Machado de Assis
Joaquim Maria Machado de Assis, nado no Río de Xaneiro o 21 de xuño de 1839 e finado na mesma cidade o 29 de setembro de 1908, foi un escritor brasileiro, amplamente considerado como o maior nome da literatura brasileira.[1][2][3][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Escribiu en practicamente todos os xéneros literarios, como poesía, novela, crónica, teatro, conto, folletín, xornal e crítica literaria.[5][6] Testemuñou a mudanza política no Brasil cando a República substituíu o Imperio e foi un gran comentador e relator dos acontecementos político-sociais da súa época.[7]
Nacido en Morro do Livramento, nunha familia pobre, estudou en escolas públicas e nunca acudiu á universidade.[8] Os biógrafos sinalan que, interesado polo bohemio e pola corte, loitou para ascender socialmente por medio da súa superioridade intelectual.[9] Para iso, asumiu diversos cargos públicos, pasando polo Ministerio da Agricultura, do Comercio e das Obras Públicas, e conseguindo precoz notoriedade en xornais onde publicou as súas primeiras poesías e crónicas. Na súa madurez, unido a colegas próximos, fundou e foi o primeiro presidente unánime da Academia Brasileira de Letras.[10]
A súa extensa obra constitúena nove novelas e pezas teatrais, douscentos contos, cinco colecciones de poemas e sonetos, e máis de seiscentas crónicas.[11][12] Machado de Assis é considerado o introductor do Realismo no Brasil, coa publicación de Memórias Póstumas de Brás Cubas (1881).[13][14] Esa novela é posta á beira de todas as súas producións posteriores, Quincas Borba, Dom Casmurro, Esaú e Jacó e Memorial de Aires, ortodoxamente coñecidas como pertencentes á súa segunda fase, en que se notan trazos de pesimismo e ironía, aínda que non rompa cos residuos románticos. Desa fase, os críticos destacan que as súas mellores obras son as da Trilogía Realista.[15] A súa primeira fase literária é constituída de obras como Ressurreição, A Mão e a Luva, Helena e Iaiá Garcia, onde se notan características herdadas do Romanticismo, ou "convencionalismo", como prefire a crítica moderna.[16]
A súa obra é de fundamental importancia para as escolas literarias brasileiras dos séculos XIX e XX, e ten actualmente grande interese académico e público.[17] Influíu en grandes nomes das letras, como Olavo Bilac, Lima Barreto, Drummond de Andrade, John Barth, Donald Barthelme e outros. No seu tempo de vida, alcanzou relativa fama e prestixio polo Brasil,[18] con todo non gozou de popularidade exterior na época. Hoxe día, pola súa innovación e audacia en temas precozes, é frecuentemente visto como o escritor brasileiro de produción sen precedentes,[19] de forma que, recientemente, o seu nome e a súa obra alcanzaron diversos críticos, estudosos e admiradores do mundo todo. Machado de Assis é considerado un dos grandes xenios da historia da literatura, á beira de autores como Dante, Shakespeare e Camões.[20]
Primeiros pasos
[editar | editar a fonte]Fillo do mulato Francisco José de Assis, pintor de brocha gorda e descendente de escravos libertos, e de Maria Leopoldina Machado, unha lavandeira portuguesa das illas Azores[21], Machado de Assis pasou a súa infancia na casa de campo da viúva dun senador do Imperio, na Ladeira Nova do Livramento, onde a súa familia vivía a xornal. De saúde fráxil, epiléptico e tartamudo, sábese pouco da súa infancia ed a súa primeira mocidade. Quedou moi pronto orfo de nai e tamén perdeu á súa irmá máis nova. Non frecuentou a escola regular, pero, en 1851, cando morreu o seu pai, a súa madrasta Maria Inés, que por entón vivía en San Cristóbal, empezou a traballar facendo codes nun colexio do barrio, e Machadinho, como lle chamaban, fíxose vendedor de doces. No colexio tivo contacto con profesores e alumnos, e é probable que asistise ás clases cando non estaba traballando.
Aínda sen ter acceso ás clases regulares, empeñouse en aprender e, aínda moi novo, converteuse nun dos maiores intelectuais do país. Hai probas de que en San Cristóbal coñeceu a unha señora francesa, dona dunha panadería, cuxo forneiro lle deu as primeiras leccións de francés, que falaba con fluidez, chegando a traducir na súa mocidade a novela Os traballadores do mar, de Victor Hugo. Tamén aprendeu inglés, e traduciu poemas como O corvo, de Edgar Allan Poe. Posteriormente estudou alemán e español, sempre de xeito autodidacta. Debido aos seus traballos como tradutor de famosos novelistas incorporou a moitas das súas obras textos e estilos que imitaban aos grandes autores aos que admiraba.
De orixe humilde,[21] Machado de Assis iniciou a súa carreira traballando en xornais e na imprenta oficial de Río de Janeiro, onde entabló contacto co coñecido escritor Joaquim Manuel de Macedo. En 1855, aos quince anos, estreouse na literatura, coa publicación do poema «Ela» na revista Marmota Fluminense. Continuou colaborando intensamente en xornais, como cronista, contista e crítico literario, alcanzando respecto como intelectual ata antes de converterse nun gran novelista. Machado conquistou a admiración e amizade do novelista José de Alencar, principal escritor da época.
Literatura
[editar | editar a fonte]En 1864 publicou o seu primeiro libro, a colección de poemas Crisálidas. En 1869 contraeu matrimonio coa portuguesa Carolina Xavier de Novaes, irmá do poeta Faustino Xavier de Novaes e catro anos maior que el. En 1873 ingresou no Ministerio de Agricultura, Comercio e Obras Públicas, como primeiro oficial. Posteriormente ascendería na carreira funcionarial e xubilaríase no cargo de director do Ministerio de Transportes e Obras Públicas.
Podendo dedicarse con maior comodidade á carreira literaria, escribiu unha serie de libros de carácter romántico. É a chamada primeira fase da súa carreira, na que destacan as seguintes obras: Ressurreição (1872),[22] A Mão e a Luva (1874), Helena (1876), e Iaiá Garcia (1878), así como as recopilaciones de contos Contos Fluminenses (1870), Histórias da Meia Noite (1873), as coleccións de poemas Crisálidas (1864), Falenas (1870), Americanas (1875), e as obras teatrais Os Deuses de Casaca (1866), O Protocolo (1863), Queda que as Mulheres têm para os Tolos (1861) e Quase Ministro (1864).
En 1881 abandonou definitivamente o romanticismo da primeira fase da súa obra e publicou Memórias póstumas de Brás Cubas, que marca o inicio do realismo no Brasil. O libro, extremadamente atrevido, está narrado por un defunto, e comeza cunha dedicatoria inusitada: «Ao verme que primeiro rille as frías carnes do meu cadáver dedico con sentido recordo estas memorias póstumas». Tanto Memorias póstumas de Brás Cubas como as demais obras da súa segunda fase van moito máis alá dos límites do realismo, malia seren normalmente clasificadas en devandito movemento. Machado, como todos os autores de xenio, escapa aos límites de todas as escolas, creando unha obra única.
Nesta segunda etapa, as características principais das súas obras son a introspección, o humor e o pesimismo en relación á esencia do home e a súa relación co mundo. Destacan os contos, recompilados en Papéis Avulsos (1882), Várias Histórias (1896), Páginas Recolhidas (1906), Relíquias da Casa Velha (1906), e o libro de poemas Ocidentais. Pero, sobre todo, as súas cinco novelas capitais, que son: Memorias póstumas de Brás Cubas (1881), Quincas Borba (1892), Don Casmurro (1900), e as dúas últimas e enlazadas, Esaú e Jacó (1904), Memorial de Aires (1908).
En 1904 faleceu Carolina Xavier de Novaes, e Machado de Assis compuxo un dos seus mellores poemas, Carolina, en homenaxe á súa esposa. Solitario e triste trala desaparición da súa muller, Machado de Assis morreu o 29 de setembro de 1908, na súa vella casa do barrio carioca de Cosme Velho.[23]
Dom Casmurro
[editar | editar a fonte]Machado de Assis estaba fascinado co tema dos celos, e moitas das súas novelas baséanse nesta intriga. Unha das máis populares, Dom Casmurro, é aínda amplamente lida nas escolas brasileiras. O volume reflicte a vida de Machado de Assis como tradutor de Shakespeare, e tamén a súa influencia desde o realismo francés, especialmente Honoré de Balzac, Gustave Flaubert e Émile Zola. Na novela, que tamén se refire a Moito ruído e poucas noces, As alegres comadres de Windsor, Hamlet, Romeo e Xulieta, e o que é máis importante, Othello.
Neste sentido, Machado de Assis mostra unha versión diferente da clásica dun adulterio: a historia nárrase a través dos ollos de Bento (Bentinho), o marido traizoado. Ao longo da historia, o personaxe narra a traizón da súa amada Capitú (Capitolina, en alusión ao emperador romano Capitolino), unha versión de Desdémona, quen, segundo el, enganouno co seu mellor amigo, de dar a luz a un fillo que só máis tarde se descubriu que non é seu. Con todo, os feitos que mostra como proba son moi febles, e podería facilmente ser interpretada como a paranoia. Podería ser todo na súa imaxinación, aínda que o narrador non considera que se trata dunha opción. É un conto cun narrador pouco fiable, polo que o lector nunca ten unha resposta directa a se Capitú o engana ou non, e o resultado é aínda un dos máis importantes na literatura brasileira, segundo os críticos.[24]
Obras
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- Ressurreição, (1872)
- A mão e a luva, (1874)
- Helena, (1876)
- Iaiá Garcia, (1878)
- Memórias Póstumas de Brás Cubas, (1881)
- Casa Velha, (1885)
- Quincas Borba, (1891)
- Dom Casmurro, (1899)
- Esaú e Jacó, (1904)
- Memorial de Aires, (1908)
Pezas de teatro
[editar | editar a fonte]- Hoje Avental, Amanhã Luva, (1860)
- Desencantos, (1861)
- O Caminho da Porta, (1863)
- O Protocolo, (1863)
- Quase Ministro, (1864)
- As Forcas Caudinas, (1865/1956)
- Os Deuses de Casaca, (1866)
- Tu, só tu, puro amor, (1880)
- Não Consultes Médico, (1896)
- Lição de Botânica, (1906)
Colectánea de poesías
[editar | editar a fonte]- Crisálidas, (1864)
- Falenas, (1870)
- Americanas, (1875)
- Ocidentais, (1880)
- Poesias Completas, (1901)
Colectánea de contos
[editar | editar a fonte]- Contos Fluminenses, (1870)
- Histórias da Meia-Noite, (1873)
- Papéis Avulsos, (1882)
- Histórias sem Data, (1884)
- Várias Histórias, (1896)
- Páginas Recolhidas, (1899)
- Relíquias da Casa Velha, (1906)
Traducións
[editar | editar a fonte]- Queda que as mulheres têm para os tolos, (1861)
Contos seleccionados
[editar | editar a fonte]- "A Cartomante"
- "Miss Dollar"
- "O Alienista" (†)
- "Teoria do Medalhão"
- "A Chinela Turca"
- "Na Arca"
- "D. Benedita"
- "O Segredo do Bonzo"
- "O Anel de Polícrates"
- "O Empréstimo"
- "A Sereníssima República"
- "O Espelho"
- "Um Capricho"
- "Brincar com Fogo"
- "Uma Visita de Alcibíades"
- "Verba Testamentária"
- "Noite de Almirante"
- "Um Homem Célebre"
- "Conto de Escola"
- "Uns Braços"
- "A Cartomante"
- "O Enfermeiro"
- "Trio em Lá Menor"
- "O Caso da Vara"
- "Missa do Galo"
- "Almas Agradecidas"
- "A Igreja do Diabo"
Obras póstumas
[editar | editar a fonte]- Critica (1910)
- Outras Relíquias, contos (1921)
- A Semana, Crônica - 3 Vol. (1914, 1937)
- Páginas Escolhidas, Contos (1921)
- Novas Relíquias, Contos (1932)
- Crônicas (1937)
- Contos Fluminenses - 2º Vol. (1937)
- Crítica Literária (1937)
- Crítica Teatral (1937)
- Histórias Românticas (1937)
- Páginas Esquecidas (1939)
- Casa Velha (1944)
- Diálogos e Reflexões de um Relojoeiro (1956)
- Crônicas de Lélio (1958)
Obras completas
[editar | editar a fonte]- 1920 – Obras Completas. Río de Xaneiro: Livraria Garnier (20 vols.)
- 1962 – Obras Completas. Río de Xaneiro: W.M. Jackson (31 vols.)
- 1997 – Obras Completas. Río de Xaneiro: Editora Globo (31 vols.)
- 2006 – Obras Completas. Río de Xaneiro: Nova Aguilar (3 vols.)
Cinema e TV
[editar | editar a fonte]Moitas das súas obras foron adaptadas para o cinema, entre elas[25]
- Capitu (1968), dir: Paulo César Seraceni. Con Othon Bastos, Raul Cortez e Isabella.
- Quincas Borba (1985), dir: Roberto Santos. Com: Helber Rangel, Fulvio Stefanini e Paulo Villaça.
- Memórias Póstumas de Brás Cubas (2001), dir: André Klotzel. Com: Reginaldo Faria, Petrônio Gontijo e Sônia Braga.
- Azyllo Muito Louco (1971), dir: Nelson Pereira dos Santos. Com: Nildo Parente, Isabel Ribeiro e Nelson Dantas.
- Missa do Galo (1982), dir: Nelson Pereira dos Santos. Com: Olney São Paulo Jr., Isabel Ribeiro e Nildo parente.
Tamén foron adaptadas para televisiónː[26]
- Capitu
- Helena
- Laiá Garcia
- Vila do Arco
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Candido, 1970, p.18.
- ↑ Fernandez, 1971, pp.255-256.
- ↑ Damata, Fernandes, Luz, 2007, p.236.
- ↑ Achcar, 2005, p.9.
- ↑ Antunes e Motta, s/d, p.281.
- ↑ Romero, 1992, p.190.
- ↑ Gledson, 1996, p.13.
- ↑ Achcar, 1999, p.IX.
- ↑ Teixeira, 2008, p.61.
- ↑ Filho, p.117.
- ↑ Moisés, 2001, p.15 e 45.
- ↑ Gledson (ed), 1990, p.11.
- ↑ Faraco e Moura, 2009, p.227.
- ↑ Terra e Nicola, 2006, p.418.
- ↑ Andrade, 2001, p.79-80.
- ↑ Andrade, 2001, p.79.
- ↑ Moisés, 1999.
- ↑ Faraco e Moura, 2009, p.230.
- ↑ Madeira, 2001, p.20; Bosi e Callado, 1982, p.70.
- ↑ Bloom, 2003, frontispício 83.
- ↑ 21,0 21,1 "Machado de Assis". Academia Brasileira de Letras (en portugués). Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Biografia de Machado de Assis". eBiografia (en portugués). Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Biografia de Machado de Assis: Vida e Morte". Brasil Escola (en portugués). Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Don Casmurro" (en castelán). 2020-04-20.
- ↑ "Machado de Assis em 5 adaptações para o cinema". Cinem(ação): Filmes, podcasts e críticas (en portugués). 2019-07-30. Consultado o 2020-04-26.
- ↑ "Categoria:Telenovelas e séries baseadas em obras de Machado de Assis" (en portugués). 2014-03-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Machado de Assis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]En español
[editar | editar a fonte]- L. Miguel Pereira, «Introducción», Memorias póstumas de Blas Cubas, México, FCE, 1976.
- V. López Lemus, «Invitación a la lectura», Quincas Borba, La Habana, Arte y literatura, 1980.
- Alfredo Bosi, «Situaciones machadianas», Cuentos, Venezuela, Ayacucho, 1978.
- Susan Sontag, «Memoria póstuma», Quimera, 100, 1990.
- Pablo del Barco, «Introducción», Don Casmurro, Cátedra, 1991
- Informe, Cuadernos Hispanoamericanos, 598, 2000
- Edwards, Jorge, Machado de Assis, Omega, 2002 ISBN 978-84-282-1258-8
- Cronología y Bibliografía, Memorial de Aires, Cuatro.ediciones, 2001.
En portugués e inglés
[editar | editar a fonte]- Bueno, Eduardo (2003). Brasil: Uma História. 1ª ed. São Paulo: Ática. (in Portuguese)
- Encilopédia Barsa (1987). Volume 10: "Judô – Mercúrio". Río de Xaneiro: Encyclopædia Britannica do Brasil. (in Portuguese)
- Daniel, G. Reginald (2012). Machado de Assis: Multiracial Identity and the Brazilian Novelist. University Park, PA: Penn State Press. [1]
- Scarano, Júlia Maria Leonor (1969). Grandes Personagens da Nossa História. São Paulo: Abril Cultural. (in Portuguese)
- Vainfas, Ronaldo (2002). Dicionário do Brasil Imperial. Río de Xaneiro: Objetiva. (in Portuguese)