Conversa:Instituto da Lingua Galega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non me consta que o profesor Manuel González González fora director do ILG (sí, secretario durante varios anos). Porén, si que me consta que o foi, por 14 anos, o profesor Antón Santamarina. Cumpriría que un wikipedista pertencente ao ILG, ou vinculado con el, mellorase un pouco o artigo, que me parece pobre. --Xoio (fálame) 19:44, 28 de abril de 2011 (UTC)

Competencias oficiais para a elaboración da norma[editar a fonte]

Eliminei que o ILG ten competencias oficiais, canda a RAG, para establecer as normas oficiais da lingua galega. Non é certo, elaborou conxuntamente coa RAG as primeiras normas, aprobadas por Decreto 173/1982, de 17 de novembro da Xunta de Galicia. Pero dende a Lei de normalización lingüística o único criterio de autoridade é o da RAG.--HacheDous=0 (conversa) 1 de xuño de 2018 ás 14:46 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Instituto da Lingua Galega. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 20 de decembro de 2019 ás 02:35 (UTC)[responder]