Lola Índigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lola Índigo
Mimi Doblas con sam vazquez biskaia arena 24-6-18.jpg
Nome completoMiriam Doblas Muñoz
AliasMimi, Mimi Doblas, Lola Índigo
Nacemento23 de abril de 1992
OrixeMadrid
OcupaciónCantante, bailarina
Instrumento(s)Voz
Na rede
Twitter
Facebook
Ficha na IMDb
editar datos en Wikidata ]

Miriam Doblas Muñoz, nada en Madrid o 1 de abril de 1992, popularmente coñecida como Lola Índigo,[1][2] é unha cantante e bailarina española. O seu primeiro sinxelo "Ya no quiero ná" alcanzou a certificación de dobre disco de platino en decembro de 2018.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Miriam Doblas naceu en Madrid na primavera de 1992, pero foi criada dende pequena na localidade granadina de Huétor-Tájar, de onde se sente natural.[4][5]

Comezou moi nova no mundo artístico, destacando a súa faceta como bailarina e coreógrafa. Foi profesora de baile e incluso chegou a participar nalgúns musicais. Como bailarina traballou na China e Os Ánxeles xunto a artistas de renome como Chris Brown, Miguel Bosé, Sweet California, Enrique Iglesias, Marta Sánchez e The Baseballs.[4][6]

No ano 2010 participou no talent Fama Revolution de Cuatro.[7]

2017: Paso por Operación Triunfo[editar | editar a fonte]

Coñecida inicialmente como Mimi ou Mimi Doblas, foi a primeira expulsada de Operación Triunfo 2017, concurso emitido en La 1 de Televisión Española en horario de máxima audiencia.[8]

2018-presente: primeiros lanzamentos[editar | editar a fonte]

Non foi ata despois do seu paso polo concurso musical cando conseguiu certa popularidade en España, xa co nome de Lola Índigo,[9] tras publicarse en xullo de 2018 o seu primeiro sinxelo, "Ya no quiero ná", que superou os nove millóns de reproducións en Spotify, entrou na lista dos cincuenta temas máis virais do mundo, e o videoclip acumula máis de cincuenta e un millóns de reproducións en YouTube.[10][11] O tema foi definido como unha mestura de estilo trap, feminismo e funk,[8] e ponse en escena cun corpo de baile que forma Mónica Peña, Saydi Lubanzadio, Laura Ruiz e Claudia Riera, todas elas capitaneadas por Lola Índigo e saídas do reality Fama, ¡a bailar! 2018, agás Laura Ruiz.[12]

Ese mesmo ano, formou parte do elenco de concursantes da sétima edición de Tu cara me suena, en Antena 3[13] quedando en cuarto lugar.[14]

En decembro gravou xunto ós seus compañeiros de OT 2017 Aitana, Ana Guerra, Agoney Hernández e Raoul Vázquez, e o rapeiro canario Maikel Delacalle a canción «El mundo entero» para a marca Coca Cola, xunto cun anuncio televisivo.[15]

O 14 do mesmo mes publicou «Borracha (Remix)», canción na que colaborou xunto a Juan Magán e De la Ghetto co cantante Yera.[16] Unha semana máis tarde, o 21 de decembro, lanzou o seu segundo sinxelo, titulado «Mujer bruja», acompañada da cantante Mala Rodríguez.[17]

O 22 de xaneiro de 2019 publicou o sinxelo «Fuerte».[18]

Discografía[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. vanitatis.elconfidencial.com (20 de xullo de 2018). "Lola Índigo (Mimi de 'OT 2017') conquista con 'Ya no quiero na', seu primeiro single". 
  2. cosmopolitan.com (4 de outubro de 2018). "Lola Índigo se marca una actuación digna de los MTV en la gala 2 de 'OT' 2018". 
  3. Añover, Antonio (2018-12-04). "Lola Índigo recibe o dobre platino por «Ya no quiero ná»" (en castelán). La Razón. Consultado o 2019-02-03. 
  4. 4,0 4,1 rtve.es (20 de outubro de 2017). "Operación Triunfo 2017 - Mimi é concursante de OT". 
  5. diezminutos.es (7 de novembro de 2017). "Mimi, primeira expulsada de 'OT' polo público". 
  6. formulatv.com (2018). "Biografía de Mimi (Lola Índigo)". 
  7. telecinco.es (25 de xullo de 2018). "Lola Índigo - Mimi triunfou no casting de Fama fai oito anos". 
  8. 8,0 8,1 elpais.com (27 de xullo de 2018). "Lola Índigo: “No consumo cancións con mensaxe machista”". 
  9. los40.com (2 de xullo de 2018). "Mimi de OT agora é Lola Índigo". 
  10. ideal.es (23 de agosto de 2018). "La granadina Mimi Doblas se desliga de Operación Triunfo e lanza Lola Índigo". 
  11. YouTube (19 de xullo de 2018). "Vídeo de Lola Índigo - Ya No Quiero Ná". 
  12. lavanguardia.com (10 de novembro de 2018). "Lola Índigo hipnotiza Barcelona co seu delirio rítmico". 
  13. as.com (4 de outubro de 2018). "OT 2018: A extriunfita Lola Índigo marcase o ‘numerazo’ da gala. Alfonso expulsado". 
  14. "Final de Tu cara me suena 7: María Villalón imponse como gañadora coa súa imitación de Pasión Vega". ELMUNDO (en castelán). 2019-02-09. Consultado o 2019-02-12. 
  15. "Los ‘triunfitos’ de 2017, protagonistas do primeiro anuncio do ano". El Mundo (en castelán). 21 de diciembre de 2018. Consultado o 23 de decembro de 2018. 
  16. formulatv.com (10 de decembro de 2018). "El remix de "Borracha", tema coa colaboración de Lola Índigo, sae á venta o 14 de decembro". Consultado o 31 de decembro de 2018. 
  17. elespanol.com (21 de decembro de 2018). "Así soa o novo de Lola Índigo: 'Mujer bruja'". Consultado o 31 de decembro de 2018. 
  18. "Fuerte, la canción de Fama de Lola Índigo: letra e vídeo". El Mundo. Consultado o 23 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]