Saltar ao contido

Lingua galó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua galó
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Alfabeto
Propiedades
 Número de falantes
132000 Editar o valor en Wikidata
 Alfabeto
 Tipoloxía lingüística
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo severo
Clasificación lingüística
Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/033bw8 Editar o valor en Wikidata
IETFfr-gallo Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

A lingua galó é unha lingua romance (polo tanto, derivada do latín) pertencente ao grupo galorrománico, subgrupo de oïl. Algúns lingüistas tamén a denominan britorromance. Xunto co bretón, da familia das linguas celtas, o galó é unha das dúas linguas propias da Bretaña.

O galó fálase tradicionalmente na parte oriental da Bretaña (nos seus límites históricos), así como en boa parte do departamento de Mayenne e no noroeste do de Maine-et-Loire (Alto Anjou). O galó está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[1]

Dentro do dominio de oïl, o galó encádrase tipolóxica e xeograficamente na súa área occidental e, polo tanto, comparte numerosas características co normando e o pictevino-santonxés.

Comparativa léxica

[editar | editar a fonte]
Sinal en galó no metro de Rennes
Galego Bretón Galó Francés
abella gwenanenn avètt abeille
cadeira kador chaérr chaise
queixo formaj fórmaij fromage
saída er maez desort sortie
caer kouezhañ cheir tomber
cabra gavr biq chèvre
casa ti ostèu maison
beizo gweuz lip lèvre
boca genou góll bouche (gueule)
número niver limerot numéro
pera perenn peirr poire
escola skol escoll école
esquío kazh-koad chat-de-boéz écureuil
estrela steredenn esteill étoile
horario taolenn an eurioù oryaer horaire
fumar mougañ betunae fumer
hoxe hiziv anoet aujourd'hui
asubiar/chifrar c'hwibanañ sublae siffler
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]