Cincenta é unha fermosa moza que, despois da morte do seu pai é forzada a facer de serva da súa madrasta e das súas fillas que a explotan, mentres elas desbalden a fortuna do seu falecido pai. Un día, chega un convite para unha gran festa que ía ofrecer o príncipe, e Cincenta ve unha oportunidade para se poder sentir como as outras rapazas da súa idade. Coa máxica axuda da súa fada madriña consegue ir ao baile e cae namorada do príncipe, mais ás doce da medianoite vese na obriga de volver a casa deixando o príncipe. Este que tamén se namorou da bélida Cincenta realiza unha pescuda para a atopar grazas ao zapatiño de cristal que deixou esquecido na súa pronta fuxida, indo por todo o reino probándollo ás raparigas casadeiras. Após descubrir que o zapatiño pertencía a Cincenta, xa que ás outras mozas non lles serviu, ambos os dous casan e rematan felices para sempre.