Saltar ao contido

Paula Echevarría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaula Echevarría

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Paula Echevarría Colodrón Editar o valor en Wikidata
7 de agosto de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Candás, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeDavid Bustamante (2006–2018) Editar o valor en Wikidata
ParellaMiguel Torres Gómez (2018–) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1309844 Allocine: 238084
Instagram: pau_eche Editar o valor en Wikidata

Paula Echevarría Colodrón, nada en Candás (Carreño) o 7 de agosto de 1977, é unha actriz e modelo asturiana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus inicios na pequena pantalla danse en series tan populares como Al salir de clase, Policías, Compañeros ou London Street. Con todo, o papel que a deu a coñecer foi o de Clara Osma na serie de Telecinco, El Comisario, unha serie de gran popularidade e audiencia. Echevarría participou nesta serie durante tres anos, desde 2004. A actriz foi tamén unha das reporteiras do programa Emisión Imposible, emitido durante o verán do 2000 en Telecinco.

A súa fama incrementouse trala súa relación co famoso cantante español David Bustamante, con quen casou o 22 de xullo de 2006 na Basílica de Santa María a Real de Covadonga en Asturias, terra natal da actriz.

No cine traballou en películas como El chocolate del loro, de Ernesto Martín, Carmen de Vicente Aranda ou Rojo intenso de Javier Elorrieta. Tamén protagoniza Luz de domingo (2007) e Sangre de mayo (2008), ambas de José Luís Garci. As dúas películas obtiveron numerosas candidaturas aos Premios Goya da Academia de Cine de España.

No plano persoal, o 17 de agosto de 2008 Paula e o seu marido David Bustamante foron pais dunha pequena chamada Daniella.[1]

Paula Echevarría é na actualidade unha das protagonistas da exitosa serie Gran Reserva, unha das principais apostas de ficción de Televisión Española. Nela, Echevarría ten un papel principal, o de Lucía Reverte, e coincide con Ángela Molina e Emilio Gutiérrez Caba.

Paula compaxina o seu labor de actriz coa de presentadora de galas e imaxe de varias marcas publicitarias como Blanco, Pantene Style, Decleor, Vitalinea ou Nintendo e firmas internacionais como Intimissimi, North Sails ou Double Agent. Ademais, leva a cabo un exitoso blog de moda enmarcado dentro da web da revista Elle chamado "Tras la pista de Paula".[2]

No outono de 2012 a actriz estrea o seu primeiro filme de terror psicolóxico, Vulnerables do director Miguel Cruz.

Dende 2013 protagoniza a serie de Antena 3 Velvet xunto a Miguel Ángel Silvestre.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Película Director Personaxe
2002 Peor imposible, ¿qué puede fallar? José Semprún
2002 Machín, toda una vida Nuria Villazán
2003 Carmen Vicente Aranda Marisol
2004 El chocolate del loro Ernesto Martín Patricia
2005 Las locuras de Don Quijote Rafael Alcázar Altisidora
2006 Rojo intenso Javier Elorrieta Ana
2007 Luz de domingo José Luis Garci Estrella
2008 Sangre de mayo José Luis Garci Inés
2012 Vulnerables Miguel Cruz Carla

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Serie Personaxe
2000 Emisión Imposible Reporteira
2000 7 vidas Rocío
2000 Compañeros -
2001 Mi teniente -
2001 Policías Eva
2001 Al salir de clase Berta
2003 London Street Nuria
2003 - 2007 El comisario Clara Osma
2010 - presente Gran Reserva Lucía Reverte
2013- Velvet Ana
Ano Obra Director Personaxe
2002 Diez negritos Ricard Reguant Vera Claythorne
Ano Obra Director Personaxe Notas
2010 A contracorriente Micropunto Films Ela mesma Videoclip de David Bustamante
2011 El bizcocho Lola Guerrero - Curtametraxe

Premios e candidaturas

[editar | editar a fonte]

2008

2010

2011

  • Premio Pétalo Cosmopolitan Televisión á Muller do ano
  1. "Paula e David pais por primeira vez". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2009. Consultado o 19 de febreiro de 2013. 
  2. Blog oficial de Paula Echevarría
  3. "Primeira edición do Premio Muller Cosmopolitan "Fun Fearless Female"". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o 19 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]