James e Oliver Phelps

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
James e Oliver Phelps
James and Oliver Phelps - Lucca Comics and Games 2011 - 2.jpg
Profesióncineasta
editar datos en Wikidata ]

James Andrew Eric Phelps e Oliver Martyn John Phelps, nados o 25 de febreiro de 1986, son dous actores xemelgos ingleses. Son coñecidos polos seus respectivos papeis nos filmes de Harry Potter como Fred e George Weasley.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

James e Oliver Phelps naceron en Sutton Coldfield, en Birmingham, o 25 de febreiro de 1986. Son os únicos fillos de Susan (nada Spare) e Martyn Phelps. Oliver é o maior dos dous por 13 minutos. Os xemelgos asistiron á Escola Primaria Little Sutton e á Escola Secundaria Arthur Terry. Durante a rodaxe da serie de filmes Harry Potter, foron titorizados no set de rodaxe.[1]

No ano 2000, e malia non ter experiencia previa na interpretación, os xemelgos faltaron á escola para asistir a unha audición aberta en Leeds. Logo de seis audicións, os xemelgos foron escollidos para intepretar a Fred e George Weasley no filme Harry Potter e a pedra filosofal.[1] Logo da primeira sesión de lectura do guión, James foi escollido para o papel de Fred e Oliver para o de George.

Ademais de actuar, James Phelps traballou como parte do equipo de rodaxe de Harry Potter e o misterio do príncipe e en The Da Vinci Code.[2] En 2009, os xemelgos apareceron no quinto episodio da terceira tempada da serie Kingdom.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Película Personaxe de

James

Personaxe de

Oliver

2001 Harry Potter e a pedra filosofal Fred Weasley George weasley
2002 Harry Potter e a Cámara dos Segredos
2004 Harry Potter e o preso de Azkaban
2005 Harry Potter e o Cáliz de fogo
2007 Harry Potter e a Orde do Fénix
2009 Harry Potter e o misterio do príncipe
2010 Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)
2011 Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte)


Videoxogos
Ano Título Papel de James Papel de Oliver Notas
2007 Harry Potter and the Order of the Phoenix Fred Weasley (voz) George Weasley (voz) Videoxogo
2010 Harry Potter and the Deathly Hallows – Part 1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Oliver and James Phelps Full Q&A Oxford Union". 
  2. "Harry Potter and the magical Midlanders, icBirmingham". Icbirmingham.icnetwork.co.uk. 15 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 29 de xullo de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]