Berto Romero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Berto Romero
BERTO NSN 2.png
Berto
Nome completoAlberto Romero Tomás
Alcume/outrosBerto
Nacemento17 de novembro de 1974 (44 anos)
LugarCardona, Barcelona, España, España
NacionalidadeEspaña
Fillos3
ProfesiónHumorista, actor
Coñecido/a porBuenafuente (programa de televisión)
http://fangazing.com/berto/
editar datos en Wikidata ]

Alberto Romero Tomás, nado en Cardona (provincia de Barcelona) o 17 de novembro de 1974, é un humorista, guionista e actor catalán, máis coñecido coma Berto Romero. Participou nos programas de humor Buenafuente (La Sexta) e Buenas noches y Buenafuente (Antena 3), e foi columnista do xornal Público. Actualmente presenta xunto a Andreu Buenafuente o programa de radio da Cadena SER Nadie sabe nada, onde improvisan temas propostos polo público.

Teatro[editar | editar a fonte]

La apoteosis necia[editar | editar a fonte]

Na compañía El Cansancio empezou a súa carreira no mundo do teatro e o humor polo ano 2004 co seu monólogo La apoteosis necia. Era un texto atrevido, que combinaba humor intelixente e cancións escritas polo propio Berto e acompañadas por un guitarrista (Marc Martínez, que máis tarde sería substituído por Ivan Rodríguez).

Con este monólogo, El Cansancio empezou a percorrer vilas e teatros de España e comezou a recoller os froitos de anos de traballo. Finalmente, e tras sete anos de xira por España, Berto, Iván e Miquel (o director), puxeron punto final á representación deste monólogo no Teatro Coliseum de Barcelona, en tres únicas funcións os días 1, 2 e 3 de outubro de 2010. Estas tres únicas funcións contaron cos cameos de José Corbacho; o humorista Godoy; o guitarrista do programa "Buenafuente", Joan Eloi Vila; o grupo The Pinker Tones; o primeiro guitarrista, Marc Martínez; o "follonero", Jordi Évole e o responsábel de catapultar a Berto á fama, Andreu Buenafuente.

Radio[editar | editar a fonte]

  • La taverna del llop, colaborador coa sección El crític total (2002, Ràdio 4).
  • Ultimàtum a la Terra (2003, Ràdio 4).
  • Una mala tarda la té qualsevol (2004, Ràdio 4).
  • Dia a la vista, colaborador coa sección Univers Romero e La competència (2004, Ràdio 4).
  • L'incident Kàplan (2005, Ràdio 4).
  • Ramón (2005, para internet).
  • El ombligo de la luna, colaborador coa sección Cuarto Menguante (2006, RNE 1).
  • El matí i la mare que él va parir, colaborador (2007-2008, Ràdio Flaixbac).
  • Nadie sabe nada (2013-, Cadena SER).

Televisión[editar | editar a fonte]

Programas[editar | editar a fonte]

Series[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Premi Comunicació Regió 7 i Televisió de Manresa 2008.
  2. Premio al Mejor Actor Cómico del año Jaja Festival 2008
  3. "Mejor Actor Festival Al corto 2015 Berto Romero por '2037'". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2016. Consultado o 11 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]