Lingua guaraní

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guaraní
Avañe'ẽ
Pronuncia: ʔãʋ̃ãɲẽˈʔẽ
Falado en: Arxentina, Brasil, Paraguai e Bolivia
Total de falantes: 4 800 000 (1995)
Familia: Tupí
 Tupí-guaraní
  Guaraní
   Guaraní
Escrita: Latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Paraguay.svg Paraguai[1]
Códigos de lingua
ISO 639-1: gn
ISO 639-2: grn
ISO 639-3: gug
Map-Guaraniphone Southamerica.svg

O guaraní, facendo referencia exclusiva á variedade coñecida como guaraní paraguaio (avañe'ẽ 'a lingua da xente), é unha lingua indíxena de América do Sur que pertence á subfamilia Tupí-guaraní das linguas tupís. É unha das linguas oficiais de Paraguai (xunto co español), onde é falada pola maioría da poboación, e onde a metade da poboación rural é monolingüe.[2][3] É falada por outras comunidades en países veciños, incluíndo partes do noroeste da Arxentina, sueste de Bolivia e suroeste do Brasil, e é a segunda lingua oficial da provincia arxentina de Corrientes dende 2004;[4] tamén é lingua oficial de Mercosur.[5]

O guaraní é unha das linguas máis faladas entre as linguas amerindias e a única entre cuxos falantes hai unha gran cantidade de non indíxenas. É un caso insólito en America, onde a substitución lingüística cara as linguas coloniais europeas (neste caso o español) non se produciu, e foi acollida como un elemento máis da cultura e da identidade dos "mestizos" (xente de antergos españois e amerindios).

O sacerdote xesuíta Antonio Ruiz de Montoya, quen publicou en 1639 a primeira gramática do guaraní nun libro chamado Tesoro de la lengua guaraní, describiuna como unha lingua "tan completa e elegante que pode competir coa máis famosa [das linguas]."

O nome "guaraní" adoita empregarse para a lingua oficial do Paraguai. Porén, é parte dun continuo dialectal, a maioría dos cales tamén son chamados guaraní.

Fonoloxía[editar | editar a fonte]

O guaraní ten 33 fonemas, dos que 12 son vogais e 21 consonantes.

Vogais[editar | editar a fonte]

Das 12 vogais (pu'ae) guaranís, 5 son orais (pu'ae jurugua), 5 nasais (pu'ae tĩgua), 1 gutural (pu'ae ahy'ogua) (y = /ɨ/) e unha guturonasal (pu'ae ahy'otĩgua) ( = /ɨ̃/).

Orais Nasais
anterior central posterior anterior central posterior
pechadas (débiles) i ɨ u ĩ ɨ̃ ũ
abertas (fortes) e a o ã õ

Consonantes[editar | editar a fonte]

Das 21 consonantes (pundie) guaranís, 8 son plosivas, 5 fricativas, unha africada, unha aproximante, 2 vibrantes e unha sibilante. O seguinte cadro amosa os fonemas segundo o xeito de articulación, o punto de articulación e a grafía usual para cada un deles:

bilabial alveolar alveo-
palatal
velar glotal
Fricativa / β /
v
/ s /
s
/ ʃ, ʒ /
ch, j
/ ɣ, ɣ̃/
g, g̃
Oclusiva sorda / p /
p
/ t /
t
/ k /
k
/ ʔ /
'
sonora / /
mb
/ /
nd
/ /
ng
Sonorante nasal / m /
m
/ n /
n
non-nasal / ɾ, l /
r, l>
/ j /
i

Nos préstamos léxicos do español tamén intervén a vibrante múltiple /r/. As oclusivas sonoras poden emitirse como propiamente oclusivas en contextos non-nasais ou como nasais en contextos nasais. O fonema /t/ pode soar como [t] ou como [ɾ]. Os fonemas oclusivos /b̃, d̃, g̃/ teñen tanto alófonos prenasalizados [ⁿb, ⁿd, ⁿg] como alófonos totalmente nasais [m, n, ŋ], o fonema /ʒ/ posúe dous alófonos, un non-nasal [ʒ] e outro nasal [ɲ].

Observacións[editar | editar a fonte]

Palabras nasais[editar | editar a fonte]

O guaraní distingue entre fonemas nasais e orais. A nasalidade de calquera fonema aplícase toda a palabra, por razóns de eufonía, e provoca fenómenos de sandhi nos sufixos que se engaden. Polo tanto, son só orais as palabras en que ningún dos fonemas que a conforman teñen carácter nasal.

Nasais: akã («testa»), porã («fermoso»), kuñataĩ («rapaciña»), tembireko («esposa»)
Orais: rajy («filla»), túva («pai»), sy («nai»), arapoty («primavera»)

Puso[editar | editar a fonte]

O puso ou oclusiva glotal aparece só en posición intervocálica e interrompe momentaneamente a emisión. Aínda que semelle unha ausencia de son, é un fonema por dereito propio, pois entra en oposición fonolóxica co son seguinte. O seu nome ven do propio guaraní pu («son») + so («soltar», «separar»). No silabeo acompaña á vocal que o segue.

Acentuación[editar | editar a fonte]

En guaraní ningunha palabra remata en consonante. Case todas levan acento (muanduhe) na derradeira vogal. O til emprégase só cando a vogal acentuada non é a final.

Por exemplo, a verba tape («camiño») lese [ta'pe] e tata («lume») lese [ta'ta]. Por outra banda, áva («cabelo»), que se le ['a.va] ou tái («picante») ['tⁿaj], levan a marca gráfica da súa acentuación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Asamblea Nacional Constituyente (20 de xuño de 1992). «Constitución Nacional de la República del Paraguay». Asunción, Paraguai. Consultado o 2 de marzo de 2011. «Art. 140°»  [Ligazón morta]
  2. Mortimer, K 2006 "Guaraní Académico or Jopará? Educator Perspectives and Ideological Debate in Paraguayan Bilingual Education" Working Papers in Educational Linguistics 21/2: 45-71, 2006
  3. Romero, Simon (12 de marzo de 2012). «In Paraguay, Indigenous Language With Unique Staying Power». The New York Times. 
  4. Website of Indigenous Peoples' Affairs which contains this information (en castelán) [Ligazón morta]
  5. Incorporación do Guaraní como Lingua de Mercosur MERCOSUR official page (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua guaraní.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua guaraní

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]