A lingua francoprovenzal[1] ou arpitano (arpitan ou patouès) é unha lingua románica que se fala nalgunhas partes de Francia, Italia e Suíza. A súa zona de distribución autóctona é coñecida como Arpitania. Ethnologue estima que o seu número de falantes rolda os 77.000. Non ten status oficial en ningún país, máis é lingua protexida en Italia, especialmente no Val de Aosta. O francoprovenzal está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]