antena 3 presentado por Carlos Sobera onde realizaba probas musicais.

Actuacións en Factor X
Programa Canción
1 "Serenade" de Dover
2 "Torn" de Natalie Imbruglia
3 "Duele el amor" de Aleks Syntek e Ana Torroja
4 "The Look" de Roxette
5 "We Will Rock You" de The Queen
6 "Fallin'" de Alicia Keys

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]