Nacho Vegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nacho Vegas
A la plaça! Guanyem Barcelona (17927128471).jpg
Nome completoIgnacio González Vegas
Nacemento9 de decembro de 1974
Xixón, Asturias Flag of Asturias.svg
España Flag of Spain.svg
OrixeXixón
Ocupacióncantautor
XéneroRock, Folk
Instrumento(s)Voz, guitarra
Selo(s) discográfico(s)Limbo Starr
Relacionado conManta Ray, Enrique Bunbury, Christina Rosenvinge
Tempo en activo1990 — actualidade
editar datos en Wikidata ]

Ignacio González Vegas, máis coñecido como Nacho Vegas, nado en Xixón o 9 de decembro de 1974, é un cantautor asturiano que estilisticamente oscila entre a música pop e o rock. Canta co acompañamento do grupo Las Esferas Invisibles.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Nacho Vegas participou de pleno na primeira fornada da idade do indie español, da man de Eliminator Jr., banda local de influencias noise onde empezou a tocar a principios dos 90. Tamén foi membro fundador de Manta Ray, formación que acadou reputación internacional a nivel de crítica grazas a un son persoal e a unha sólida posta en escena. A finais da década dos 90, Nacho Vegas abandonou o grupo para levar a cabo unha carreira en solitario que, de momento, deu lugar a tres álbums e multitude de temas repartidos en recompilatorios, split-singles, mini-CD’s e incluso bandas sonoras.

O proxecto Diariu, onde uniu as súas partituras ós versos do poeta Ramón Luis Bande, foi predecesor da aparición do seu primeiro traballo en solitario, Actos inexplicables (2001). O disco logrou colocarse entre o máis destacado do ano para a prensa especializada, e incluso conseguiu distribución internacional a escala independente.

Despois chegarían en 2002 o EP Miedo al zumbido de los mosquitos con 3 cortes inéditos, anticipo dos 20 temas do dobre CD Cajas de música difíciles de parar publicado en 2003, coa que consolidou a figura de maldito que lle acompañou dende os seus comezos e da que pouco a pouco vaise desprendendo. Ese mesmo ano e seguindo co seu acelerado ritmo creativo publicaría de novo outro extenso EP titulado Canciones desde palacio.

Os seus últimos traballos en solitario, publicados no 2005, son El hombre que casi conoció a Michi Panero, Desaparezca aquí e Esto no es una salida.

No 2006 saca o dobre CD El tiempo de las cerezas, disco que comparte co aragonés Enrique Bunbury ex-cantante de Héroes del Silencio e que lle levou a pisar por vez primeira terras mexicanas. No ano 2007 grava o mini-CD Verano fatal co que comparte de novo protagonismo cunha figura do mainstream, Christina Rosenvinge.

Nestes últimos meses Nacho Vegas actuou por unha banda con Christina Rosenvinge, e pola outra co grupo Lucas 15 co que publicou disco homónimo este mesmo 2008. O grupo está formado por varios músicos asturianos de gran nivel, entre os que destacan o propio Nacho Vegas que canta 9 dos 11 temas do álbum, e sobre todo Xel Pereda, músico proveniente do folk e principal artífice deste proxecto de adaptación do cancioneiro popular asturiano en clave de rock.

Estilo e influencias[editar | editar a fonte]

Como cantautor, recoñécense en Nacho Vegas as influencias de Will Oldham, Nick Cave ou Leonard Cohen. Explora as maneiras intimistas de cantautor na súa música, intensa pero fuxidiza; as letras acostuman parapetarse nun marco onírico, excepto cando recorre a textos doutros ou cando desenvolve narracións de personaxes marxinais desde perspectivas consideradas por moitos politicamente incorrectas (por exemplo Canción de Isabel, sobre a inestabilidade laboral; Historia de un perdedor, sobre a historia de como se fai un chapero; Maldición...) e que configuran unha visión moi persoal do mundo no que vivimos.

Musicalmente amosa inquedanzas creativas pouco ortodoxas. Ó aspecto rockeiro, incorpora matices minimalistas, que poden aproximarse tanto á obra de Pascal Comelade como ós arranxos de Mastretta. A música de Vegas tamén lembra a figuras do indie español como Fernando AlfaroChucho- e incluso por momentos, os máis ruidistas, a Los Planetas. Ademais, as conexións formais con Migala plásmanse en colaboracións mutuas, que recrean sonoridades comúns pero ben axustadas a cada peculiaridade compositiva.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums en solitario[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Duetos[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • Relato El abrigo de Isabel en Canciones contadas. Km1 (2001)
  • Política de hechos consumados. Palmart (2004)
  • Política de hechos consumados Reedición corrixida e brevemente ampliada. Limbo Starr (2006)
  • Prólogo en "Guía" de Dennis Cooper. Anagrama (2006)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]