Saltar ao contido

Universidade Tufts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Universidade Tufts
 Nome orixinal
    Tufts University (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Tufts University (en) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
 Epónimo
Características
 Lingua usada
 Forma xurídica
 Industria
Implicados
 Afiliación
 Ten en propiedade
WMFO (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Entidades subsidiarias
Datas
 Fundación / creación
1852 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Cadro de persoal
   1.233 Editar o valor en Wikidata
 Número de estudantes
9.517
12.432 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Activos totais
   3.775.926.242 $ (2020) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Código postal02155-5555 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap3567946 Editar o valor en Wikidata
VIAF151609847 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000419367531 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0lfgr Editar o valor en Wikidata
OpenAlexP4310315753 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: tuftsu Twitter: TuftsUniversity Instagram: tuftsuniversity LinkedIn: tufts-university Youtube: UCPXt4ihRwQL9kUm4psLk9zA Dialnet: 1607646 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Universidade Tufts (en inglés: Tufts University) é unha universidade privada situada en Somerville/Medford, preto de Boston, Massachusetts (Estados Unidos). Fundouse en 1852.

Os antigos alumnos, profesores e afiliados de Tufts inclúen tres premios Nobel, doce gañadores do premio Pulitzer, cinco gobernadores estatais, dous senadores dos Estados Unidos, catro gañadores do premio Emmy e tres gañadores do premio da Academia.[1]

Foi fundado como Tufts College en 1852, pola Igrexa Universalista de América,[2] despois de que Charles Tufts donase os terreos de Walnut Hill, a zona máis elevada de Mdeford, para o campus. Porén, non comezou a funcionar de xeito ordinario até o outono de 1854, inicialmente, con 30 estudantes e o 22 de agosto de 1855, se celebrou, oficialmente a inauguración.[2]

En 1892, converteuse nunha institución mixta na que homes e mulleres recibían formación conxuntamente, mais o comedor e o aloxamento estaban separados.[2]

En 1954, mudou a denominación pola actual de Universidade Tufts, para manifestar a súa expansión.

Facultades e Escolas

[editar | editar a fonte]

A universidade está organizada en dez facultades e escolas, das cales seis escolas son exclusivamente de posgrao, unha facultade é exclusivamente de grao e o resto ofrecen programas de grao e posgrao.[3]

Facultades de Pregrao e Posgrao

[editar | editar a fonte]
  • Facultade de Artes e Ciencias (School of Arts and Sciences)
  • Escola de Enxeñaría (School of Engineering)
  • Facultade de Cidadanía e Servizo Público Jonathan M. Tisch (Jonathan M. Tisch College of Citizenship and Public Service)

Facultade exclusivamente de pregrao

[editar | editar a fonte]
  • Facultade de Estudos Especiais (College of Special Studies)

Facultades exclusivamente de posgrao

[editar | editar a fonte]
  • Escola de Dereito e Diplomacia Fletcher (Fletcher School of Law and Diplomacy)
  • Escola de Medicina (School of Medicine)
  • Escola de Medicina Dental (School of Dental Medicine)
  • Escola de Medicina Veterinaria Cummings (Cummings School of Veterinary Medicine)
  • Escola de Posgrao en Ciencias Biomédicas Sackler (Sackler School of Graduate Biomedical Sciences)
  • Escola de Ciencia e Política Nutricional Gerald J. e Dorothy R. Friedman (Gerald J. and Dorothy R. Friedman School of Nutrition Science and Policy)

Ten tres campus, dos que o principal está situado en Somerville/Medford, a 8 km de Boston. O segundo, está situado no barrio de Chinatown de Boston, que acolle as escolas de Medicina Gerald J. e Dorothy R. Friedman, Medicina Dental, Ciencias Biomédicas Sackler e Ciencias e Políticas Nutricionais. O terceiro, está situado en Grafton e alberga a Cummings School of Veterinary Medicine. Por último, en Talloires (Francia) mantén un campus para os seus cursos de verán.

A universidade enfatiza o servizo público en tódalas súas disciplinas sendo coñecida polo seu internacionalismo, así como polos seus programas de intercambio de estudantes.

Antigos alumnos destacados

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "Tufts Alumni Notables". tuftsalumni.org (en inglés). Archived from the original on 02 de xullo de 2017. Consultado o 19 de decembro de 2023.
  2. 1 2 3 "Tufts University, 1852". dl.tufts.edu (en inglés). 2010. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2012. Consultado o 19 de decembro de 2023.
  3. ↑ University Tufts (8 de novembro de 2008). "BYLAWS OF TRUSTEES OF TUFTS COLLEGE". tufts.edu (en inglés). Archived from the original on 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 14 de decembro de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]