Manuel Bergés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bergés
Información persoal
Nome Pedro Manuel Bergés Naval
Nacemento 6 de xuño de 1906
Lugar de nacemento Vigo
Falecemento 1978
Lugar de falecemento Cuba
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1926–1932 Real Iberia
1932–1934 Juventud Asturiana
1934–1940 Real Iberia
Selección nacional
1937–1939 Cuba
Na rede
FIFA: 46490 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Pedro Manuel Bergés Naval, nado en Vigo o 6 de xuño de 1906 e finado en 1978, foi un futbolista galego. Internacional coa selección de Cuba, disputou con esta o Mundial de 1938 en Francia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Vigo emigrou a Cuba, onde desenvolveu a súa carreira futbolística.[1] Xogou varias tempadas no Real Iberia da Habana, compartindo equipo con numerosos futbolistas galegos como Maneiro, Begoña, Pepe Torres ou os irmáns Edelmiro e Gonzalo Lorenzo.[2] Alí conquistou a liga cubana en 1926, 1928 e 1929. En 1932 fichou polo Juventud Asturiana,[3] co que gañou un novo título en 1933.

En 1934 volveu ao Iberia, gañando ese mesmo ano un novo campionato.[4] Xogou no club "ibérico" ata 1940.[5]

Selección cubana[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección de Cuba e participou con esta no Mundial de 1938 en Francia, a primeira e única participación cubana nunha Copa do Mundo. O equipo, adestrado polo galego José Tapia e capitaneado polo tamén galego Manuel Chorens, enfrontouse a Romanía nos oitavos de final, empatando 2-2 e xogando logo un partido de desempate no que os cubanos conseguiron eliminar ao equipo europeo (2-1). En cuartos de final caeron fronte a Suecia por unha goleada de 8-0.[6] Bergés xogou os tres partidos de Cuba naquel Mundial.[7]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Real Iberia

Juventud Asturiana

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández, Martín (2 de agosto de 2020). "Cele Basanta, de Viveiro, ganó la liga de Cuba en 1955 con el Casino Español C.F.". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o Cele Basanta, de Viveiro, ganó la liga de Cuba en 1955 con el Casino Español C.F.. 
  2. "Otras noticias". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de setembro de 1928. p. 5. 
  3. "Tópicos futbolísticos". Diario de la Marina (en castelán). 8 de setembro de 1932. p. 14. Consultado o 25 de abril de 2021. 
  4. "Tópicos futbolísticos". Diario de la Marina (en castelán). 26 de xullo de 1934. p. 13. Consultado o 25 de abril de 2021. 
  5. "Están de leaders los gallegos, pero con un juego más celebrado". Diario de la Marina (en castelán). 16 de abril de 1940. p. 15. Consultado o 25 de abril de 2021. 
  6. "Cuba fue la revelación de Francia 1938" (en castelán). 23 de marzo de 2018. Consultado o 25 de abril de 2021. 
  7. "Cuba no Mundial de 1938". fifa.com (en castelán). Consultado o 25 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]