Saltar ao contido

Doce homes sen piedade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Doce homes sen piedade
 Título
    12 Angry Men (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Caracterizado por
 Cor
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Tema principal
 Ambientado en
 Época ambientación
 Lingua orixinal
Implicados
 Autor/a
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
19 de agosto de 1957 (Xohanesburgo)
29 de xullo de 1957 (Suecia)
18 de abril de 1957 (Reino Unido)
4 de setembro de 1957 (Francia, Italia)
10 de abril de 1957 (Estados Unidos)
13 de abril de 1957 (Canadá)
10 de outubro de 1958 (Brasil)
14 de agosto de 1957 (Alemaña)
21 de xuño de 1957 (7ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín)
agosto de 1957 (18th Venice International Film Festival (en) Traducir)
xullo de 1957 (10th Locarno Film Festival (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Cifras e dimensións
 Formato imaxe
   1.85:1 Editar o valor en Wikidata
 Custo
   340.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   95 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
VIAF316751615 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-DF54-0000-V-0000-0000-I Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0m_tj Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
9.0/10 Internet Movie Database (16 de febreiro de 2026)
4.6/5 Letterboxd (16 de febreiro de 2026)
100% Rotten Tomatoes (15 de xaneiro de 2026)
97/100 Metacritic (15 de xaneiro de 2026)
9.1/10 Rotten Tomatoes (6 de setembro de 2021)
9.0/10 Internet Movie Database (16 de marzo de 2021)
4/4 Roger Ebert Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0050083 Filmaffinity: 695552 Allocine: 4063 Rottentomatoes: m/1000013_12_angry_men Mojo: 12angrymen Allmovie: am145 TCM: 94081 Metacritic: movie/12-angry-men TV.com: movies/12-angry-men
Instagram: mgmstudios BNE: XX4422928 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Doce homes sen piedade (en inglés: 12 Angry Men) é un filme estadounidense de 1957 dirixido por Sidney Lumet. Adaptado da obra homónima de Reginald Rose,[1][2] é un drama legal que conta a historia dun xurado de doce homes que deliberan sobre a sentenza na base da dúbida razoable, forzando os membros do xurado a cuestionarse sobre a súa propia moral e valores.

En 2007, o filme foi escollido para a súa preservación polo National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[3] O filme foi escollido como o segundo mellor drama legal segundo o American Film Institute na súa lista AFI's 10 Top[4] e é o drama legal con maior valoración en Rotten Tomatoes' Top 100 Movies of All Time.[5]

Estreouse en galego o 23 de decembro de 1995 a través da TVG.[6]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Trailer do filme.
Membros do xurado:
Sen acreditar
  • Rudy Bond como o xuíz
  • Tom Gorman como o taquígrafo
  • James Kelly como o alguacil
  • Billy Nelson como o secretario da corte
  • John Savoca como o acusado
  • Walter Stocker como o Home agardando polo ascensor

Tivo tres candidaturas aos Óscar nas categorías de mellor director, mellor filme e guión adaptado na cerimonia de 1958, onde A ponte sobre o río Kwai levou devanditos premios.[7]

  • Premio Oso de Ouro e Premio OCIC 1957 (Sidney Lumet).[8]
  • Premio BAFTA 1958 ao mellor actor estranxeiro (Henry Fonda).[9]
  • Premio WGA 1958 ao Drama estadounidense mellor escrito (Reginald Rose).
  • Premio Mención especial 1957 Festival Internacional de Cine de Locarno (Sidney Lumet).
  • Premio Kinema Junpo 1960 á Mellor película estranxeira (Sidney Lumet).
  • Premio Edgar Allan Poe 1958 á Mellor película (Reginald Rose).
  • Premio Nastro d'Argento 1958 ao Mellor director de película estranxeira (Sidney Lumet).
  • Premio Blue Ribbon 1960 á Mellor película estranxeira (Sidney Lumet).
  • Premio Bodil 1960 á Mellor película estadounidense e ao Mellor director (Sidney Lumet).
  • Premio Jussi 1958 ao Mellor actor estranxeiro (Henry Fonda).

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

A película é recoñecida polo American Filme Institute nestas listas:

  • 2001: AFI's 100 anos... 100 películas de suspense – #88[10]
  • 2003: AFI's 100 anos... 100 heroes e viláns:[11]
    • Xurado N. 8 – Heroe #28
  • 2006: AFI's 100 anos... 100 inspiracións – #42[12]
  • 2006: AFI's 100 anos... 100 películas (edición 10.º aniversario) – #87[13]
  • 2006: AFI's 10 Top 10 "Películas xurídicas" – #22[14]

Comentarios

[editar | editar a fonte]

O autor baséase nunhas testemuñas durante un proceso de deliberación, convocados a fin de tomar unha sabia decisión sobre o caso. Un punto importante que hai que subliñar é a dificultade que mostran para poder deliberar correctamente, debido ás distintas limitacións e prexuízos, algúns psicolóxicos, outros educativos, outros de orde lóxica, etc. O xulgar en Dereito está suposto a ser lóxico, pero ten que ser argumentado para ser veraz nos feitos. Neste caso, o xurado identificado có número 8 pon todo en dúbida e logra entre os demais xurados escépticos dubidar sobre a inocencia do mozo.

Ao xulgar a alguén ten que presumirse a súa inocencia. Toda dedución debe ser comprobada como veraz para evitar que un inocente sexa condenado ou un culpable exonerado da súa culpa.

Algo notable que ocorre é por que estes doce homes están tan "enfadados" (Twelve Angry Men). A resposta radica en que están angustiados. A angustia é a reacción xeral fronte á agresión psicolóxica. En xeral, consideramos que todo aquel que argumenta en contra da nosa opinión está a agredirnos. A película leva a reflexionar se a toma de decisións é un proceso racional ou irracional. Cabe destacar que a actitude dun xurado ante a implicación en calquera caso debería ser o máis racional e obxectiva posible. Na película isto vese reflectido en certas persoas, como no caso do xurado número 8. Como exemplos de abordaxes irracionais están o xurados número 3 e número 7.[15]

  1. ↑ Variety film review; 27 de febreiro de 1957, p. 6.
  2. ↑ Harrison's Reports film review; 2 de marzo de 1957, páxina 35.
  3. ↑ National Film Registry (National Film Preservation Board, Library of Congress), ed. (12 de setembro de 2011). "National Film Registry". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2012. Consultado o 28 de novembro de 2011.
  4. ↑ American Film Institute, ed. (17 de xuño de 2007). "AFI's 10 Top 10 Courtroom Drama". Consultado o 29 de novembro de 2014.
  5. ↑ Rotten Tomatoes (ed.). "Top 100 Movies of All Time". Consultado o 29 de novembro de 2014.
  6. ↑ La Voz de Galicia, 23 de decembro de 1995. Páx. 83
  7. ↑ oscars.org. "The 30th Academy Awards (1958) Nominees and Winners".
  8. ↑ "Prize & Honours 1957". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2019. Consultado o 15 de marzo de 2019.
  9. ↑ "Film in 1958".
  10. ↑ "AFI's 100 Years... 100 Thrills". American Film Institute.
  11. ↑ "AFI's 100 Years... 100 Heroes and Villains". American Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 15 de marzo de 2019.
  12. ↑ "AFI's 100 Years...100 Cheers" (PDF). American Film Institute. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de decembro de 2007. Consultado o 15 de marzo de 2019.
  13. ↑ "AFI's 100 Years...100 Movies (10th Anniversary Edition)" (PDF). American Film Institute.
  14. ↑ "AFI's 10 Top 10 Courtroom Drama". American Film Institute.
  15. ↑ "Doce hombres sin piedad (12 angry men)". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2011. Consultado o 15 de marzo de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Making Movies, por Sidney Lumet. (c) 1995, ISBN 978-0-679-75660-6
  • Ellsworth, Phoebe C. (2003). "One Inspiring Jury [Review of 'Twelve Angry Men']". Michigan Law Review 101 (6): 1387–1407. JSTOR 3595316. 
  • The New York Times, abril 15, 1957, "12 Angry Men", review by A. H. Weiler
  • Readings on Twelve Angry Men, by Russ Munyan, Greenhaven Press, 2000, ISBN 978-0-7377-0313-9
  • Chandler, David. "The Transmission model of communication" Communication as Perspective Theory. Sage publications. Ohio University, 2005.
  • Lanham, Richard. Introduction: The Domain of Style analyzing prose. (Nova York, NY: Continuum, 2003)