Lingua mozárabe
| Lingua mozárabe | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
| Propiedades | |||||||
| Clasificación lingüística | |||||||
| Xeografía | |||||||
|
País
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
A lingua mozárabe (do árabe musta`rab مستعرب que quere dicir "arabizado") é unha lingua extinta da Península Ibérica. O mozárabe era a evolución do latín falado nas zonas da Península Ibérica que ao mesmo tempo que os diversos romances peninsulares se separaban para dar lugar ao castelán, catalán e galego-portugués, e demais, na zona baixo dominio musulmán apareceu un conxunto de falas non moi coñecidas. Non había unidade entre eles e a diferenza doutras linguas románicas escribíase con alfabeto árabe. Coñecémolos polas "kharxas" e as "muaxahas" dos poetas andalusís que usaban retrousos mozárabes e os desenvolvementos en árabe.
O mozárabe era un romance moi conservador, pois mantiña moitas características do latín vulgar que se perderon no resto das linguas peninsulares:
- Conservación de pl-, fl- e cl- iniciais.
- Conservación de oclusivas xordas intervocálicas p, t e k.
Mostra de mozárabe do século XI
[editar | editar a fonte]| Latín: | Mozárabe: | Galego: | Portugués: | Castelán: | Catalán: |
|
O domine mi Ibrahim, |
Mio sîdî ïbrâhîm |
Meu señor Ibrahim, |
Meu senhor Ibrâhim, |
Mi señor Ibrahim, |
El meu senyor Ibrahim, |
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |