Jang-e jahāni-e sevvom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jang-e jahāni-e sevvom
Ficha técnica
Título orixinal‎جنگ جهانی سوم
DirectorHouman Seyyedi
ProdutorHouman Seyyedi
GuiónHouman Seyyedi
Arian Vazirdaftari
Azad Jafarian
IntérpretesMohsen Tanabandeh
Mahsa Hejazi
Neda Jebraeili
Navid Nosrati
MúsicaBamdad Afshar
FotografíaPeyman Shadmanfar
MontaxeHouman Seyyedi
EstudioNamava
DistribuidoraIranian Independents
Shayesteh Film
Duración107 minutos
Orixe Irán
XéneroSuspense e drama
Na rede
IMDB: tt21378744 Rottentomatoes: m/world_war_iii_2022 Editar o valor em Wikidata

Jang-e jahāni-e sevvom (en persa: جنگ جهانی سوم) é un filme iraniano de 2022 coescrito, dirixido, producido e editado por Houman Seyyedi. Está protagonizado por Mohsen Tanabandeh, Mahsa Hejazi, Neda Jebraeili e Navid Nosrati. Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Shakib (Mohsen Tanabandeh) é un xornaleiro sen fogar que perdeu a súa muller e o seu fillo nun terremoto hai anos. Durante os últimos dous anos, mantivo unha relación con Ladan (Mahsa Hejazi), unha muller xorda e muda. A obra na que traballa resulta ser o escenario dun filme sobre as atrocidades cometidas por Hitler durante a segunda guerra mundial. Contra todo prognóstico, danlle unha casa e unha oportunidade para toda a vida. Cando Ladan se entera do seu papel no cinema e da casa, ela chega ao seu lugar de traballo para pedir axuda e un lugar. O plan de Shakib para ocultala fracasa e ameaza con destruír a súa oportunidade de ser alguén.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grober, Matt (19 de setembro de 2022). "'World War III': Houman Seyyedi's Venice Prize Winner Named As Iran's International Feature Oscar Entry". Deadline.com. Consultado o 19 de setembro de 2022. 
  2. Ravindran, Nick Vivarelli,Manori; Vivarelli, Nick; Ravindran, Manori (2022-07-26). "Darren Aronofsky, Laura Poitras, Olivia Wilde, Alejandro G. Iñárritu, Florian Zeller Take New Movies to Venice – Full Lineup". Variety (en inglés). Consultado o 2022-09-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]