Saltar ao contido

Desirée Vila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDesirée Vila

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1998 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Gondomar, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta paralímpica, ximnasta acrobática Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo paralímpico Editar o valor en Wikidata

Sitio webdesirevila.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: desivila98 Twitter: desivila98 Instagram: desivila98 Editar o valor en Wikidata

Desirée Vila Bargiela, a miúdo coñecida como Desi Vila, nada en Gondomar o 15 de xuño de 1998,[1] é unha atleta paralímpica galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a practicar ximnasia acrobática en 2012 co Club Flic Flac de Vigo. Ese mesmo ano proclamouse campioa de Galicia co seu equipo no Pavillón das Travesas de Vigo e ao ano seguinte quedou subcampioa de Galicia no Pavillón dos Remedios de Ourense. En 2014 volveu ser campioa de Galicia no Complexo Deportivo Oira de Ourense, foi campioa de España no Pavillón das Travesas, finalizou vixésimo sexta no VIII Maia International Acro Cup de Portugal e participou no Campionato do Mundo en París, no que ficou en décimo novena posición na categoría entre 11 e 16 anos.[2]

O 26 de febreiro de 2015, durante un adestramento co seu club, mancouse tras unha caída. Tras un primeiro diagnóstico no Hospital da Nosa Señora de Fátima, foi trasladada ao centro médico O Castro, onde ingresou con fractura de tibia e peroné na perna dereita. O 2 de marzo foi derivada ao Hospital Povisa, pero dada a imposibilidade de recuperar a zona afectada por unha isquemia, o 4 de marzo foille practicada a amputación da perna.[3][4]

Desirée Vila en 2018.

O atraso no diagnóstico, por omitir unha serie de probas, xunto con outras demoras posteriores, provocou a celebración dun xuízo que tivo lugar o 16 de xaneiro de 2017. O 16 de marzo do mesmo ano, ditouse sentenza contra o doutor da primeira diagnose, que foi condenado a dous anos de cadea, catro anos de inhabilitación profesional e a unha indemnización de 2 154 684 euros.[5][6] Porén, en xaneiro de 2019 a Audiencia Provincial de Pontevedra estimou o recurso presentado e rebaixou a pena a unha multa de 9000 euros, á vez que reduciu a contía das indemnizacións.[7]

Trala amputación, Desirée Vila continuou a recuperación na casa, en rehabilitación e en ortopedia. Despois de probar o tenis en cadeira, o baloncesto e a natación,[8] en 2018 comezou a practicar atletismo. No Campionato de España por Clubs de Atletismo Adaptado 2018, celebrado en Fuenlabrada, proclamouse campioa de España nos 100 metros (cunha marca de 20,49) e en salto de lonxitude (cunha marca de 2,94).[9] No Campionato Europeo de Atletismo Paralímpico de Berlín competiu en salto de lonxitude, no que finalizou sexta (2,74), e nos 100 metros, onde foi descualificada na final.[10] Posúe o récord nacional da súa categoría nos 100 metros (20,03) e en salto de lonxitude (2,94).

En xuño de 2018 publicou Lo único incurable son las ganas de vivir, libro autobiográfico no que narra as súas vivencias e como se adaptou á nova situación.[10][11][12] Despois de estudar Turismo durante dous anos na Universidade Christ Church de Canterbury (Inglaterra) e en Malta,[9][13][14] en setembro de 2018 trasladouse a Madrid, onde estuda Relacións Internacionais na Universidade Rei Xoán Carlos á vez que adestra no Centro de Alto Rendemento, co obxectivo de participar nos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020.[8]

  1. Berlin 2018 World Para Athletics European Championships. "VILA BARGIELA Desiree" (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2019. 
  2. "Una pierna 'nueva' para una campeona". El Mundo. 26 de abril de 2015. Consultado o 10 de marzo de 2019. 
  3. "Desirée Vila, una historia de superación: "Uno no elige su destino, pero sí la actitud con la que vivir su vida"". Faro de Vigo. 4 de marzo de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  4. Lois, Elisa (22 de xaneiro de 2017). "El abrupto fin del sueño de Desirée Vila, acróbata de élite de 16 años". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  5. "«He recibido la sentencia más dura en la historia de la medicina en España»". La Voz de Galicia. 18 de marzo de 2017. Consultado o 22 de xaneiro de 2019. 
  6. "Dos años de cárcel para el médico del caso de Desirée Vila, la gimnasta de Vigo a la que amputaron una pierna". Faro de Vigo. 16 de marzo de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  7. "Rebajan de prisión a multa la condena al traumatólogo por las lesiones a la gimnasta que acabó con la pierna amputada". 20minutos.es. 28 de xaneiro de 2019. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  8. 8,0 8,1 "Desirée Vila, de gimnasta acrobática en el equipo nacional a atleta paralímpica". Marca. 27 de novembro de 2018. Consultado o 22 de xaneiro de 2019. 
  9. 9,0 9,1 "La viguesa Desirée Villa, una atleta que trabaja para el sueño olímpico". Atlántico. 8 de maio de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  10. 10,0 10,1 "Desirée Vila, de gimnasta a atleta por culpa de una negligencia médica". El Confidencial. 26 de agosto de 2018. Consultado o 22 de xaneiro de 2019. 
  11. crtvg.es (ed.). "Desirée Vila, unha historia de superación publica libro". Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  12. "Desirée Vila: "Cuando me amputaron pensé que no encontraría un deporte como la gimnasia"". 20minutos.es. 27 de setembro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  13. "Desirée, una nueva vida en Canterbury". La Voz de Galicia. 21 de marzo de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  14. "Desirée Vila: "Confiaba en ganar el juicio, porque las cosas se hicieron mal y las pruebas están ahí"". Faro de Vigo. 18 de marzo de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]