Ignatius Farray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIgnatius Farray

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Ignacio Delgado Alemany Editar o valor em Wikidata
2 de decembro de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Granadilla de Abona (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , guionista , monologuista , cantante Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoHumor absurdo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webignatiusfarray.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1942006 Twitter: IgnatiusFarray Editar o valor em Wikidata

Juan Ignacio Delgado Alemany, máis coñecido como Ignatius Farray, nado en Granadilla de Abona (Santa Cruz de Tenerife) o 2 de decembro de 1973, é un cómico, escritor, actor, guionista e cantante canario, nado na illa de Tenerife mais residente en Madrid.[1] No 2018 gañou o Premios Ondas[2] e foi nomeado ao Emmy.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo conta el mesmo,

«Farray é o segundo apelido do meu pai e o de Ignatius vén porque un profesor de música me chamaba así no instituto; dicía que lle recordaba ao personaxe de A conxura dos necios, o primeiro libro que lin entón e que me encantou». [4]

Estudou Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid. Logo dun par de anos en Londres, familiarizouse co estilo de "Comedy Club". Ao regresar a Tenerife, comezou na comedia con monólogos humorísticos.[5] Estes tiñan influencias, entre outros, de Faemino y Cansado e de cómicos norteamericanos como Richard Pryor, Steve Martin, Andy Kaufman e Lenny Bruce. Mesmo chegou a ser comparado con algún deles.[6]

Apareceu no programa Nuevos cómicos de Paramount Comedy en 2003. Entre 2004 e 2007 foi colaborador de Noche sin tregua, o late night desa mesma cadea, presentado por Dani Mateo, xunto con varios colaboradores humoristas de Paramount Comedy España.

Participou no magazine de humor surrealista en La hora chanante, interpretando El Loco Las Coles, e posteriormente en Muchachada Nui de La 2, como El Espantajo Los Melones.[7] Tamén apareceu en Museo Coconut e copresentou o programa concurso Involución, ambos en Neox.

Durante 2012, Farray representou o seu espectáculo de humor alternativo El fin de la comedia.[8][9] Tamén leva ese nome a sitcom de dúas tempadas protagonizada por el mesmo, que se empezou a emitir en Comedy Central en novembro de 2014.

Desde 2014 forma parte do programa La vida moderna na Cadena SER, que xa leva sete tempadas.[10][11]

En 2015, estreouse a película Mi gran noche, dirixida por Álex de la Iglesia, na que participou como guionista e actor.[12]

En 2016, participou nunha escena do programa Gamers de MTV España.[Cómpre referencia] Tamén apareceu na película La noche del virgen[13] interpretando a Ramón García. Ese ano tamén se incorporou ao programa LocoMundo, presentado por David Broncano en #0.

Desde 2018 participa nos programas La resistencia[14][15] e Late Motiv.

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

En 2015 o Festival de series MiM, creado por profesionais do sector e a entidade Madridimagen, entregoulle o premio ao Mellor Actor de Comedia polo seu papel protagonista en El fin de la comedia.[16]

En 2018, a serie El fin de la comedia foi nomeada para os Premios Emmy Internacional na categoría de Comedia.[17]

Polémicas[editar | editar a fonte]

Ten participado en numerosas polémicas, como os seus roces con Arturo Pérez Reverte[18] ou co actor Juan Echanove, tras un tuit en que insultaba a este último.[19]

Música[editar | editar a fonte]

En 2018 formou o grupo paródico musical Petróleo, do que é líder.[20] Defínense coma un "grupo de post punk cristián" que está "á altura da túa angustia". O 1 de agosto dese ano, o grupo debutou en directo no Teatro Pavón de Madrid.

Libros[editar | editar a fonte]

En 2020 publicou Vive como un mendigo, baila como un rey, un libro autobiográfico, prologado por David Broncano.[21]

En 2021 lanzou o seu segundo libro, El bicho que se devora a sí mismo, con ilustracións de Aroha Travé.[22]

Filmografía e colaboracións[editar | editar a fonte]

Ano Título Formato
2021 - Payasos y fuego Podcast
2020 - 2021 Parking Karaoke Late night
2020 Drama Serie web
2019 Capítulo 0 Serie de TV
2018 Paquita Salas Serie web
2018 - La resistencia TV
2016 Estirpe Filme
2016 LocoMundo TV
2016 Gamers TV
2016 La noche del virgen TV
2015 Mi gran noche Filme
2014 - La vida moderna Radio
2014 - 2017 El fin de la comedia Serie de televisión
2013 Piccolo Grande Amore Filme
2013 Anna Casteller - Tigres Leones Videoclip
2013 Planilandia - Lori Meyers Videoclip
2011 Involución TV
2010 Campamento Flipy Filme
2010 Museo Coconut Serie de televisión
2007 Muchachada nui TV
2004 - 2006 La hora chanante TV

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Sofre de miocardiopatía hipertrófica.[23][24]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El cómico tinerfeño Ignatius Farray actúa en la nueva película de Álex de la Iglesia". El humorista tinerfeño afincado en Madrid, Ignatius Farray (baños de atocha, 1973) 
  2. "‘La vida moderna’ logra el premio Ondas 2018 a mejor programa de radio". Digital Sevilla (en castelán). 17 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2019. Consultado o 05 de maio de 2019. 
  3. "Ignatius Farray, nominado al Emmy". Telemadrid (en castelán). 2019-01-24. 
  4. "Ignatius Farray: "La Policía ha tenido que sacarme alguna vez de un local"". El Día.es. "Farray es el segundo apellido de mi padre y lo de Ignatius viene porque un profesor de música me llamaba así en el instituto; decía que le recordaba al personaje de La conjura de los necios, el primer libro que leí entonces y que me encantó". 
  5. "“Sigo pensando que mi primera actuación fue la mejor”". Creativacanaria.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 04 de maio de 2018. 
  6. "Todo el mundo quiere ser como Ignatius Farray". 
  7. "Central de Cómicos: Ignatius Farray" (en castelán). Paramountcomedy.es. Consultado o 14 de febreiro de 2012. 
  8. "Todo Ignatius, el Dios de la Comedia Salvó mi Vida". Consultado o 14 de febreiro de 2012. 
  9. Entrevista a Ignatius Farray con motivo de la serie "El fin de la comedia" y sus monólogos
  10. SER, Cadena (6 de xullo de 2015). "Ignatius Farray: “El peligro del vicio es quedarse corto”". Cadena SER (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2017. 
  11. "Oh! My LOL - La vida moderna". Cadena Ser. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 26 de setembro de 2018. 
  12. "Mi gran noche, tráiler de lo nuevo de Álex de la Iglesia". IGN.com. 13 de agosto de 2015. 
  13. "La noche del virgen (2016)". IMDb. Consultado o 24 de xaneiro de 2018. 
  14. Viejo, Manuel (8 de febreiro de 2018). "David Broncano, ‘La resistencia’ tiene un payaso por líder". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  15. "David Broncano “lo peta” en Youtube con su nuevo programa, La Resistencia". LaRepublica.es. 4 de febreiro de 2018. Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  16. "Ignatius Farray, Premio MIM al mejor actor de comedia". Comedy Central Espana. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  17. "La casa de papel y El fin de la comedia, nominadas a un Emmy internacional". vertele. 27 de setembro de 2018. 
  18. "Ignatius Farray, última víctima de Pérez-Reverte en Twitter". elplural.com (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2021. 
  19. "Ases del humor: Ignatius Farray". eldiario.es (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2018. 
  20. "Ignatius Farray encabeza Petróleo, el primer grupo de “post punk cristiano a la altura de tu angustia”". Mariskal Rock. 24 de agosto de 2018. 
  21. "Vive como un mendigo, baila como un rey - Ignatius Farray". Ahora qué leo. La Sexta. Consultado o 2 de novembro de 2021. 
  22. "El bicho que se devora a sí mismo - Ignatius Farray". Ahora qué leo. La Sexta. Consultado o 2 de novembro de 2021. 
  23. "La enfermedad de Ignatius Farray que no es para tomarse a broma". El Español (en castelán). 12 de abril de 2020. Consultado o 9 de maio de 2020. 
  24. Sainz (Fotos), Manuel Viejo, Juan Diego Quesada, Luis Almodóvar (Vídeo), Víctor (21 de xuño de 2020). "Ignatius Farray: “El confinamiento es mi estado natural. Soy un tipo que habla solo consigo mismo”". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2020.