Ernesto Sevilla
Ernesto Sevilla | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de maio de 1978 |
Lugar de nacemento | Logroño |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Castela-A Mancha |
Ocupación | guionista, actor de cinema, presentador de televisión, director de cinema, actor e humorista |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ernesto Sevilla López, nado en Albacete,[1] Castela-A Mancha, o 16 de maio de 1978, é un director, realizador, actor, humorista, guionista e presentador de televisión español.
Biografía[editar | editar a fonte]
Licenciado en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Cuenca, comezou como guionista da canle Paramount Comedy en España e os seus compañeiros animárono a interpretar monólogos; de aí pasou a traballar no programa mensual de humor La hora chanante, onde compartiu protagonismo cos seus amigos Joaquín Reyes, Julián López, Raúl Cimas, Carlos Areces e outros actores. Un dos seus personaxes máis memorables no programa foi El Gañán, unha parodia dos típicos labregos ou xente sinxela de zonas rurais da Mancha, cos seus típicos falares, frases e expresións.
Pertence ó chamado "cuarteto de Albacete", un grupo de humoristas formado por el mesmo, Joaquín Reyes, Pablo Chiapella e Raúl Cimas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Joaquín Reyes y Ernesto Sevilla presentarán la gala de los Goya 2018 » Premios Goya 2018". www.premiosgoya.com (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ernesto Sevilla na IMDb (en inglés).