José Torres Mourelles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pepe Torres
Información persoal
Nome completo José Torres Mourelles
Nacemento 8 de outubro de 1901
  Ourense
Nacionalidade España
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1928–1934 Deportivo da Coruña

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

José "Pepe" Torres Mourelles, nado en Ourense o 8 de outubro de 1901, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou no Racing Club de Ferrol na tempada 1922-23, e disputara no club verde algúns partidos amigábeis na campaña anterior. Xogou tamén no Real Club Coruña[1] e foi convocado coa selección galega de fútbol, aínda que non chegou a xogar.[2]

Emigrou a Cuba durante un tempo, e alí xogou no Olimpia Sporting Club, co que conseguiu o título do Campionato Nacional de Fútbol de Cuba,[3] e no Real Iberia da Habana, xunto a outros galegos como os irmáns Gonzalo, Edelmiro e O'Donell Lorenzo Codesido, ou o exdeportivista Cachán.[4] Co Iberia gañou os campionatos de 1926 e 1928.

Volveu á Coruña en 1928, e en agosto xogou co Deportivo da Coruña en Riazor un partido amigábel fronte ao Celta de Vigo.[5] Un mes despois fichou polo Sporting Lugo, do que o seu irmán Antonio era dianteiro centro e membro da directiva.[6] Pouco despois foi contratado polo Deportivo co que disputou a tempada 1928–29, cun soldo de 400 pesetas ao mes. Foi un dos futbolistas titulares que xogaron o histórico primeiro partido do Deportivo en Primeira División fronte ao Alavés en Mendizorrotza.[7] En 1932 xogou coa selección galega no Inferniño un partido contra o Racing de Ferrol en homenaxe a Manuel Rivera.[8]

Exerceu como adestrador do Deportivo durante a tempada 1948-49.[9]

En 1954 converteuse en presidente do Fabril. Era ademais o propietario do bar Astoria, en cuxo primeiro piso se atopaba a sede do club.[10]

Persoal[editar | editar a fonte]

O seu fillo, Carlos Torres Barallobre, tamén foi futbolista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "¿José Torres a la Coruña?". El Orzán (en castelán). 7 de xaneiro de 1928. 
  2. Miranda, Carlos (18 de maio de 2016). "La otra Selección Galega, el equipo que se le resistió al Dépor". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  3. Parada, César (6 de xullo de 1928). ""Pepe" Torres y Santos Nosti Pelón". Diario de la Marina. 
  4. Pobes, José (1 de xullo de 2010). "Españoles en el fútbol cubano" (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  5. "En Riazor - El partido de esta tarde". El Orzán (en castelán). 14 de agosto de 1928. 
  6. "De fútbol. Varias noticias". El Progreso (en castelán). 20 de setembro de 1928. 
  7. "Se cumplen 90 años del primer partido del Deportivo en el Campeonato Nacional de Liga" (en castelán). 17 de febreiro de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  8. "Homenaje a Rivera" (en castelán). 23 de agosto de 1932. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  9. "Adestradores do Deportivo". Web oficial do Deportivo (en castelán). Consultado o https://www.rcdeportivo.es/rcdeportivo/protagonistas/entrenadores. 
  10. "Historia do Fabril". Rafael Vacas (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]