Andreu Buenafuente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndreu Buenafuente

(2021) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Andreu Buenafuente Moreno Editar o valor em Wikidata
24 de xaneiro de 1965 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Reus, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión , empresario , director de programa , xornalista , humorista , humorista , actor de dobraxe Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSilvia Abril Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaite Buenafuente Moreno (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webandreubuenafuente.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0119174 Allocine: 510980
Facebook: andreubuenafuente Twitter: Buenafuente Instagram: andreubuenafuente Editar o valor em Wikidata
Andreu Buenafuente.

Andreu Buenafuente Moreno, nado en Reus o 24 de xaneiro de 1965, é un humorista, presentador e produtor catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xornalismo[editar | editar a fonte]

Empezou no xornalismo aos dezasete anos en Radio Reus (COPE), ocupándose da información deportiva. En 1989 presentou un programa propio na Cadena SER Cataluña, El Terrat. Co obxectivo de contratar os seus propios colaboradores fundou El Terrat, unha empresa propia dedicada á «produción televisiva, radiofónica, publicitaria e cibernauta».

As súas primeiras aparicións televisivas foron no programa Tot per l'audiencia de TV3, conducido por Javier Sardá. O éxito chegoulle na mesma cadea con Sense Títol (e a súa secuela), e sobre todo co late show La Cosa Nostra: 268 programas de luns a xoves cada semana. Tempo logo da súa finalización (rodeada de polémica e lendas urbanas), iniciaría en outubro de 2002 un novo programa de similar contido pero distinto formato, emitíndose no prime time do martes en TV3: Una altra cosa. En xuño de 2004 terminou este programa e Buenafuente aceptou unha oferta de Antena 3 para traballar a nivel estatal.

O 11 de xaneiro de 2005 o seu novo programa foi estreado: Buenafuente. Emitido na franxa de late night do martes, mércores e xoves, obtivo resultados de audiencia moi por encima do esperado nos seus primeiros meses. Tras un ano en pantalla renovou ata polo menos un ano máis.

Andreu Buenafuente tamén produciu e creou un bo número de distintos formatos televisivos desde El Terrat. Ademais, ten no mercado diversos libros recompilando os seus monólogos.

Colaborou nos xornais Diari de Tarragona, Sport, El País, Nou Diari ou La Vanguardia, así como colaboracións no País Semanal, Dominical ByN e a revista Marie Claire.

Outras actividades[editar | editar a fonte]

Andreu Buenafuente asinando libros na Diada de Sant Jordi.

En teatro dirixiu varias obras como Ustedes se preguntarán cómo he llegado hasta aquí (xunto con Santi Millán e protagonizado por Paz Padilla), 20 anys i unha nit (con Nina) e a montaxe "Sotinho" (con Eduard Soto).

En cine, Santiago Segura contou con el para a saga de Torrente: Torrente: El brazo tonto de la ley, Torrente 2: Misión en Marbella e Torrente 3: El protector. Aparece como domingueiro zoupón ou veciño catalán. Tamén participou en Lo mejor que le puede pasar a un cruasán.

En Internet, Buenafuente e Santi Millán propulsaron o proxecto Captura.org, sobre a fotografía espontánea dixital.

Traxectoria na televisión[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]