Saltar ao contido

A viaxe de Chihiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A viaxe de Chihiro
Joe Hisaishi Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Título
千と千尋の神隠し
Spirited Away
Унесённые призраками Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Temática
 Ambientado en
 Época ambientación
 Personaxes
Publicación
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Compañía produtora
 Recadación
355.725.195 $
13.750.644 $
31.680.000.000 ¥ Editar o valor en Wikidata
 Custo
2.000.000.000 ¥ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
 Parte da serie
Datas
 Data de publicación
20 de xullo de 2001 (Xapón)
28 de novembro de 2024 (Hungría)
20 de setembro de 2002 (Estados Unidos de América)
19 de xuño de 2003 (Alemaña)
20 de xullo de 2001
4 de abril de 2001 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
Dimensión
Duración125 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Nomeamentos
 Puntuación da crítica
96% Rotten Tomatoes (15 de xaneiro de 2026)
96/100 Metacritic (15 de xaneiro de 2026)
4.433/5 Anime-Planet (30 de decembro de 2023)
8.6/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF316752071 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0j6b5 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0245429 Filmaffinity: 759533 Allocine: 37485 Rottentomatoes: m/spirited_away Mojo: spiritedaway Allmovie: v254034 TCM: 437090 Metacritic: movie/spirited-away TV.com: movies/spirited-away Netlix: 60023642 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A viaxe de Chihiro[1] (título orixinal en xaponés: 千と千尋の神隠し; Sen to Chihiro no kamikakushi) é un filme de animación xaponés escrito e dirixido por Hayao Miyazaki no 2001 e producido por Studio Ghibli. O filme conta a historia de Chihiro Ogino, unha cativa de dez anos que está a mudar de fogar cos seus pais, e que accidentalmente quedan presos nun misterioso mundo de espíritos e deuses.

Chihiro é unha nena de aproximadamente dez anos, perturbada polo cambio de residencia que está obrigada a facer cos seus pais. Cando estes, chamados Akio e Jou, din que teñen que cambiar de casa, Chihiro non pode ocultar agochar os seus sentimentos negativos. No camiño para a súa nova casa, a familia vai no coche por unha estrada abandonada e de súpeto atópanse cunha rúa sen saída. Alí descobren un enorme edificio vermello cun túnel escuro que semella unha boca xigantesca. O túnel leva a unha cidade pantasma onde hai un fantástico banquete.

Akio e Jou non dubidan en probalos alimentos dicíndolle á súa filla que aínda que non hai ninguén para atendelos teñen cartos abondo para pagar. Chihiro mira ós seus pais sen unirse a eles, e eles engulindo prato tras prato ata que sen decatarse, son transformados en porcos. Sen querer entraron nun mundo habitado por deuses antigos e seres máxicos, gobernado pola, malvada Yubaba, unha meiga que rexenta un casa de baños para milleiros de deuses e espíritos. Yubaba dille a Chihiro que os seus pais foron transformados en animais por comportarse coma eles, e a súa intención é matalos para servir de alimento, este é o castigo por comer un banquete que estaba reservado para os deuses.

Afortunadamente, Chihiro atopa un amigo na forma do enigmático Haku. Haku vive na casa de baño con Yubaba. El é un neno (aparentemente) que a axuda a sobrevivir no mundo espiritual, por razóns que son reveladas ó final do filme.

Temática

[editar | editar a fonte]

A temática principal é a viaxe liminal que realiza a personaxe protagonista cara ao reino dos espíritos, onde fica alonxada de todo o que coñece. O tránsito de Chihiro neste mundo alternativo, que pode ser comparado co de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll, representa o seu paso da infancia á madurez.[2] A entrada arquetípica no outro mundo delimita a condición de Chihiro como alguén que se atopa entre esas dúas etapas. A personaxe tamén se mantén fóra dos límites da sociedade na contorna sobrenatural. O uso da palabra «kamikakushi» (神隠し? lit. «Oculto polos deuses») no título xaponés da pelícua e o seu respectivo folclore reforzan esta pasaxe. «Kamikakushi é un veredito de "morte social" neste mundo e regresar a este mundo tras o kamikakushi significa a "resurrección social"'».​ Pola súa banda, a personaxe de Yubaba comparte certas semellanzas co cocheiro das Aventuras de Pinocchio porque transforma os humanos en porcos do mesmo xeito que os cativos do país do xoguete se transformaban en asnos. Ao conseguir emprego na casa de baños termais, Yubaba rouba o verdadeiro nome de Chihiro, o que simbolicamente significaría a morte da rapaza, e que debe asumir entón a entrada na vida adulta. Chihiro experimenta un rito de pasaxe segundo o formato do monomito. No seu intento de recuperar a continuidade co pasado, Chihiro debe forxar unha nova identidade.

A música d'A viaxe de Chihiro foi composta e dirixida por Joe Hisaishi —colaborador habitual de Miyazaki—, e interpretada pola New Japan Philharmonic.​​[3][4] A banda sonora recibiu un premio á mellor música na 56.ª edición do Premio Mainichi Film Competition, así como o do Toquio Anime á mellor música de película na Feira Internacional de Anime de Toquio de 2001, e na 17.ª entrega do Disco de Ouro do Xapón na categoría de álbum de animación do ano. Hisaishi púxolle a letra a «Ano natsu e» (あの夏へ «Un día de verán») —un dos temas da banda sonora—, e intitulou esta nova versión «Inochi no Namae» (いのちの名前 lit. «O nome da vida»), a cal foi interpretada por Ayaka Hirahara.

O tema de peche, «Itsumo nando demo» (いつも何度でも «Sempre comigo»), foi escrito e interpretado por Yumi Kimura;​​ a letra foi escrita por Wakako Kaku, un amigo de Kimura. Nun principio planificárase que esta canción se integrase noutra obra de Miyazaki, Entotsu-kaki no Rin (煙突描きのリン?). Finalmente o proxecto foi desestimado e o autor decidiu incluíla n'A viaxje de Chihiro, xa que trataba sobre a mesma idea. A cantante ucraína Nataliya Gudziy interpretou unha versión na televisión nacional xaponesa o 6 de agosto de 2008, data do aniversario do bombardeo atómico sobre Hiroshima. Gudziy, quen experimentara o accidente nuclear de Chernóbil, comentou a súa vivencia e emitiu unha mensaxe antinuclear durante o concerto. Esta interpretación da canción tamén se asociou ao posterior terremoto do Xapón de 2011.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  1. "A viaxe de Chihiro". NUMAX. 
  2. Satoshi, Ando (2008). "Regaining Continuity with the Past: Spirited Away and Alice's Adventures in Wonderland" (PDF). Bookbird: A Journal of International Children's Literature (Project MUSE) 46 (1): 23–29. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2009. 
  3. "Joe Hisaishi" (en inglés). Anime News Network. Consultado o 7 de maio de 2006. 
  4. "Miyazaki's Spirited Away" (en inglés). Milan Records. 10 de setembro de 2002. Consultado o 15 de decembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]