Saltar ao contido

Lingua meglenorromanesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua meglenorromanesa
 Instancia de
 Subclase de
Propiedades
 Número de falantes
5000 Editar o valor en Wikidata
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo severo
Clasificación lingüística
Localización
Identificadores
Freebase/m/06zyfy Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2sen valor Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3ruq Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5ruq Editar o valor en Wikidata
IETFruq Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O meglenorromanés[1] é unha lingua romance integrante do conxunto das linguas romances orientais, emparentado co romanés que se fala nalgunhas poboacións do norte de Grecia e o sur de Macedonia do Norte. O meglenorromanés está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]

Os falantes deste idioma denomínanlle vlaheshte (valaco), mentres que en romanés, do cal moitas veces é considerado un dialecto, chámaselle limba meglenoromână. O megleno-romanés é falado en 2006 por tan só entre cinco mil e doce mil persoas, principalmente no val do río Meglená, poucos quilómetros ao nordés de Salónica, nas prefecturas gregas de Kilkís e Serres e en menor número en Macedonia do Norte inmediatos á fronteira grega próxima ao Meglená. Ao concluír a primeira guerra mundial uns 1.200 megleno-romaneses emigraron cara Romanía estabelecéndose no poboado de Cerna, distrito de Tulcea mais, dadas as afinidades lingüísticas, o idioma megleno-romanés diluíuse ante o idioma dacorrumano.

É moi probable que o megleno-romanés derive do arromanés, por outra banda, dadas as moitas afinidades co istro-romanés algúns lingüistas consideran que o megleno-romanés é transnacional entre o arromanés e o istro-romanés.

  1. Definición de meglenorromanés, -esa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.