In the Name of the Father
In the Name of the Father | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | In the Name of the Father |
Director | Jim Sheridan |
Produtor | Jim Sheridan Gabriel Byrne Terry George Arthur Lappin |
Guión | Terry George Jim Sheridan |
Baseado en | Proved Innocent de Gerry Conlon |
Intérpretes | Daniel Day-Lewis Pete Postlethwaite Emma Thompson |
Música | Trevor Jones |
Fotografía | Peter Biziou |
Montaxe | Gerry Hambling |
Estudio | Hell's Kitchen Films |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 1993 |
Duración | 133 minutos |
Orixe | Irlanda Reino Unido |
Xénero | Drama |
Orzamento | $13 000 000[1] |
Recadación | $65 796 862[2] |
Na rede | |
In the Name of the Father é un filme irlandés, dirixido por Jim Sheridan. O filme baséase na historia real de catro cidadáns falsamente acusados e apreixados polo atentado do IRA nun pub de Guilford, no que morreron catro soldados británicos e un civil. O guión foi adaptado da autobiografía Proved Innocent: The Story of Gerry Conlon of the Guildford Four, de Gerry Conlon.
Sinopse
[editar | editar a fonte]No Belfast dos anos 70, Gerry (Daniel Day-Lewis) é un moinante que non fai nada de proveito, para desgusto do seu pai Giuseppe (Pete Postlethwaite), un home tranquilo e apoucado. Cando Gerry é ameazado polo IRA por roubar en numerosas ocasións, o seu pai mándao a Inglaterra. Unha vez alí, é acusado de participar nun atentado terrorista e condenado a cadea perpetua xunto cos "catro de Guildford". Tamén o seu pai é arrestado e encarcerado. En prisión, Gerry descobre que a aparente fraxilidade do seu pai agocha en realidade unha gran forza interior. Coa axuda dunha avogada entregada á súa causa (Emma Thompson), Gerry proponse demostrar a súa inocencia, limpar o nome do seu pai e facer pública a verdade sobre un dos máis escandalosos erros legais da historia recente do Reino Unido.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Daniel Day-Lewis como Gerry Conlon
- Pete Postlethwaite como Giuseppe Conlon
- John Lynch como Paul Hill
- Mark Sheppard como Paddy Armstrong
- Beatie Edney como Carole Richardson
- Emma Thompson como Gareth Peirce
- Don Baker como Joe McAndrew
- Corin Redgrave como Inspector Robert Dixon
- Gerard McSorley como Detective Pavis
- Frank Harper como Ronnie Smalls
- Jamie Harris como Deptford Jim
- Tom Wilkinson como Grant Richardson
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1993: 7 nomeamentos ós Oscar, incluíndo mellor actor (Daniel Day-Lewis), mellor actor secundario (Pete Postlethwaite), mellor actriz secundaria (Emma Thompson), mellor director, mellor montaxe, mellor película e mellor guión adaptado.
- 1993: 4 nomeamentos ó Globo de Ouro: Filme drama, bso, actor drama e actriz secundaria.
- 1993: 2 nomeamentos ós BAFTA: Mellor actor (Daniel Day-Lewis) e guión adaptado.
- 1993: Premios David di Donatello: Mellor filme estranxeiro. 2 nomeamentos.
- 1994: Oso de ouro no Festival internacional de cinema de Berlín en 1994.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "In the Name of the Father at Box Office Mojo". Consultado o 29 de setembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Filmes de 1993
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes de Irlanda
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dirixidos por Jim Sheridan
- Filmes con banda sonora de Trevor Jones
- Filmes de Universal Pictures
- Filmes sobre o IRA
- Filmes ambientados en Belfast
- Filmes ambientados en Irlanda do Norte
- Filmes baseados en feitos reais
- Filmes gañadores do Oso de Ouro