Festival Internacional de Cinema de Berlín
Aparencia
Coord.: 52°31′N 13°23′L / 52.52, 13.38
| Festival Internacional de Cinema de Berlín | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Fundación
| |||||||
|
Mes do ano
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
|
Páxina WEB
| |||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons |
O Festival Internacional de Cinema de Berlín, tamén coñecido como Berlinale, é un prestixioso festival de cinema de carácter internacional que se celebra na cidade de Berlín, en Alemaña. A figura do premio consiste nun oso, sendo o forxado en ouro o que posúe maior valor. O Oso de Ouro e os Osos de Prata á mellor dirección e á mellor interpretación, tanto masculina como feminina, son entregados durante o mes de febreiro no Berlinale Palast. Tamén se concede o Oso de Ouro Honorífico, por toda unha vida de director, actor ou actriz.
