Jodaí-e Nadér az Simín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Jodái-e Náder az Simin")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Jodaí-e Nadér az Simín
Ficha técnica
Título orixinalجدایی نادر از سیمین
DirectorAsghar Farhadi
ProdutorAsghar Farhadi
GuiónAsghar Farhadi
IntérpretesLeila Hatami
Peyman Moaadi
Shahab Hosseini
Babak Karimi
Sareh Bayat
Sarina Farhadi
Merila Zarei
MúsicaSattar Oraki
FotografíaMahmoud Kalari
MontaxeHayedeh Safiyari
DistribuidoraFilmiran (Irán)
Sony Pictures Classics (USA)
EstreaBerlín: 15 de febreiro de 2011
Duración123 minutos[1]
OrixeFlag of Iran.svg Irán
XéneroDrama
Orzamento$500 000[2]
Recadación$24 400 000[3]

Jodaí-e Nadér az Simín (persa: جدایی نادر از سیمین, "A separación de Nader de Simin") é un filme dramático iraniano do 2011 escrito e dirixido por Asghar Farhadi, e protagonizado por Leila Hatami, Peyman Moaadi, Shahab Hosseini, Sareh Bayat e Sarina Farhadi. Céntrase nunha parella iraniana de clase media que se separa, a desesperación da súa filla polas disputas e a separación dos seus proxenitores e os conflitos que xorden cando o marido contrata unha coidadora de clase baixa para ocuparse do seu pai, enfermo de alzhéimer.

O filme gañou o premio Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 2012, converténdose no primeiro iraniano que consegue o galardón.[4] Ademais foi candidato ao oscar ao mellor guión orixinal e recibiu o Oso de Ouro ao mellor filme e o Oso de Prata á mellor actriz e ao mellor actor na 61.ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín.[5] Gañou ademais o Globo de Ouro ao mellor filme en lingua estranxeira.

Argumento[editar | editar a fonte]

Simin quere abandonar Irán co seu home, Nader, e a súa filla, Termeh, xa que non quere que esta medre nas condicións actuais. O desexo non o comparte Nader, que está preocupado polo seu pai, que vive coa familia e sofre alzhéimer. Cando Nader decide permanecer no país, Simin pide o divorcio.

Elenco[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

A idea chegou dunha serie de experiencias persoais e imaxes abstractas que tiña Farhadi na súa mente. Unha vez decidido a realizar o filme foi escrito e financiado rapidamente. Igual que os seus tres anteriores filmes foi producido sen ningún apoio gobernamental. O financiamento chegou sen problema debido ao éxito de About Elly.[6] A produción recibiu ademais 25 000 dólares do APSA Academy Film Fund da Motion Picture Association.[7]

En setembro de 2010, o ministerio de Cultura iraniano prohibiulle a Farhadi a realización do filme debido a un discurso que fixo nunha cerimonia de entrega de premios e no que expresou o seu apoio a varios cineastas do país. En particular, desexou a volta do cineasta exiliado Mohsen Makhmalbaf e do cineasta e político encarcerado Jafar Panahi. A prohibición levantouse a principios de outubro despois de que Farhadi indicase que fora mal entendido e de que se disculpase polos seus comentarios.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. British Board of Film Classification, ed. (3 de maio de 2011). "Nader and Simin, A Separation (PG)". Consultado o 25 de marzo de 2012. 
  2. Internet Movie Database, ed. (25 de marzo de 2012). "A Separation (2011) - Box office / business". Consultado o 27 de marzo de 2012. 
  3. The Numbers (ed.). "A Separation". Nash Information Services, LLC. Consultado o 30 de xuño de 2016. 
  4. "Iran wins first Oscar with "A Separation"". Reuters. 27 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de abril de 2014. 
  5. "Iranian Film Takes Top Prize at Berlinale". 19 de febreiro de 2011. Consultado o 20 de febreiro de 2011. 
  6. Wiseman, Andreas (18 de febreiro de 2011). "One on One: Asghar Farhadi". Screen Daily. Consultado o 19 de febreiro de 2011. 
  7. Staff writer (4 de febreiro de 2011). "Berlin debut for MPA & APSA supported Iranian film". Business of Cinema. Join The Dots Media. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2011. Consultado o 17 de febreiro de 2011. 
  8. Yong, William (4 de outubro de 2010). "Iran Lifts Ban on Director, Saying He Issued an Apology". The New York Times. Consultado o 17 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]