Lingua lorenesa
| Lingua lorenesa | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
| Propiedades | |||||||||
|
Alfabeto
| |||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||
|
Xénero gramatical
| |||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||
| Xeografía | |||||||||
|
País
| |||||||||
|
Orixinario de
| |||||||||
| Identificadores | |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
A lingua lorenesa ou lorenés[1] (lorrain) é unha lingua románica pertencente ao grupo das linguas de oïl falada maioritariamente na rexión da Lorena (Francia). O estado francés non a recoñece, como moitas outras linguas. O lorenés está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]
Localización
[editar | editar a fonte]Fálase maioritariamente na rexión da Lorena (Francia), que fai fronteira con Alsacia polo oeste. A fronteira lingüística entre o lorenés e o alsaciano segue a delimitación entre as dúas rexións até a altura de Lutzelhouse, onde o lorenés se interna en territorio alsaciano, de xeito que tamén se fala en diversas zonas dos altos vales dos Vosgos e en Courtavon, ao extremo sur do país. Tamén son de fala lorenesa o val do Bruche, dende Lutzelhouse, o val do Giessen e a zona de Liepvre (variedade vosguesa). Na localidade de Sainte-Marie-aux-Mines, entre hai unha situación de bilingüismo co alsaciano. O número de parlantes do lorenés en Alsacia é duns poucos milleiros. O lorenés tamén se fala en determinadas zonas de Bélxica, especialmente na rexión do Gaume.
Normativización
[editar | editar a fonte]Non conta con ningunha normativa aceptada en xeral.
Status legal
[editar | editar a fonte]O lorenés non ten ningún tipo de status oficial nin na alsacia nin na Lorena, mais Bélxica ten recoñecido recentemente ao idioma como lingua rexional de Valonia na súa variedade gaumais, que tamén se fala en comarcas dos departamentos franceses de Mosa e Ardenas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lorenés.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
