A lingua caló[1][2] é unha lingua variante do romaní, onde se encadra dentro do grupo setentrional, subgrupo ibérico/occidental, utilizada polo pobo xitano, fundamentalmente en España, que non ten unha distribución territorial fixa. Fálao unha poboación estimada de entre 65 000 e 170 000 persoas en España, Francia, Portugal e o Brasil; aínda que tamén se fala en moitos outros países. Posúe unha marcada influencia das linguas romances coas que convive, fundamentalmente do castelán e, en moita menor medida, do éuscaro, que non é lingua romance. Ten varios dialectos: caló español, caló catalán, caló occitano (extinto), caló vasco ou erromintxela, caló portugués, caló angolano e caló brasileiro.
Orixinouse pola substitución lingüística da lingua orixinal xitana, o romaní, polas linguas romances da súa contorna, fundamentalmente o castelán. As linguas dominantes da súa contorna considerárono como unha xerga de ocultación da comunidade étnica. As medidas de protección son escasas e non está considerada lingua minoritaria polos Estados onde se fala (noutros Estados si consideran o romaní lingua minoritaria a protexer).
↑"Caló". Digalego.xunta.gal. Consultado o 9 de agosto de 2019.
↑España declara que, aos efectos previstos nos citados artigos, enténdense por linguas rexionais ou minoritarias, as linguas recoñecidas como oficiais nos Estatutos de Autonomía das Comunidades Autónomas do País Vasco, Cataluña, Illes Balears, Galicia, Valenciana e Navarra.
Así mesmo, España declara, aos mesmos efectos, que tamén se entenden por linguas rexionais ou minoritarias as que os Estatutos de Autonomía protexen e amparan nos territorios onde tradicionalmente fálanse.