Rozalén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRozalén

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María de los Ángeles Rozalén Ortuño Editar o valor em Wikidata
12 de xuño de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Albacete (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Murcia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , guitarrista , escritora , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioRozalén Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webrozalen.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm5676352 Facebook: Rozalen.Oficial Twitter: RozalenMusic Spotify: 5soMpG6E6oApEiCZgrWeVz iTunes: 572483447 Musicbrainz: 0432dc38-a03b-4325-9609-1caada06f47a Songkick: 7219854 Genius: Rozalen Editar o valor em Wikidata


María de los Ángeles Rozalén Ortuño, nada en Albacete o 12 de xuño de 1986, coñecida artisticamente como Rozalén, é unha cantautora e compositora española. Editou catro álbums, titulados Con derecho a..., Quién me ha visto…, Cuando el río suena... e El árbol y el bosque. En 2021 foi recoñecida co Premio Nacional das Músicas Actuais.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Albacete o 12 de xuño de 1986.[2] Criouse en Letur, poboación da serra de Segura, vila da súa nai, aínda que por parte do seu pai, que foi cura de Letur, pertencen á vila de Balazote. Dende pequena María Rozalén cantaba as cancións que lle ensinaban a súa nai e a súa avoa, recitaba poesías e recibía as súas primeiras clases de baile. Dende os 7 anos formou parte da rondalla do barrio de Fátima de Albacete, á que pertenceu durante 9 anos como guitarrista e bandurra, dando así os seus primeiros pasos na música. O seu primeiro contacto diante dos micrófonos foi dentro das corais do Colexio Santo Ángel de la Guarda e da parroquia de Fátima de Albacete. De feito, a cantante comezou a cantar en público despois de que a animase o cura do seu barrio.[3]

Empezou a compor cancións con 14 anos e deu o seu primeiro concerto como cantautora con 16 no festival “Operación Bocadillo” de Albacete. Desde ese momento non deixou de compor e actuar. Acompañada normalmente polo gran percusionista e amigo Tete Moragón, e en 2021 polo guitarrista Samuel Vidal, o baixista Jorge Rodríguez e "El Cometilla" ao caixón, actúa en numerosas localidades de toda España.

Actuou en varias ocasións en escenarios como o Teatro Romea e o Auditorio Víctor Villegas de Murcia ou o Teatro Circo de Albacete.

Estudou Psicoloxía na Universidade de Murcia e ten un mestrado en Musicoterapia.[4] Ademais ten experiencia en musicoterapia con párkinson e grupos de colectivos en risco de exclusión social. En todos os seus concertos está acompañada por Beatriz Romero (técnica especialista en interpretación da lingua de signos e guía interpretación de persoas xordocegas), creando un espectáculo que está a ter grande éxito en todos os lugares nos que se representa, cunha mestura de persoas oíntes e xordas nun concerto preparado para ser entendido noutros países con connotacións específicas da lingua de signos de cada país. Desta maneira, a súa música diríxese a todo o mundo sen exclusións. Un exemplo deste gran traballo pódese ver reflectido no videoclip do seu tema 80 veces.[5]

Algunhas das ONG e asociacións coas que colaborou son Plan Internacional,[6] Asociación Española Contra o Cancro ou Fundación Vicente Ferrer[7] e a ILP para salvar o Mar Menor.[8]

Rozalén nos Premios Goya 2019

2013: Primeiro disco e comezo do éxito[editar | editar a fonte]

En 2012, Rozalén estabelécese no barrio madrileño de Lavapiés. Unha vez alí apuntouse a un mestrado de Musicoterapia e coñeceu o produtor Ismael Guijarro. Rozalén presentoulle 30 das súas composicións a Ismael e este propúxolle gravar un disco. Grazas á axuda do produtor e a un préstamo bancario, Rozalén fichou pola multinacional discográfica Sony Music e entrou a formar parte da principal axencia de representación española RLM (da que forman parte artistas como Malú, Alejandro Sanz, Miguel Bosé ou Raphael) e en 2013 publicaría Con derecho a... o seu primeiro álbum de estudio.[9]

O tema 80 veces convértese no primeiro sinxelo do álbum. Para este tema grava un orixinal videoclip xunto a Beatriz Romero que arrasará en YouTube ao superar o millón de visitas días despois da súa publicación. O segundo sinxelo do álbum foi Comiéndote a besos, un tema dedicado ás persoas seropositivas que logrou superar o irresistíbel éxito de 80 veces.

En setembro de 2013 dá comezo a xira que promociona o seu primeiro álbum. Rozalén cultiva un grande éxito esgotando as entradas en case todos os seus concertos polos principais teatros e salas de España. Este éxito leva a compositora a cruzar o Atlántico e levar a súa música a países como a Arxentina ou o Uruguai. A finais de ano foi galardoada nos Premios Dial como unha das artistas españolas do ano.[10]

En decembro de 2014 Rozalén obtén o seu primeiro disco de ouro tras superar as 20.000 copias vendidas co seu álbum debut Con derecho a....[11] Ademais, ese mesmo mes obtivo o premio Los Números 1 de Cadena 100, galardón que outorga esta cadea de radio aos artistas españois coas mellores cancións do ano.[12]

2015: Primeira BSO e segundo disco[editar | editar a fonte]

A principios de 2015 Rozalén foi escollida para dar voz á banda sonora de Perdiendo el Norte, unha película de Nacho G. Velilla. Para iso, a cantautora compuxo o tema Berlín, o cal está incluído no seu segundo disco.[13]

O 29 de xuño de 2015 publícase Vuelves, o primeiro sinxelo de Quién me ha visto..., segundo álbum de estudio de Rozalén. O segundo sinxelo, titulado Ahora, publicouse o 4 de setembro. Unha semana despois saíu á venda o álbum, que rapidamente alcanzou o número 1 nas listas de vendas.[14] Será mejor, o terceiro sinxelo do álbum publicouse o 26 de febreiro de 2016.

2017: Cuando el río suena[editar | editar a fonte]

En 2017 lanza o seu terceiro álbum de estudio Cuando el río suena... do que se desprenden varios éxitos, entre os que destaca o icónico tema La Puerta Violeta... que se converteu nun himno da loita contra a violencia de xénero en España e varios países de América Latina.[15]

O seu lanzamento levou a cabo o 15 de setembro de 2017, conseguindo na primeira semana no posto número 1 de todas as plataformas dixitais e conseguindo tamén o primeiro posto en vendas en España. Este é un álbum moi persoal, como comenta a propia artista, xa que conta historias da súa propia vida e a da súa familia.[16]

O álbum componse de 11 cancións que son o resultado da súa viaxe interior realizado nos dous anos transcorridos desde a publicación do seu disco anterior “Quién me ha visto…”.[17] A Gira Cuando El Río Suena levou a albaceteña a presentar o seu disco por todo o mundo desde finais de 2017 até finais de 2019]].

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Detalles Certificación Vendas
Con derecho a...
  • Lanzamento: 12 de marzo de 2013
  • Discográfica: Ariola Records
  • Formato: CD e Descarga dixital
1x Disco de Platino 40 000
Quién me ha visto...
  • Lanzamento: 11 de setembro de 2015
  • Discográfica: Ariola Records
  • Formato: CD e Descarga dixital
1x Disco de Ouro 20 000
Cuando el río suena...
  • Lanzamento: 15 de setembro de 2017
  • Discográfica: Ariola Records
  • Formato: CD e Descarga dixital
1x Disco de Platino 40 000
El árbol y el bosque
  • Lanzamento: 30 de outubro de 2020
  • Discográfica: Sony Music
  • Formato: CD, Descarga dixital e Vinilo
1x Disco de Ouro 20 000

Álbums recompilatorios[editar | editar a fonte]

  • Cerrando puntos suspensivos (2018)

Bandas sonoras e outros sinxelos en colaboración[editar | editar a fonte]

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Rozalén gañou unha gran cantidade de premios e obtivo varios nomeamentos durante a súa traxectoria musical. No seu haber acumula distincións tan importantes como dous Discos de Ouro, o recoñecemento a Álbum do ano 2015 por Apple Music[18] ou a Placa ao Mérito Rexional da Comunidade de Castela-A Mancha.[19][20]

  • 2007: Gañadora do primeiro certame de música xove de La Gineta (Albacete).
  • 2009: Escollida para formar parte da Bienal Europea e de países do Mediterráneo con centos de creadores novos en Skopje (Macedonia).
  • 2011-2012: Seleccionada para participar no Encontro Internacional de Cantautores This Is Me en Lituania.
  • 2018: Nomeamento ao Grammy Latino nas categorías de Mellor Álbum do Ano e Canción do Ano por "La puerta violeta".
  • 2019: Premio Serondaya das Artes 2019 á Innovación Cultural 2019, na categoría de Artes, xunto a Beatriz Romero.[21]
  • 2020: Premio "¡Bravo! de Música 2020.[22]
  • 2021: Goya á mellor canción orixinal por "Que no, que no", da película "La boda de Rosa" de Iciar Bollaín. Premio compartido coa Sonora Santanera.[23]
  • 2021: Premio Nacional das Músicas Actuais 2021 outorgado anualmente polo Ministerio de Cultura e Deporte.[1]

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa carreira, Rozalén colaborou con numerosos artistas como:

  • Carlos Sadness (Una luz en la ciudad), para a serie Mercado Central emitida en TVE.
  • Ciudad Jara proxecto musical de Pablo Sánchez Pardines, coa canción (Las Nanas De Jara)
  • Co dúo Fetén Fetén formado por Diego Galaz e Jorge Arribas (Ni Tú Ni Yo, dentro do disco Cantables)
  • ToteKing (Gente Tóxica, do disco Lebron)
  • El Kanka (Me arrepiento, do disco Quién me ha visto y quién me ve) (Volar, do disco El día de la suerte de Juan Gómez),
  • Rayden e Nach (Tres otoños, do disco En alma y hueso)
  • Funambulista (Eres aire, do disco Dual)
  • Marwan (Las cosas que no pude responder, do disco Las cosas que no pude responder),
  • Luis Ramiro, Nacho González, Luis Eduardo Aute (Belleza, do disco Quién me ha visto y quién me ve),
  • Celtas Cortos (Hora de aventuras, do disco Contratiempos),
  • Pedro Guerra (Sirva de Precedente, con Paco Cifuentes, do disco 14 de Ciento Volando de 14),
  • Juan Perro, Quique González, Miguel Bosé, Víctor Manuel (Luna, no concerto 50 años no son nada),
  • Juanito Valderrama (Más de 80 veces),
  • Fredi Leis (Un sábado más) (Estrellas fugaces)
  • Antílopez (Musa en paro busca poeta, do disco Desprendimiento de rutina)
  • La Pulquería, Malú (Ni un segundo, no concerto de Madrid TourCaos)
  • Vanesa Martín (Noches de boda)
  • Bebe (Siempre me quedará, no concerto de Circo Price en Madrid) (Buscome, no concerto de La Sala La Riviera)
  • Abel Pintos (Asuntos pendientes, do disco de Quién me ha visto y quién me ve)
  • Las Migas (La noche)
  • Kevin Johansen (Desde que te perdí) (Antes de verte)
  • Rayden (Tres otoños, do disco En alma y hueso)
  • Pedro Pastor (Prometí volver, do disco de La vida plena),
  • Mr. Kilombo (Sinmigo)
  • Muerdo (Lejos de la ciudad, do disco Viento sur)
  • Estopa (Vivir)
  • Ismael Serrano (Si se callase el ruido, do disco 20 Años - Hoy Es Siempre)
  • Shinova (Volver)
  • Amaia (Al cantar)
  • Alfre Camarote (Brujas)
  • Boikot (Alma Guerrera)
  • Mon Laferte (Amiga)
  • Reincidentes (¡Ay Dolores!)
  • Omara Portuondo (Horizontes de Niebla)

Ademais disto, a cantante tamén realizou diversos traballos cos poetas David Sarrión e Ricardo Pérez.

Libro[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Rozalén, Premio Nacional de Músicas Actuales 2021" (en castelán). Consultado o 2021-10-21. 
  2. Robles, Marta (2016-10-22). "Rozalén: «Mientras haya canciones y vivencias todo lo demás estará a salvo»" (en castelán). Consultado o 2021-07-19. 
  3. "García de Cortázar reivindica «el mensaje religioso en un momento de liquidez cultural» al recoger el ¡Bravo!". Alfa y Omega. 19 de maio de 2021. 
  4. "María Rozalén: la exquisitez se hace visible". El Periódico. 27 de decembro de 2013. Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  5. "La albaceteña María Rozalén arrasa con su canción «80 veces»" (en castelán). 2013-05-28. Consultado o 2021-07-19. 
  6. "Noticias | Fundación Vicente Ferrer" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2019. Consultado o 8 de marzo de 2017. 
  7. "Embajadores". Plan Spain (en castelán). Consultado o 8 de marzo de 2017. 
  8. "8 DE JUNIO, DÍA DE LOS OCEANOS, LA ILP MAR MENOR presenta: LA FIRMA Y PONE MESAS POR TODA ESPAÑA." (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2021. Consultado o 2021-06-07. 
  9. Pantaleoni, Ana (2013-04-30). "Atención a María Rozalén". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-07-19. 
  10. 10,0 10,1 "Premios Dial 2013, crónica de la gala" (en castelán). 2014-03-07. Consultado o 2021-07-19. 
  11. Albacete, El Digital de (2014-12-27). "La albaceteña María Rozalén cierra 2014 con un Disco de Oro" (en castelán). Consultado o 2021-07-19. 
  12. 12,0 12,1 "Rozalén recibe el premio Nº1 de Cadena 100 – Rozalén – Web oficial" (en castelán). Consultado o 2021-07-19. 
  13. "Rozalén lanza hoy en plataformas digitales “Berlín”, tema incluido en su próximo álbum – Rozalén – Web oficial" (en castelán). Consultado o 2021-07-19. 
  14. Armisén, Programación .NET: Rebel Scorpion y Sergio. "Rozalén, número 1 en listas de ventas con su álbum ‘Quién Me ha Visto’ - RLM". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2017. Consultado o 9 de marzo de 2017. 
  15. "Rozalén estrena el vídeo de “La puerta violeta” un himno contra la violencia de género – Rozalén – Web oficial" (en castelán). Consultado o 2021-07-19. 
  16. herrero, javier (2017-09-14). "Rozalén presenta «Cuando el río suena», su disco «más valiente»" (en castelán). Consultado o 2021-07-19. 
  17. "Todo sobre "Cuando el río suena..." de Rozalén" (en castelán). 2017-09-15. Consultado o 2021-07-19. 
  18. "Periscope es la mejor ‘app’ del año, según Apple". EL PAÍS (en castelán). 10 de decembro de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2017. 
  19. Armisén, Programación .NET: Rebel Scorpion y Sergio. "Rozalén logra el Disco de Oro en España con el álbum "Quién Me Ha Visto..." - RLM". Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2017. Consultado o 8 de marzo de 2017. 
  20. Aznar, Kiko (30 de maio de 2016). "María Rozalén: "Es un orgullo esta Placa al Mérito Regional de Castilla-La Mancha"". Cadena SER (en castelán). Consultado o 8 de marzo de 2017. 
  21. "Rozalén y Beatriz Romero se llevan el premio Serondaya de las artes 2019" (en castelán). 13 de decembro de 2019. Consultado o 14 de decembro de 2019. 
  22. "Rozalén, Premio ¡Bravo! de Música por su compromiso social y por la defensa de los derechos de las minorías". COPE. 3 de decembro de 2020. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  23. "Rozalén, Goya a Mejor Canción Original » Premios Goya 2021". Consultado o 2021-03-07.