Jordi Évole

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jordi Évole
Évole no 2009.
Nome completoJordi Évole Requena
Alcume/outrosEl Follonero
Nacemento21 de xullo de 1974 (49 anos)
LugarCornellà de Llobregat, Barcelona, Cataluña Cataluña
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade Autónoma de Barcelona
ProfesiónPresentador, humorista e guionista
Na rede
IMDB: nm1552859 Facebook: JordiEvole Twitter: jordievole Instagram: jordievole Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jordi Évole Requena, nado o 21 de xullo de 1974 en Cornellà de Llobregat, Barcelona, é un presentador, humorista e guionista catalán, anteriormente coñecido tamén como El Follonero. Dende 2008 a 2019 presentou o programa Salvados, na cadea de televisión laSexta, e tamén escribe artigos de opinión no diario La Vanguardia e anteriormente en Mundo Deportivo e El Periódico de Catalunya.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Cornellá de Llobregat, fillo dunha nai granadina, Antonia Requena Hidalgo, e pai estremeño, Gonzalo Évole Hurtado.[1] É primo segundo do presentador Jordi Hurtado, xa que o avó de Évole e o pai de Hurtado son curmáns orixinarios da vila cacereña de Garrovillas de Alconétar.[2] Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade Autónoma de Barcelona e comezou a traballar como locutor de partidos de fútbol rexional no programa Carrusel Cataluña (Radio Barcelona). Tamén traballou nos informativos de Telecinco e da Cadena SER, aínda que o seu primeiro contacto televisivo foi na televisión local de Viladecans, Viladecans Televisió.[1]

El Terrat[editar | editar a fonte]

En 2000 fichou como guionista de La cosa nostra, un programa que Andreu Buenafuente presentaba na cadea autonómica catalá TV3. Dende entón pertence ao equipo da produtora deste: El Terrat. Foi colaborador, subdirector e guionista do programa Buenafuente (Antena 3 e logo La Sexta) e interpretou a un dos seus personaxes máis famosos: El Follonero, un suposto crítico espontáneo do programa e da actualidade, sentado entre o público. Tamén participou na primeira xira teatral do grupo Terrat pack, onde visitou varias cidades españolas xunto a Andreu Buenafuente, José Corbacho e Berto Romero.

Deuse a coñecer polas súas participacións nos programas de Andreu Buenafuente ao que interrompía falando dende a bancada con preguntas comprometedoras e retranca.

Nunha das súas aparicións en Una altra cosa, nun gag preparado, "El Follonero" interrompeu a actuación en directo de Pau Donés (Jarabe de Palo) para alegar que este sempre cantaba o mesmo. A escena foi repetida nos zappings nacionais e a personaxe fíxose famosa.[3]

Salvados[editar | editar a fonte]

En 2008 comezou a presentar o seu propio programa de televisión na cadea laSexta, que ao principio constaba de varios capítulos dedicados á campaña electoral das eleccións xerais de 2008 como Salvados por la campaña, Salvados por la Iglesia ou Salvados por los toros. Co inicio da segunda tempada abandonou o seu carácter temático e pasou a emitirse semanalmente co nome de Salvados. Nas primeiras tempadas o humor estaba moi presente, pero foise diluíndo para dar paso a un espazo máis centrado no periodístico. Actualmente Salvados é un referente de programa crítico coa situación social, gañador de numerosos premios.[4][5]

O 23 de febreiro de 2014 emitiuse en La Sexta, o falso documental, dirixido por Évole, Operación Palace, no que, a través de testemuños de protagonistas da época como políticos ou periodistas, ofrecía unha nova versión dos acontecementos do golpe de stado do 23 de febreiro de 1981, segundo a cal todo era unha montaxe coñecida e autorizada por todos os partidos políticos que no momento contaban coa representación parlamentaria. A emisión alcanzou unha enorme repercusión na escrita e nas redes sociais, e converteuse na emisión non deportiva máis vista da historia da cadea, con 5,2 millóns de espectadores e un 23,9% de cota de pantalla. Só ao final do programa se dicía a verdade: que todo o que se contara no documental era falso.[6][7][8][9]

En 2016 Salvados estreou tempada con Astral, onde se conta a historia dun veleiro de luxo reconvertido cando o seu dono pensou que non podía seguir desfrutando do barco sabendo que había moita xente arriscando a súa vida lanzándose ao mar, o mesmo Mediterráneo polo que el navegaba, e cedeuno á ONG Proactive Open Arms. Previamente á emisión, Astral foi estreada nos cines.

En 2019 deixou de presentar Salvados despois de once anos, sendo substituído por Gonzo.[10] Dende febreiro de 2020 presenta na Sexta o programa de entrevistas Lo de Évole. En xuño realizou a última entrevista a Pau Donés, enfermo de cancro, só uns días antes da morte do cantante. A entrevista foi estreada en cines co título Lo que tú me das e emitida en televisión en febreiro de 2021 con grande éxito de audiencia.[11]

Outros traballos[editar | editar a fonte]

Jordi Évole tamén colabora con artigos de opinión no xornal La Vanguardia e en Mundo Deportivo.

Producciones del Barrio[editar | editar a fonte]

En outubro de 2015, Jordi Évole lanzou xunto a Ramón Lara a súa propia produtora: Producciones del Barrio.[12] Nesta nova etapa realizaron produtos como o documental Astral, ou os programas Malas Compañías (2017), presentado por Cristina Pardo e Bienvenidas al norte, bienvenidas al sur (2018).

Televisión[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 ""Aquí no sientes agobio turístico, aunque no guste a la hostelería"" (en castelán). 10 de abril de 2011. Consultado o 29 de outubro de 2019. 
  2. "Jordi Hurtado y Évole, primos extremeños" (en castelán). 24 de setembro de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2019. 
  3. ""El Follonero me ahorra el psiquiatra"" (en castelán). 5 de agosto de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  4. "Gonzo, el sustituto de Jordi Évole al frente de 'Salvados'" (en castelán). 3 de maio de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  5. "El discurso de Évole al recoger su Ondas: "Trabajo para laSexta, estoy en directo desde Barcelona y no tengo a nadie gritando 'televisión manipulación', es una suerte"" (en castelán). 15 de novembro de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  6. "Operación Palace, el falso documental de Jordi Évole". La Vanguardia (en castelán). 23 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  7. "Jordi Évole, sobre 'Operación Palace: 'Por lo menos hemos reconocido que es mentira'". El Mundo (en castelán). 24 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  8. "Évole bate récords con su patraña del 23-F y logra 5,2 millones de espectadores". El País (en castelán). 24 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  9. "Évole rompe audímetros con su falsa 'Operación Palace': 23.9% y 5.2 millones" (en castelán). 23 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  10. "Jordi Évole deja ‘Salvados’ tras 11 años". El País (en castelán). 3 de maio de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  11. "'Eso que tú me das', el documental de Pau Donés, arrasa en audiencia en su estreno en televisión" (en castelán). 22 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  12. "Jordi Évole deja El Terrat y crea su productora" (en castelán). 8 de outubro de 2015. Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  13. "Momentazo: El cameo de un joven Jordi Évole en una telenovela venezolana" (en castelán). 13 de abril de 2015. Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  14. "Jordi Évole y Ada Colau entre los premiados 2013 que entrega la Logia Blasco Ibáñez" (en castelán). 17 de xaneiro de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]